Atención correo moi URXENTE

Para quen?
Para todas aquelas persoas que pensen que este mundo vai a peor. Para aquelas persoas que queren facer algo para melloralo. Para aquelas persoas que queren sair a rua para facer algo creativo, dinamico, divertido, etc. Para aquelas persoas que leven a festa e a parranda dentro. Para aqueles e aqueles que pensen que divertindose se pode acadar un mundo mellor.

Que pasa?
Que o movemento Guerrilleiros Ludicos, que tanto dera que falar nestas datas hai dous anos, quere voltar a carga. Primeiro queremos reunirnos, falar, e logo se hai animos e forzas preparar algunha cousina para facer na rua (todas as persoas son benvidas, esto e algo aberto totalmente, cantos mais mellor).

Cando quedamos?
Pois a convocatoria que facemos e para o vindeiro luns, dia 21 de novembro, as 22:30 no Bar Pedroso (rua Pedroso, Os Mallos. A Coruna). Deste xeito tomamoslle unhas tapas e falamos mellor.

Informacion?
Se queres pedir informacion, chama o 619 345100 ou 647 974272. Tamen podes escribir un correo electronico a pedrobrandariz[a]wanadoo.es ou ingobernable[a]mundo-r.com

Continue reading Atención correo moi URXENTE

Oscar Ibáñez & Tribo clausurá o I Festival Folk Canarias

O gaiteiro galego Oscar Ibáñez clausurará o I Festival Folk Canarias que se calebrará entre o 23 e 27 de novembro na cidade de Telde (Gran Canaria), o festival conta coa participación de Radio Tarifa, Luétiga, Manuel Luna y la cuadrilla maquillera, o acordeonista Miguel Afonso e Rogelio Botand entre outros…, ademáis destes concertos, durante o festival presentaranse novas publicacións, haberá conferencias e charlas coloquio e un montón de sorpresas máis…

Para máis info: www.folkcanarias.com

Viva o Fu Remol

Pedro Feijoo Barreiro, músico, escritor e productor de grupos folc coma GUEZOS ou ERGOM, entre outros, acaba de publicar un libro sobre a música popular en Galicia.

O libro titúlase “Viva o Fu Remol” e trata con moito humor e ironía as andanzas da xente que decide formar un grupo pop, rock, folc, etc.
Se tedes un grupo ou se vos interesa o tema, recoméndovos a lectura deste divertido libro onde vos ides ver reflexados.

Anxo Fernández.
GUEZOS.
Continue reading Viva o Fu Remol

Novos títulos dos “Cadernos de Gaita Galega”

A editorial Dos Acordes acaba de sacar ó mercado outros dous cadernos desta serie, que veñen a completar o primeiro, “Intervalos“, de Xesús Vaamonde.

O número 2 é a necesaria edición en papel da famosa obra de Ernesto Campos, “Redondelana“, para gaita y piano. Para a presente publicación, o autor introducíu unha serie de modificacións, con vistas a fixar definitivamente a súa interpretación. A edición presenta as correspondentes particellas para gaita, tanto en sistema de escrita DO como RE, o que permite achegar unha das pezas máis fermosas do repertorio para o noso instrumento a todos os gaiteiros.

O número 3 retoma a idea de exercicios, desta vez en forma de “Escalas”, de Xesús Vaamonde. Neste Caderno, no formato habitual de A4 e ó longo de 48 páxinas, Xesús presenta a maneira de traballar, exclusivamente, “Escalas”, seguindo o modelo existente para todos os instrumentos. Desta maneira consíguese soltura na dixitación, así como comodidade á hora de interpretar. Para exercitar a lectura e a combinación de posibles dixitacións, se tomou como punto de partida a idea de engadir progresivamente dieses e bemoles. Libro imprescindible na biblioteca do gaiteiro, da man dun dos máis grandes intérpretes e profesores do noso instrumento, habitual nesta colección.

