Asamblea multitudinaria no Teatro Principal de Pontevedra

Prezados compañeir@s,
Por mor da creación de cinco escolas de gaita por parte da Deputación de Pontevedra en convenio coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o colectivo de escolas, grupos, asociacións e músicos tradicionais de Pontevedra convoca una Asamblea multitudinaria e rolda de prensa no Teatro Principal de Pontevedra para expor o noso punto de vista sobre este triste e inesperado asunto.

Pregamos que corrades a voz e que esteades con nós o vindeiro sábado, 23 de abril ás 11 da mañán, para apoiar o acto de protesta por este inxusto convenio que volve a primar ás bandas de corte escocés en detrimento da cultura musical tradicional galega.

Contamos con vos.

Teatro Principal de Pontevedra (detrás do concello) ás 11.00 horas do sábado 23 de abril de 2005.

Unha aperta,
Iván Area

TEMOS QUE IR TODOS/AS… (xan)

NOVA GALEGA DE DANZA en Ourense

A compañía Nova Galega de Danza representará o seu espectáculo ‘Alento’ o vindeiro 29 de abril ás 20:30 no teatro Principal de Ourense.

Se ainda non o viches, estaste perdendo algo importante, e se xa o viches, sabes que paga a pena velo de novo.

… e, en breve, terás o CD coa música do directo.
Visita a web do espectáculo: nova galega de danza :: alento

Mondopétriz

Hola!
Enviamos esta modificación dunha das datas dos próximos concertos.
Actuación no Clavicémbalo (Lugo) xoves 28 de abril

UN SAUDO,
Perdoade as molestias

Serán en Redondela

O videiro 21 de Maio a partires das 21:30 horas celebrarase na Alameda de Redondela un serán onde tódolos músicos da comarcas están convidados.

Este acto está organizado pola Concellería de Cultura e colaboran a Asociación Cultural Santa María do Viso e Asubíos de Portocedeira.

FESTA RACHADA¡¡

Seráns

Serán de Chapela

O sábado 16 de Abril celebrarase o serán de Chapela, no Concello de Redondela. A hora de comezo do serán estará entorno as 21 horas.

E logo que raio é un serán???
Pois serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior…) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

“A ruadiña vai boa, a ruada boa vai,
a ruadiña vai boa, a conta de quen a fai.”
Continue reading Seráns

O Tear de Llerena pandeiretando gracias a Jennifer

O grupo de pandereteiros pontevedreses O Tear de Llerena presenta a súa primeira maqueta en Asturies, titulada “…a Jennifer”.

Logo do grande éxito que resultou a presentación desta súa primeira gravación na Casa do Coto (Tomeza, Pontevedra) o pasado 1 de Abril, agora estes catro mozos han levar as súas pandeiretadas ao “Iº Alcuentru de pandereta tradicional d’Asturies ya Galicia”, que se celebrará este mesmo sábado 9 de Abril na “Casa Sabil”, no pequeno concello central de Santu Adrianu. Compartirán protagonismo coas uvieínas “Pandereteres d’escarpinos”, mulleres que traballan dun xeito parello ao que o fai O Tear de Llerena, recollendo a música que aínda queda viva nas aldeas das nosas respectivas terras e tentando que siga viva nas súas actuacións, que non pretenden ser máis ca unha festa na que as pandeiretas, pandeiros, cunchas, latóns… e por suposto as voces sexan as protagonistas musicais.
Continue reading O Tear de Llerena pandeiretando gracias a Jennifer

Foro Social Ibérico por la Educación

Compañeras y compañeros

Os adjunto la convocatoria del Foro Social Ibérico por la Educación.
Esperamos que acudáis a la reunión y la difundáis entre todas las organizaciones y movimientos sociales que pueden compartir las mismas ideas y propuestas.

Próxima reunión preparatoria:
22 de abril – 17h a 20.30h
23 de abril – 9.30h a 14h ­y 16.30h a 19h

Badajoz ­- Extremadura – España

C. P. Leopoldo Pastor Sito
C/ José María Giles Ontiveros, Nº 4.
(Al lado de la carretera nacional 5 antigua. Por el centro de la ciudad.)

¡Hasta Badajoz!

Leslie Toledo
Secretaría Ejecutiva del C.I. Foro Mundial de Educación
leslie.toledo@eresmas.net – 34 656469421

Continue reading Foro Social Ibérico por la Educación

O músico turco Omar Faruk Tekbilek achégase a Vigo

Omar Faruk Tekbilek empezou cunha frauta diatónica. Estudou para ser imán, pero compaxinou os seus estudos cun traballo na tenda de música do seu tío quen, a cambio, lle deu clases de música.

Hoxe en día é un dos representantes da música pola paz, música espiritual que, segundo el, atravesa fronteiras e razas.

