ATENEO FERROLáN

Enviamos as ACTAS correspondentes á decisión do Xurado do XV CONCURSO DE
GAITA GALEGA
CONSTANTINO BELLÓN” en relación co PREMIO DE COMPOSICIÓN e a concesión da GAITA DE OURO e GAITA DE PRATA. SAÚDOS e AGRADECEMOS DIFUSIÓN.

A FINAL E ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 31 DE AGOSTO EN FERROL.

Descarga o Documento.

traxes de gala roubados

Ola!

Solicitamos a vosa colaboración para localizar 2 traxes completos de gala de home e 2 completos de muller que desapareceron co coche que roubaron a fin de semana do 15 de agosto en Vigo. O coche apareceu pero os traxes non.

Entre as pezas destacariamos varios panos antigos de seda, 1 chaleque verde de brocado, 1 mantón de manila negro antigo, 1 saia de pano con apliques de veludo, 1 saia de estameña, 1 traxe de raso de muller, outro de faena e outro de pano. Ademais tamén levaron 1 pandeireta de nogal e 1 tamboril de MON.

Pensamos que igual intentan vendelo a algún grupo ou tenda.
Se tendes algunha nova, por favor avisade a Luís Prego no teléfono 627 456 883.

Tamén vos agradecemos a máxima difusión desta mala nova
Moitas grazas

Concha Moares

BRINCADEIRA Grupo de Baile e Música Tradicionais www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 baixo 15703 Santiago de Compostela Teléfono (+34) 625 600 692

Festa do novo Tren do 3º Pé

Ola amig@s!

Informarvos de que moi cedo terá lugar a inauguración do noso novo local social, situado na rúa do Tren 5 baixo da Coruña!

Como ven sendo tradicional nas festas do 3º Pé farémola en domingo (por iso de atender ó gremio d@s taberneir@s), e nela haberá música, actuacións,
petardeo e todo iso…

A festa será o 28 de agosto… dende as 8 da tarde ate que unha hora “razonable”… As cervexiñas serán a precios populares e haberá pinchitos de balde como en toda inauguración que se precie.

Por outra banda andade con ollo… estamos a piques de actualizar a nosa páxina web coas novidades de cara ao curso que entra… que para adiantar pistas arrincará o luns 10 de outubro.

Pero para iso aínda queda moito… hai esta festa e outra por todo o alto a finais de setembro… asi que… ide preparando o corpo!

Unha aperta, moitos bicos, repeniques e titiriteiros achuchos.
Muak!

Empeza a XXI Algarabía de Lalim

comeza a Algarabía de Lalim.
23 anos de história.

uma festa albarobiutópica donde todo é possível e nada está mal visto o reflexo dum povo esquizofrénico uns fulanos saindo dum ovo numa espécie de triciclo unha festa da integraçom, creaçom e participaçom de balde denúncia, jogo, imaginaçom, sono… algo de todo o mínimo de nada crítica positiva e negativo.
algarabia, algo proibido numa infáncia feliz um evento esteticopolíticosocial.

Em Lalim desde o km 0 por 0 euros fai-se cada ano uma festa da creatividade cómplice e da improvisación mental.
No mundo do consumismo e do capital uma albarabia ao ano é fundamental.
ALGARABIZA-TE.
Continue reading Empeza a XXI Algarabía de Lalim

Finalistas Constantino Bellón 2005

En Ferrol, o día 18 de xullo de 2005, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Madalena, 202, o XURADO do 15º Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLóN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Carlos Icaza Boado
D. Xoán Rodríguez Silvar

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requerían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar os seguíntes finalistas:

Continue reading Finalistas Constantino Bellón 2005

Resultados do Memorial Ricardo Portela 2005

Os resultados do Memorial Ricardo Portela 2005 foron os seguintes:

1º premio: Folla de Hedra.
2º Premio: Os Enxebres.
3º premio: Seitura.

Premio especial toque pechado: Os Enxebres.
Premio especial á mellor interpretación dunha peza de Ricardo Portela: Picuíña.