En breve estarán no mercado o 4, como “Obras para o Estudo da Gaita“, de Xosé Lois Miguélez, e o 5, “Piezas para gaita e piano“, de Emilio Mesías.
Para pedidos e interesados, dirixirse a www.dosacordes.com

colectivo Artesonado

El colectivo Artesonado nace a finales del siglo pasado en la costa Mediterránea como grupo multidisciplinar consagrado a los diversos enfoques artísticos que nos acechan a diario. Un buen puñado de artistas que andan buscando el norte, aunque conscientes de que no lo quieren encontrar, se agrupan bajo este nombre genérico para dar rienda suelta a todas sus fantasías creativas. Desconocedores por completo del significado de las palabras compromiso, horario y seriedad, aúnan esfuerzos hacia no se sabe aún donde.


Continue reading colectivo Artesonado

Mundofolk: Buscador de Actuaciones y conciertos

Estimados compañeros:

Te enviamos este email para daros a conocer una web que trata de promocionar los grupos que hacen música tradicional, de raíz, etc.. Es una web que consiste en un buscador y programador de actuaciones. Te permite hacer búsquedas por muchos criterios y además, a los amantes de esta música les permite programarse avisos para que les llegue un mensaje cada vez que sus grupos favoritos programan un concierto.

Nuestra idea es tener centralizado en un único lugar todas las actuaciones de los grupos para que aquellas personas que lo deseen tengan información OFICIAL, de cuándo hay una actuación (lugar, hora, localidad, etc.). Para ello son los propios grupos quienes tienen que aportar esta información.
La agenda de conciertos es inmediatamente distribuida por todo internet a través de foros tales como:

  • airesceltas.com
  • todofolk.com
  • groups.msn.com/amigosdelfolk
  • asturiesfolk.tk
  • tierrafolk.com
  • arafolk.net

    La página es mundofolk.com

    Un saludo cordial,
    El equipo de MUNDOFOLK

    © Copyright 2005, MundoFolk
    Para cualquier consulta ponerse en contacto con el servicio técnico: sat@mundofolk.com

  • Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega

    Este sábado 29 de outubro de 2005 o programa “Lume na Palleira“, presentado por Emilio Españadero, retorna á programación da Radio Galega, en horario de 15 a 17 horas.

    Despois dun período no cal non a Dirección da Radio Galega prescindiu do antedito programa, de novo teremos un programa dedicado á música galega onde a parte máis tradicional continuará a ter presenza, dentro do espazo “O Recuncho da Palleta”.

    Para iste primeiro programa da nova andaina, teremos:

  • O Recuncho Da Palleta: A Percusión Tradicional Galega (Pablo Carpintero).
  • Entrevista cos organizadores do 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
  • Entrevista a Luvas Verdes (Presentación de seu 1º disco: “Fandango Desesperado”).

    Podedes ampliar información na web oficial do programa:
    lumenapalleira.com

  • Serie “Esto é percusión!”

    Seguindo ó seu principio de apoiar e impulsar a música e músicos galegos, a editorial Dos Acordes acaba de sacar ó mercado unha serie de libros de percusión baseados na interpretación colectiva de música tradicional galega. O autor, Carlos Castro, é un coñecido intérprete en formacións folk (un dos históricos de “Doa” ou, na actualidade, “Fía na roca”), así como profesor de percusión no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

    Os catro “Libros do alumno” corresponden ó Grao Elemental da especialidade de percusión. O texto é válido tanto para estudantes de Conservatorio como de “Escolas de Música”, ó plantexar un estudo progresivo da especialidade. O “Libro do Profesor”, complementario á coleción dos catro libros do alumno, ofrece unha guía a ter en conta ó abordar a clase colectiva de percusión, á vez que desvela o método didáctico empregado polo autor.

    Para informacións e pedidos, www.dosacordes.com

    Saída do disco Angloconcertina International con músicos galegos

    Hola a tod@s:
    Acaba de sacar no U.K. a compañía Folksound Records o triple cd recopilatorio “Anglo Concertina International“, cd recopilatorio de pezas inéditas, grabadas pra ocasión (salvo algunhas procedentes de arquivo), dalguns dos millores angloconcertinistas de todo o mundo (Noel Hill, Niall Vallely, John Kirkpatrick, Andy Turner, Bertram Levy, Mary McNamara…).

