…trrrrrrrrr so faltan 3 dias

Segue sem hàver palheiro sem palha…

…Na minha incesante labor rememoradora, volvo a dicir que hoxe as 24 hrs remata o prazo de inscrición no Pantagruélico v3.0… por razons de organiçaçao…

Recordo os contatos:
655-822-003 // 660-327-594

Ou bem no e-mail: xian120@hotmail.com
Nom é por meter presa pero….¡¡¡APURADEEEE!!!

Saudos

Continue reading …trrrrrrrrr so faltan 3 dias

folque.com bateu marca histórica de visitas

Benquerid@s amig@s, …como diria o Paco Quintas,

nom sei que passou onte, mas folque.com bateu marca de visitas.
Para um so día acadamos a cifra de… …LUUUME!!! 2.127 visitas, só no día de onte, servimos 7.346 páginas e descargaron-se desde a web 221.75 MB …em fim umha cheia de cifras que podedes comprovar nas estatísticas públicas de folque.com.

Novamente agradezer a tod@s os que o fazedes possivel, sem vos isto nom seria possivel, e aos novos visitantes, …a benvida!!!

Um saudo.

VII Festival de Entroido de Domaio

Esperámosvos a tod@s no festival que se levará a cabo o 25 de Febreiro para abrir ó Entroido de Domaio as 22:45 na carpa situada no Porto de Domaio.

Actuarán:

  • Zitania. (Grupo orquesta)
  • Xavier Blanco & Jorge Parcero. (Música tradicional)
  • Thunn. (Rock)
  • Sesión Disco-Pachangada.

Ademais…
I Festa da cervexa. 5¤ Xarra recordo e barra libre. (Ata fin de existencias).

…e tamén…

Doces típicos de Entroido e chocolate quentiño de balde.

Organiza a Comparsa Animodo de Domaio e colaboran a Asociación de mulleres “Poza da moura”, a Asociación veciñal Montefaro e a Concellería de cultura de Moaña.

chuza.org

nasce Chuza!

Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor
Continue reading chuza.org

…so faltan 4 dias…

No, há palheiro sem palha

Jaiteirooooos so faltan catro dias pra este esperado evento… como anticipo digovos que de momento estamos sobre 30 folklórikos apuntados, recordade que mañá e o último dia pra anotarvos… douvos outra vez os datos…

  • Data do evento: Sábado día 25… ¡¡¡este que ven!!!
  • Lugar de saida: Conservatorio as 2:30, ou ben a esa mesma hora no Restaurante
  • Lugar da comida: A estación de Botos
  • Prezo: 20 ¤, (Inclúe todo o dun cocido de rigor…)
  • Os teléfonos de inscriçom: 655 822003 – 660 327594

Ou ben nesta dir: Xian120@hotmail.com
Espero as vosas confirmaçons prontinhooo…

Creación dos selos Vir e Localizados

En Ouvirmos non só restauramos o pasado…
Agora lanzamos dous selos desde os que coñecer propostas musicais de futuro: LOCALIZADOS e VIR.

Ecléctica EnsembleLOCALIZADOS vai dar coa creación actual da música galega. Localizaremos as novidades expresivas e darémoslles espazo.

Inauguraremos este novo catálogo co proxecto sonoro de Ecléctica Ensemble: se gustabas dos seus directos, este disco vaite conmocionar.

GalegozVIR vai viabilizar proxectos discográficos. Ouvirmos coproducirá a novos creadores galegos que queiran manter o control sobre o seu produto.

Abriremos a serie bailando con Galegoz, o proxecto aranhoto de Marcos Paino.

Reunion o martes coa Delegada Provincial da consellería de Cultura

Pola presente informámosvos de que maña martes 21 as 5 da tarde na casa da xuventude de Lalín, as asociacións, colectivos e particulares que traballan no ámbito da cultura no Deza temos/tes unha reunión ABERTA con Marta Patricia Souto González Delegada Provincial da consellería de Cultura.

O fin da reunión é a de tomar contacto co asociacionismo do Deza para escoitar as nosas opinións sobre diversos temas e informarnos dos plans da consellería de cultura.

Esta reunión é importante, xa que é a primeira vez que un cargo da consellería de cultura ven a escoitar o que dende o asociacionismo temos que dicir.

Se podes, ven a reunión e expón o que pensas…

p.d. se non podes asistir a reunión por motivos de traballo, podes pasar a eso das 10 polo barriga verde onde un grupo de xente estaremos cambiando impresións sobre a reunión, e de paso aproveitar para botar unha man na elaboración das coplas do Antroido.

from: Alberto Granja [K.G.]