O de Vigo é o seu primeiro concerto da xira por España. Despois estará en Logroño, Euskadi, Madrid e Barcelona.

Sábado, 23 Abril 2005 en VIGO
22:30 Teatro Caixanova

AO PÉ DA LETRA. Un espectáculo na boca da realidade.

Xoves dia 7 de Abril 2005 no Teatro Rosalia de Castro da Coruña ás 21 hs.

Ao Pé da Letra é un punto de encontro de varios artistas galegos que toman a palabra. Versos a boca de xerro e bocas que sacan a lingua a primeiro plano.

  • MARFUL
  • NARF
  • GUADI GALEGO
  • XABIER DIAZ
  • SAFARI ORQUESTRA
  • NON RESIDENTZ
  • E… DJ TWO FACES.

Venda de entradas: http://www.caixagalicia.es – tlfe. 902 434 443

Continue reading AO PÉ DA LETRA. Un espectáculo na boca da realidade.

Clase Maxistral do percusionista Pedro Estevan

Estimados amigos:

O percusionista Pedro Estevan
impartirá unha clase maxistral (para activos e oíntes)
sobre percusión de man, música antiga, etc.
no Conservatorio Superior de Vigo,
o día 5 de abril ás 17:00. prezo 15 euros
(antes do comezo da clase).

O día anterior toca co grupo de Jordi Savall no Teatro García Barbón.

Pregaría a máxima difusión entre os posibles interesados.
Grazas por anticipado e unha aperta.
Carlos Castro

Talabarte Trío en Santiago

TALABARTE TRÍO: Quim Farinha (violín), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico), estarán o día 29 de Marzo, martes, na Casa das Crechas en Santiago, a partir das once.

II Festival Conspirando por unha Rádio Libre

II FESTIVAL CONSPIRANDO POR UNHA RÁDIO LIBRE
coas actuacións das bandas locais…

  • REGGATTO (reggae e outras herbas)
  • KOBE (pop rock alternativo)
  • MISQUIOUS (electrónica poética).
  • Tras as actuacións en directo, alá pola medianoite seguirá a festa
    cunha coidada e ecléctica selección de música enlatada.

Colabora coa futura emisora libre para Ferrol e apoia ás bandas locais.

  • PREZO: 3 ¤ anticipada e 4 ¤ no día do concerto. Puntos de venda: TIPO Ferrol, pub Manchita Cosa, A Bodega, Fundaçom Artábria. Aforo limitado a 250 persoas.
  • DATA: Sábado 26 desde ás 21 h. Prégase puntualidade.
  • LUGAR: local sócial da Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns-Estéiro, Ferrol). A rúa que leva da biblioteca do Patín ao campo de Batallóns.
  • ORGANIZA: Colectivo Opaíí!!-Rádio Filispim
  • COLABORAN: Fundaçom Artábria, Ateneo Ferrolán, Manchita Cosa, abretedeorellas.com, TIPO Ferrol.
  • Máis info en opaii.rfm@gmail.com + radiolibreferrol@hotmail.com + 686 339 770 + www.abretedeorellas.com/radiolibre

Programa Xantar Gaiteiro

programa do evento gaitístico
do vindeiro 20 de marzo víspera da primavera do 2005:

11:00 ás 14:0 Música na rúa.

Grupos de música tradicional con gaitas, requintas e acordeóns pasearán pola
mañá dende as 11:00 polas rúas e tabernas dos barrios do Paraiso; o Recreo,
Campo da Feira; Piñeiro, etc. ata a alameda ás 12:30. (Estes grupos participan
de xeito voluntario e libre, e se ti e os teus queredes participar, avisade
previamente).


11:30 ás 14:30 Exposición de traxes tradicionais da colección
“Juanjo Liñares”.


13:00 Charla-conferencia : “Os Romances e cantares de Cego”
impartida por Mini e Mero, músicos compoñentes
e fundadores da “Quenlla”, fundadores, tamén de “Fuxan os Ventos” e folcloristas
con máis de 30 anos recollendo datos das nosas tradicións.


13:30 Proxección audiovisual da historia dos 10 anos de historia
da xuntanza de Gaiteiros e breve resumo dos 25 anos da Asociación de Gaiteiros
galegos.


Intervención e birindos de D. Avelino Pousa Antelo,
presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez
e vocal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda. Posúe a Insignia de
Ouro da Universidade Compostelá.


E de David Otero escritor. Membro da Asociación de escritores en Língua
Galega 


 Xantar Gaiteiro ás 15:00 no restaurante “o
Tunel
“. Onde, aos postres, intervendrán coa súa música todolos gaiteiros
que queiran participar.


