Rao Trío en concerto

SÁBADO 19 DE FEBREIRO ÁS 23:30 hs
OUTÓTONO – Ponteareas (entrada 4 euros) AFORO LIMITADO
(Reservas: outotono@outotono.com )

RAO TRIO es una formación original y que imprime cierta novedad al panorama de las Otras músicas. Zanfona, Bajo y Batería, es la curiosa formación que utilizan estos tres jóvenes músicos para ofrecer un repertorio también original basado en temas tradicionales y de compositores ligados a un tradición como son Anouar Brahem, Gilles Chabenat o Valentin Clastrier.
Continue reading Rao Trío en concerto

OFF Mércores 9 ás 9 da noite na Sala NASA

OFF Ópera Fonética Futura

Mércores 9 de Febreiro ás 9 da noite
Entrada 5 euros

Un espectáculo comtemporáneo made in Galiza no que se mesturan a música electrónica ea música improvisada con proxeccións de video e imaxes realizadas en tempo real.

Mónica de Nut como PALABRA
Fernando Abreu como MÚSICA
IG como XESTO

Isaac Cordal, video
Sono-mama, proxeccións
Xurxo Troncoso, iluminación

Dirección: IG

mais información en: www.alg-a.com ou www.salanasa.com

Festival Internacional de Documentais. Tui. 10-13 marzo.

PLAY-DOC :: I FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS DE TUI.
1ª EDICIÓN. 10-13 DE MARZO.

Play-Doc nace co propósito de establecer un punto de encontro e plataforma de exhibición para realizadores de todo o mundo. Un espacio de achegamento e celebración no que os espectadores poderán disfrutar dun xénero emerxente que atravesa un momento de especial creatividade.
O festival céntrase nos documentais de autor ou de creación.

PODES ENVIAR DOCUMENTAIS SOBRE MÚSICA DE RAIZ. O ENTRUDO, OS FOLIÓNS, OS SERÁNS, O CMTF, AS JAM-SESIÓNS…
Continue reading Festival Internacional de Documentais. Tui. 10-13 marzo.

Serán na Nasa con Linho do Cuco

A Sala Nasa (Compostela) está celebrando seráns donde podes disfrutar da música e do baile galego ao vivo.

Este mércores dia 12 de xaneiro a partir das 21 horas actuarán os músicos de LINHO DO CUCO (A Estrada). Músicos vinculados ao CMTF que proximamente editarán o seu primeiro disco.

Ciclo de conferéncias. O Caminho da FOLK MUSIC.

O Caminho da Folk Music
Ciclo de Conferências na Culturgest

A Culturgest vai iniciar um ciclo de conferências intituladas “O Caminho da Folk Music”, por Ruben de Carvalho, às quartas-feiras, de 12 de Janeiro a 9 de Fevereiro, às 18.30h, no Pequeno Auditório.
A primeira conferência é já no dia 12 de Janeiro, com o tema “John
e Alan Lomax, Charles e Ruth Seeger”.

+INFO: www.gaitadefoles.net
Continue reading Ciclo de conferéncias. O Caminho da FOLK MUSIC.

TALABARTE TRIO en Ponteareas

Talabarte Trío: Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico) estarán na sala Outotono de Ponteareas o próximo día 8 de Xaneiro, sobre as once da noite.

EXPOSICIÓN. Caxigueiro. Narracións. Mes decembro no Museo Provincial de Lugo.

Durante o mes de decembro permanecerá aberta no Museo Provincial de Lugo a exposición de Caxigueiro titulada Narracións con música de Ugia Pedreira e a técnica do Master D.S. Xurxo Pinheiro. Colabora na música: Pierrot Rougier (Bretanha).

[+ info]: http://www.museolugo.org/paranoti/noti2.htm
Continue reading EXPOSICIÓN. Caxigueiro. Narracións. Mes decembro no Museo Provincial de Lugo.

NOVA GALEGA DE DANZA Presenta “ALENTO”

A compañía Nova galega de Danza presenta o domingo 26 de Nadal o espectáculo “Alento” no teatro Rosalia de Castro de A Coruña ás 20.30 horas.
Os músicos da mesma compañía entran en estudio no mes de Xaneiro para gravar un disco que contén a música de este espectáculo e que sairá á venda no vindeiro ano.

[+ info]: web Nova Galega de Danza

Presentación do 2º disco de Malvela. Sala Nasa.

MALVELA + VOZES DA RÁDIO
NATAL DOS SIMPLES. Na Sala Nasa de Compostela ás 21 o 21 de decembro.

Vozes da Radio, o mellor grupo vocal “a capella” da actualidade en Portugal, e Malvela, grupo de cantareiras de Mos, presentan un espectáculo conxunto titulado “Natal dos Simples”, no que abordarán un percorrido polo Nadal da xente do pobo, un Nadal sen artificios, para retomar o camiño do entendemento e volver a andar polas corredoiras do Nadal galego, do Natal portugués e do Nadal de todo o mundo.
Continue reading Presentación do 2º disco de Malvela. Sala Nasa.

Raigañas presenta o CD Baila que podes bailar

O vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños, o grupo de cantareiras Raigañas presentará a súa primeira gravación musical baixo o título Baila que podes bailar.