I.Concurso Folk del Elai-Alai

Hola soy Gorka Sáez, Coordinador del centro de cultura elai-alai de Portugalete.

Os adjunto unas bases para el concurso de música folk que realizaremos los días 6 y 7 de Mayo de 2006 en relación a la Primera feria de folklore que haremos en estas mismas fechas.
En donde una de las actividades será una feria de luthiers entre otras cosas.
Me gustaría que pusierais en algún lado de la página las bases del concurso fólk que está dirigido a todas las personas o grupos de todo el estado.

Un saludo y muchas gracias: Gorka Sáez

Continue reading I.Concurso Folk del Elai-Alai

O “muíño ruxe” en Oleiros

Ola amig@s!

Anunciarvos que xa estamos de cheo no I Festival Galego de Cabaré.
Que comece o espectáculo!!!

Lembrade que esta tarde terá lugar ás 20:30 do serán e no recinto da casa Gullat (Nova Fábrica de Oleiros) a primeira conferencia do ciclo divulgativo con PATRICIA DE LORENZO e “O Cabaré en Galiza”

Seguiranlle mañá e pasado (mércores 22 e xoves 23) á mesma hora e no mesmo lugar as conferencias do GRUPO DE CABARÉ MANICÓMICOS e “O Cabaré dende dentro” e de PEPA YÁÑEZ e DAVIDE SALVADO con “O cabaré galego”

Para o venres e o sábado temos preparados dous grandes espectáculos:

VENRES 24. 22:00 Auditorio da Fábrica. CABARÉ NA FÁBRICA co grupo de cabaré MANICÓMICOS, PEPA E DAVIDE E MARICLOWN.

SÁBADO 25. 21:30 Auditorio de Mera. FEMME FATAL con JAZZ OLEIROS; AS SUPER PREÑADAS; ENDESEQUILIBRIO; PIA DE TOLOMEI; DIVINO MALABAR; DETOUR; MARTA PAZOS, PATRICIA DE LORENZO, YONI MEDIOGRAMO, GABRIELLA SACAUNTOS e algunha sorpresa máis como os gañadores do concurso de monólogos que fixemos dentro do obradoiro de Cabaré que tivo lugar a semana pasada.

Nada mais; lembrade que a entrada é gratuíta pero que tedes que reservar entrada. Podedes facelo no 666014494 ou chamando ao Concello de Oleiros.
Correde que voan!

Unha aperta e benvid@s ao Cabaré3

Entrevista con OSCAR F. SANJURJO

Temos a terceira entrevista co pessoal do CMTF, con OSCAR FERNANDEZ SANJURJO, profesor de sanfona no CMTF e membro fundador de Cempés.

“Para que me goste uma canción tenme que deixar trasposto dende o principio, e depende do momento e do tipo de música, por exemplo… un preludio de gaita repentino pódeme poñer brutalmente eufórico e feliz, mais se non é o momento adecuado pódeme matar. Non hai canción perfeita so existe a escoita perfeita, teñense que xuntar moitas circunstancias a un tempo, tamén depende do nivel de esixencia que teña cada un.”

Continue reading Entrevista con OSCAR F. SANJURJO

Novo número da revista Etno-folk

Ouvirmos colabora con Dos Acordes e co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín na edición do nº 4 da revista Etno-folk.

Este vai ser un número especial dedicado á publicación das Actas do Congreso de Antropoloxía Musical: O texto e o contexto, celebrado no CMTFL en 2001.

Ademais, as seccións habituais desta xa imprescindíbel revista: artigos, partituras, reseñas,…

Proximamente disponíbel en librarías e tamén na web de ouvirmos.com.

…tres, dous, un… xa falta menos…

Nom ha palheiro sen palha…

A menos dunha semá pra que se celebre este evento gastronómico-musical-etílico-festivo quero comunicarvos que o emplazamento cambiou debido a unha serie de circusntancias circunstanciais que circundaron na “circuncision” do noso empeño de de celebralo Pantagruélico v3.0 en Lalin mesmo….

Polo que comunico oficialmente que:

  • O novo lugar é: Estacion de Botos
  • Que o lugar de saida sera o conservatorio as duas e meia ou ben no restaurante en cuestion.
  • O prezo sera caseque o unico que se manteña 20 euros, asi como as ghanisimas de festa a rachar.
  • Advirto tamen que o ultimo dia para confirmar asistencia sera o mércores dia 22 e que unha vez confirmado o pagamento sera ineludibel por cuestions obvias…

Sin otro particular, me despido

Parcelaria.com

A Asociación Cultural Fillos de Galicia ven de poñer en marcha un proxecto inédito no país: a Parcelaria Virtual!!!.