    No traballo participan máis de 20 músicos, con estilos de música moi variados, que abrangue dende o folque americano, sudafricano, zulu, irlandés, galego, jazz, variedades, etc. amosando a grande versatilidade deste pequeno e ás veces denostado instrumento (praos que non o saiban os instrumentistas de english concertista a miudo viron á anglo como un instrumento popular e de menor categoría que a english).

    En total son 3 cds, con 70 minutos cada un de duración, e un libreto de máis de 40 páxinas con datos de todos os músicos intervintes.

    Á venda en tendas especializads en U.S.A., en U.K., e por correo dende a mesma páxina web.

    Unha grande iniciativa pra o mundo da concertina e da música en xeral e que se podería extrapolar a outros instrumentos.

    Neste disco Félix e máis eu conseguemos meter un par de arranxos galegos nosos con concertina, frauta de madeira e buzuqui (O que non chora non mama, está claro) e coa participación de Alvaro Iglesias no contrabaixo.

    Para ver algo do proxecto, podedes visitar www.angloconcertina.co.uk e o que se fala del no forum de www.concertina.net

    Pódese baixar o libreto en pdf da mesma páxina.
    Se alguén quere que lle mandemos o libreto en pdf en avance, que nolo pida.

    Tamén falamos deste traballo na nosa páxina www.castorfelix.tk

    Un saudo a todos
    Cástor e Félix Castro – Ourense

    Gómez demanda a la Xunta que asuma la titularidad del conservatorio de música lalinense

    Fonte: La Voz de Galicia 07/10/2005

    Tal y como había anunciado en el último pleno al rechazar una moción del PSOE sobre el conservatorio profesional de grado medio de Lalín, el grupo de gobierno presentó ayer a través del concejal de Hacienda y vicepresidente del Patronato Cultural, Manuel Gómez Estévez, un escrito propio con tres puntos.
    Continue reading Gómez demanda a la Xunta que asuma la titularidad del conservatorio de música lalinense

    Etno-Folk: Revista Galega de Etnomusicoloxía

    A editorial “Dos Acordes” edita cuadrimestralmente unha publicación especializada no eido da investigación na música tradicional: “Etno-Folk. Revista Galega de Etnomusicoloxía”. O número 2 ten unha extensión de 200 páxinas, nun cómodo formato tipo libro de 17 x 24 cm; pronto estará na rúa o número 3, correspondente ó outono 2005.

    Etno-folk nace coa idea de proporcionar a tódalas persoas interesadas polos aspectos etnomusicolóxicos propios da nosa terra, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación: en que se está a traballar, cales son as liñas de investigación que se están a desenvolver no eido da música tradicional, traballos de campo abertos… sempre baixo o criterio da publicación, que é, ante todo musical, étnico e investigador. Adxuntamos índice dos números que levamos editados.

    Se lle interesa publicar na revista, ou ben desexa subscribirse (boletín de subscripción máis abaixo), debe póñase en contacto con nós en info@dosacordes.com
    Continue reading Etno-Folk: Revista Galega de Etnomusicoloxía

    La Xuntaza de Gaiteiros incluirá la actuación de seis formaciones

    Hemeroteca 30/09/05.
    FERROL :: La Voz de Galicia

    Fene Airiños organiza un evento en el que cantará Uxía Senlle.
    Esta nueva edición del certamen folk se celebrará el domingo en la plaza del Concello.