Unha ducia de temas tradicionais recolleitos na parroquia nativa deste grupo de voces femininas (Cerqueda) e tamén ó longo das comarcas de Bergantiños e Xallas. O acto de presentación contará coa colaboración de persoeiros da música e danza tradicional como Quique Peón e Olga Kirk, entre outros.

Unha boa ocasión para escoitar a música máis tradicional da Costa da Morte.

Día do ORGULLO GAITEIRO. Ourense. Venres 17 e sábado 18 de decembro.

O Dia do Orgullo Gaiteiro celebrarase en Ourense o dia 17 e 18 de decembro, coincidindo coa data da primeira referencia histórica coñecida de un gaiteiro na provincia de Ourense, Gomes Mouro, recollida no documento de 17 de decembro de 1458 (que podedes consultar na sección Documentos).

OURENSE TEN TRADICIÓN. O DIA DO GAITEIRO É UN DIA PARA CELEBRAR O GRANDE PATRIMONIO MUSICAL DE OURENSE.
+info: aulagomesmouro
Continue reading Día do ORGULLO GAITEIRO. Ourense. Venres 17 e sábado 18 de decembro.

AO PÉ DA LETRA. VIGO. Teatro Garcia Barbón. Xoves 16 ás 20.30 horas.

AO PÉ DA LETRA:
Marful, Xavier Díaz, Fran Pérez, Safari Orchestra, Non Residentz, Guadi Galego.
Artista convidado: JORGE DREXLER. www.jorgedrexler.com

Teatro Garcia Barbón. Vigo ás 20.30 horas.
CONCERTO DE NATAL. Universidade de Vigo.
Recoller invitacións no Reitorado.

‘Ao pé da letra’ é un punto de encontro de varios artistas e proxectos musicais galegos que queren tomar a palabra. Procedentes de universos e premisas musicais diferentes, todos comparten a vontade de dicir e de situar a voz no centro das súas creacións musicais. Tal vez iso é todo o que teñen en común, e aínda así conforman unha curiosa tribo que explora as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea.

O café cantante de Marful (Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual) o rock intimista e experimental de Narf, o pop de sabores tropicais de Xavier Díaz, o rap suave e contundente de Safari Orchestra, a melodía postradicional de Guadi Galego ou o hip hop existencial e irónico de Non Residentz , exploran novos camiños de expresión musical na Galiza do século XXI. Unha conxura de voces nun escenario común.

‘Ao pé da letra’ plantéxase como un espectáculo colectivo creado a partir do traballo e as propostas individuais de cada artista. Un tema de presentación dalle paso ás actuacións de cada artista, enlazadas mediante o Dj Two Faces, que fai ás veces de mestre de cerimonias, para rematar cunha segunda versión do tema inicial máis próxima do rexistro electrónico.
Continue reading AO PÉ DA LETRA. VIGO. Teatro Garcia Barbón. Xoves 16 ás 20.30 horas.

ESPECIAL TERRAS DE MIRANDA

EXPOSIÇOM DE INSTRUMENTOS POPULARES MIRANDESES:
No dia 6 de Dezembro pelas 17 horas será inaugurada uma exposição de Instrumentos Musicais Mirandeses na Casa da Música Mirandesa (Largo do Castelo).

APRESENTAÇOM DA REVISTA “O FIADEIRO”
Ainda em Miranda, no próximo dia 8 de Dezembro, pelas 16 horas, na Casa da Cultura Mirandesa, vai decorrer a apresentação pública do nº15 da revista “O Fiadeiro-El Filandar”.
Continue reading ESPECIAL TERRAS DE MIRANDA

colóquio galego-português em Tui

No próximo dia 3 de Dezembro, sexta-feira, realiza-se em Tui, na Galiza, um colóquio-debate público sobre a Gaita-de-fole, sob o tema “A Situação das Escolas de Música Tradicional na Galiza“.

Convidados estão representantes da Associação de Gaiteiros Galegos, Escolas de Música do Baixo Minho, Federação Galega de Bandas de Gaitas e Associação Gaita de Foles (Portugal).

Depois da tremenda popularidade que este instrumento gozou na Galiza a partir dos anos 70, é tempo de rever o processo de “ressurgimento”: quais as mudanças ao fim de quase 20 anos? Que erros foram cometidos? Que novas formas de tocar e ensinar a música popular foram trazidas? O que se perdeu? Vale a pena defender a especificidade e a diversidade da música popular? Vale a pena copiar acriticamente modelos importados? Quais as opções e os caminhos possíveis no futuro?

Este debate não se esgota na Galiza; agora que em Portugal se inicia lentamente a recuperação e também um certo “ressurgimento” dos modelos portugueses de gaita-de-fole e das suas músicas (à semelhança do que acontece em todo o contexto europeu, de resto) é tempo de aprender o que de bom e de mau se fez na Galiza – aprender com a experiência, mas também, com os erros.

A organização está a cargo da Escola de Música C.C. Sanfins de Rebordáns (Tui). O colóquio-debate terá início a partir das 20:30h (hora espanhola), seguindo-se um jantar, com as actuações informais dos músicos presentes a prolongar-se pela noite dentro.
Continue reading colóquio galego-português em Tui

Presentación da Revista MURGíA

Número especial sobre MúSICA PATRIMONIAL GALEGA

VENRES 26 DE NOVEMBRO
20.30 horas no CASINO de LALíN

A seguir concerto para frauta traveseira e acordeón diatónico.