Dende o enderezo http://www.parcelaria.com convídase a Asociacións, Empresas, Organismos e particulares a facerse “cun anaquiño de Galiza” para, deste xeito, colaborar co mais grande Centro Galego Virtual que é Fillos.org.

Convídovos, folqueiros e folqueiras, a que botedes un ollo (ou os dous) ó web da parcelaria. Empezaron o outro día e xa levan vendidas media ducia de parceliñas.
Unha idea macanuda, sí señor!

FolkAntas

Alumnado do CMTF na gala da Gastronomia – Luar

VENRES 17 DE FEVEREIRO

Desde hà 4 anos o CMTF nom foi convidado á gala do cocido retrasmitida pola TVG, nen ao programa Luar.

Este ano participamos cuma cançom arranjada pola profesora de canto Guadi Galego e produzida por Pedro Pascual.

Muinheira de Cabaleiros.
Estará interpretada na gala por:

  • Begoña Fdez, Inés Portela, Uxía Cribeiro e Lola Fernández (vozes)
  • Gutier Alvarez (sanfona)

información Quico Cadaval + Carlos Blanco + Cool Hamster

Benquerid@s amig@s:

Esta semana duas estrelas dos escenarios galegos concedenlle ao Bar Liceum o privilexio de contar coa sua presencia, pero desta volta xuntos: Carlos Blanco e Quico Cadaval. Os dous cos que sempre puxemos o cartel de non hai entradas acompáñanse de Cool Hamster, unha banda formada por Ramón Orencio López Castro (Orence Jr. III “Mister Cool”), Xacobe Martínez e Michel González; trio de jazz/swing/blues . A rir sen pausa e con boa musica. Sera o venres 17 as 23 horas. Os prezos 12 euros, 10 anticipada e 6 para socios. As entradas estan esgotadas. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web: barliceum.com.
Unha aperta moi grande

Paco Quintas
Continue reading información Quico Cadaval + Carlos Blanco + Cool Hamster

XARNEGE + ZURGO

MARTXOA – MARZO 2006

  • Xarnege & Zurgo – Pamplona (Nafarroa) – Gayarre Teatro (22/03)
  • Xarnege & Zurgo – Sestao (Bizkaia) – Auditorium (23/03)
  • Xarnege & Zurgo – Gernika (Bizkaia) – Lizeo Teatro (24/03)
  • Zurgo — Estella (Nafarroa) … Teatro Los Llanos ( 25/03)

Mugarik gabeko musika
Música sin fronteras

Hungría sabe de fronteras. De hecho, sus fronteras políticas mantienen a casi cuatro millones de húngaros viviendo fuera del país, separados de los otros diez millones de Hungría. Los húngaros que viven en Austria, Eslovaquia, Ukraina, Rumanía, Serbia, Croacia y Eslovenia no han pasado la frontera nunca. Sus antecesores tampoco. La frontera ha pasado sobre ellos. Un solo grupo de húngaros vive desde hace largos siglos fuera de la madre patria: los csángó de Moldavia.

Zurgó interpreta la música tradicional de los csángó, un grupo étnico húngaro que ha sabido mantener vivas y pujantes su lengua, cultura y folklore ancestrales en Moldavia, dentro de Rumanía.

Sharnègo, es una palabra gascona que denomina tanto a los pueblos fronterizos entre Euskal Herria y Gascuńa, como a las familias mixtas vasco-gasconas.

Xarnege es un espacio de encuentro, no una mezcla. Un cruce de caminos, no un límite. Una mirada al futuro desde las raíces, no un museo inerte. Tierra de todos y de nadie. Un lugar en el que se comparte y se continúa la marcha de noche con el saco lleno de música de contrabando.

Zurgo y Xarnege: Dos propuestas musicales más allá de las fronteras geográficas… y mentales.
www.xarnege.com + www.zurgo.hu

PYRENE EDIT.
Tel 943640376 – jamz@telefonica.net

“Census, o soño do Enumerador” na sala Nasa

O vindeiro martes 21 de Febreiro ás 21:30, a compañía multidisciplinar Ludd vai atracar CENSUS nos peiraos da Nasa , en Compostela. Unha peza teatral sobre os movementos migratorios. Nas sentinas, cargas ilegais de corpos, discursos dictatoriais e mecanos musicais. E Jesse Owens batindo o record de salto de lonxitude, por riba do vaiado de Melilla…