Asociación de Gaiteiros Galegos

Vozes da radio no café LICEUM de Porrinho

VOZES DA RADIO o mellor grupo vocal “a capella” da actualidade en Portugal. Quinteto vocal formado en 1.991 na cidade do Porto, desde enton editaron cinco CD’s, actuaron por todo o pais en escenarios tan distintos como o Estadio de Alvalade, Centro Cultural de Belem, Coliseu do Porto e de Lisboa, Teatro D. Maria II, a Queima da Fitas do Porto e mesmo viaxaron a Macau para participar no Festival Internacional de Música, tendo recebido fortes eloxios da crítica especializada. Ademais, teñen participado en numerosos discos e proxectos colectivos, colaborando con destacados grupos e musicos portugueses como Gaiteiros de Lisboa, Rui Veloso ou Sara Tavares. Traballan cancions alleas en versións de recoñecida orixinalidade e compoñen temas propios, nos que sobresae unha hilarante critica social, conformando un estilo moi orixinal que abranxe o humor, a sorpresa e a extravagancia, pero cun apurado traballo tecnico e melodico.

venres 4 de Marzo as 23 horas. Os prezos 8 euros, 6 anticipada e 4 para socios
www.barliceum.com

Concertos con RAO TRIO.

En Marzo Rao Trio: http://www.germandiaz.com
César Díez: Bajo Diego Martín: Batería. Germán Díaz: Zanfona

2 de marzo. Dado-Dadá, Santiago. 23:00 h // 3 euros.
3 de marzo. Garufa, A Coruña.
4 de marzo. Presentación del disco de RAO TRÍO. Clavicembalo, Lugo.
5 de marzo. Presentación del disco de RAO TRÍO. Barriga Verde, Lalín.

Bases do circuito musical do INJUVE deste ano

Envíovos a ligazón da web para entrar a formar parte dos circuitos de música do Instituto Nacional de Xuventude …aqui tedes as bases, requisitos, formularios …para todo aquel a quen lle interese… admitense grupos, solistas, dúos …etc

Persoalmente creo que a calqueira persoa que lle interese tocar e promocionarse, debe botarlle unha ollada.
¿que opinades?

http://www.mtas.es/injuve/novedades/musica05.htm

atentamente
Xan Pampín

Modificación na data do concerto de Xochilmica

A data de presentación do grupo Xochilmica en Vigo vaise trasladar para a última semana de marzo “por mor do retraso que levan as obras do Tren de Alta Velocidade no trazado Santiago-Vigo …jejejje”

…ainda non sabemos a data exacta… Sentímolo moito, e agardamos non vos enfadedes connosco… Xa a confirmaremos un pouco mais adiante… Pero si que sabemos con seguridade a data de presentación en Santiago de Compostela:

O día 8 de Marzo na Casa das Crechas a redor das 10.30 (da noite).

Un saudo a todos/as
Xan Pampin

PD: gracias Oscar por esa estupenda critica…

Cea-degustación con RUSO NEGRO

Mércores 16 de febreiro no Cabaliño do Demo (o restaurante vexetariano da Porta do Camiño en Compostela):

Cea-degustación coa actuación do trío cómico-musical “Ruso Negro” e o seu “Concerto normal e corriente”.
Cabaliño do demo: pratos dendetódolomundo-paratódolomundo; pequeno, acolledor, amistoso e colorido.

Ruso Negro: un italiano, unha andaluza e un galego; un acordeón, unha flauta e unha guitarra; os tres cantan; dous bailan; unha come espaguetti.

Contacto: rusonegro2004@yahoo.es
Fotos: http://fotos.yahoo.es/rusonegro2004/
Info e reservas: 981.588.146 ou 652.182.540
Continue reading Cea-degustación con RUSO NEGRO

IV Encontro: O Son da Memoria. Música galega na emigración.

17 e 18 de febreiro no 2005. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
Praza do Obradoiro. Pazo de Raxoi. Segundo Andar.

Qué relacións de pertenza rexen ás producións musicais, e outros bens patrimoniais, e aos países de orixe e destino?, serán os procesos de hibridación actuais os que firmen a sentencia de morte dos sinais de identidade das comunidades minoritarias?

Estas e outras cuestións, que están na mente de estudosos, músicos e xente vinculada á produción artística e cultural, serán abordadas no Encontro por especialistas na materia, que nos guiarán e enriquecerán os nosos recursos de análise e percepción dunha realidade que cambia a unha velocidade cada vez máis vertixinosa.

————————————————————————————-

TELÉFONO: 981 957 202 / 981 957 210
FAX: 981 957 205
ENDEREZO ELECTRÓNICO: asonoro@consellodacultura.org
ORGANIZA: Arquivo Sonoro de Galicia
Consello da Cultura Galega

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 15 de febreiro de 2005
PRAZAS: 100 persoas
Continue reading IV Encontro: O Son da Memoria. Música galega na emigración.