    (Firma: María Hermida | Lugar: ferrol)

    La Xuntaza de gaiteiros que cada año organiza la agrupación de gaitas tradicionales Airiños de Fene celebra el domingo su decimoséptimo cumpleaños. En esta edición del evento, un total de seis formaciones se subirán al escenario para ofrecer a los feneses toda una tarde de música tradicional. Entre los artistas no faltarán caras conocidas del panorama folk gallego, como la cantante Uxía Senlle.
    Continue reading La Xuntaza de Gaiteiros incluirá la actuación de seis formaciones

    Hipólito Cabezas rompe as negociacións coa AGG

    Hipólito Cabezas Gómez, presidente da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, négase a traballar xunto coa Asociación de Gaiteiros Galegos, rompendo os acordos existentes e imposibilitando deste xeito a creación dunha escola de música tradicional na provincia de Pontevedra.
    Continue reading Hipólito Cabezas rompe as negociacións coa AGG

    Cuatro instrumentistas se darán cita el domingo en el Encuentro de pandereta peninsular

    La Voz de Galicia 21/09/2005
    (Lugar: ch. l. | pontevedra)

    El próximo domingo tendrá lugar la segunda edición del Encuentro de pandereta peninsular, bajo el tema Levamos o ritmo na pel. Este encuentro fue presentado ayer por la concejala de Festas, Anxos Riveiro, Pilar Araujo, encargada de producción del Conservatorio Folque de Lalín, y Marcelo González, de la asociación cultural Tear de Llerena.

    Cuatro figuras de ese instrumento se darán cita este domingo: Imanol Urkizu Lertxundi, pandereta vasca; Eva Tejedor, asturiana; Soledad Rodríguez Aguirresarobe, cántabra y el gallego Chisco.

    Continue reading Cuatro instrumentistas se darán cita el domingo en el Encuentro de pandereta peninsular

    I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia

    Prezados amigos,

    O domingo 25 de setembro de 2005, a partir das 17 horas, terá lugar o I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia.

    Envio información relativa ao mesmo, por se for do voso interese e tiverades tempo para achegarvos.

    I ENCONTRO DE MÚSICOS TRADICIONAIS DA LIMIA

    Romaría da Saínza
    Carballa da Rocha
    Domingo 25 de setembro, ás 17 h.

    O domingo 25 de setembro, día grande da festa da Saínza, a romaría da Limia, no prado afortunado da maxestosa Carballa da Rocha, celébrase o primeiro encontro de intérpretes de música tradicional, depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros. Coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados en publicación recente.
    Continue reading I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia

    Polémica normalización en Betanzos

    Betanzos, 6 de setembro de 2005
    Prezad@s amig@s:

    Con data do 1 de agosto de 2005 comezou a funcionar no Concello de Betanzos o Servizo de Normalización Lingüística, adscrito á Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística, que dirixe o BNG.

    Con esta carta adxúntovos un pequeno dossier de prensa para que vexades a actitude do Partido Popular de Betanzos sobre o tema. De igual xeito, fornecémosvos os datos de contacto do PP de Betanzos para que, visto o dossier, fagades o que estimedes pertinente: Grupo Municipal do Partido Popular: Concello de Betanzos, Praza de Galiza 1, 15300 Betanzos.
    Continue reading Polémica normalización en Betanzos

    + novas 3º Pé

    Ola amig@s!
    Anunciarvos as novas + novas do 3º Pé e o Andar Criativo!

    1) En breves días terá lugar o lanzamento do segundo número (nº 1) do fanzine terceirope.com do que vos achegamos a portada.

    As nosas novidades… entrevista con Marisol Manfurada… reseñas sobre os artistas que actuaron na Festa do Novo Tren… calendario de actividades e horarios do Andar criativo, concurso de fotos, etc…

    A tirada é de 500 exemplares… esperamos que o atopedes por ahí. Ademais haberá sorpresas… levaremos adiante unha actuación de rúa para presentar a revista.
    Andade con ollo!

    2) Se visitades a páxina web terceirope.com podedes ver as novas actualizacións: calendario de actividades, novo local, e configuración curricular do Andar criativo!

    3) As xuntanzas do 3º Pé seguirán sendo, até o día 10 de outubro no Local social do Andar criativo rúa do tren 5 Baixo, todos os martes ás 20:00

    Para calquer dúbida alí estaremos!
    Sen mais un bico grande grande grande.