Certame Teatro Afeccionado Daniel Cortezón

Como maneira de honrar a un dos nosos máis notables dramaturgos, Daniel Cortezón, e de apoiar, ao tempo, as artes escénicas e a creación amateur de innumerabeis compañías que existen por toda Galiza, a Concellaría de Cultura de Ribadeo organizou para esta semana a:

II Mostra de Teatro Afeccionado “Daniel Cortezón”

Auditorio Municipal de Ribadeo
13, 14, 15 e 16 de Xullo
Ribadeo, 2005

Continue reading Certame Teatro Afeccionado Daniel Cortezón

Xochilmica, elixidos polo público como gañadores do Certame Runas

O público de Ortigueira falou. Xochilmica é por decisión dos festivaleiros que se congregaron a media tarde no escenario adicado ás bandas noveis o gañador do Certame Runas 2005. O grupo compostelán pegará o salto ao Escenario Estrella Galicia da próxima edición do Festival.


Continue reading Xochilmica, elixidos polo público como gañadores do Certame Runas

O Certame Runas de Músicas do Mundo Celta xa ten finalistas

O Certame Runas de Músicas do Mundo Celta xa ten finalistas. Media ducia de bandas non consolidadas da Península , competirán no palco de tarde de Ortigueira os días 9 e 10 de xullo por facerse un oco no escenario principal do 2006. Son Xera, Driade, Kukuma, Dazkarieh, Madialeva e Xochilmica. Os folkies terán agora a palabra.


Continue reading O Certame Runas de Músicas do Mundo Celta xa ten finalistas

Carnota VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional

Texto extraído da página do CCG (www.consellodacultura.org)

AS VI XORNADAS INTERNACIONAIS DE CARNOTA ANALIZARÁN A FÓRMULA DE FUTURO DA CULTURA TRADICIONAL

O Concello de Carnota celebrará as VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional o próximo 24, 25 e 26 de xuño baixo o lema “A fórmula do futuro: G=(I+D)2”, é dicir, Galicia= (Identidade + Diversidade) x (Innovación + Desenvolvemento). O encontro contará con tres días de concertos, conferencias, coloquios e exposicións na que participarán destacados persoeiros da cultura galega, como Xosé Luís Barreiro, Margarita Ledo, Miguelanxo Prado e Nani García.
Continue reading Carnota VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional

Xa temos os gañadores do CONCURSO MUNDIAL

Parabéns aos gañadores do Concurso Mundial da Páxina de Os Cempés

Ante a morea de respostas que chegaban ao noso correo ampliamos de 4 a 10 o cupo de acertantes con dereito a premio, (Un exemplar do novo CD de Os Cempés “11 anos” e un cartaz, os dous firmados polo grupo).

Moitas gracias polo voso interés, e unhas instruccións:

Mandade o voso enderezo Postal a info@oscempes.com dende a mesma conta que usachedes para mandala resposta, así evitaremos fraudes e que non leven o premio os mortos como pasa en outros concursos….

@s Gañador@s:

Xan Pampin,
Manuel Rey,
Xavier Rodrigues Somoça,
Luis G. Corral,
Alberto Martínez Calvo,
Ana Fernández,
Marta Pérez Freire,
Tito Parada Cabaleiro,
Jose Fidalgo Perez,
Henrique Macías

Mirade as respostas fallidas e mais cousas en oscempes.com

Xosé Manuel Budiño inicia una gira internacional como telonero de Van Morrison

Xosé Manuel Budiño será telonero de Van Morrison durante el concierto que el León de Belfast ofrecerá en las Islas Hébridas (Escocia) el próximo 14 de Julio dentro del festival Hebridean Celtic Festival.

Con anterioridad el músico moañés se habrá ido a México DF para participar en el Festival Internacional de las Culturas de Ollin Kan de Tlalpan, además de visitar Portugal, realizar una gira por Italia, actuar en el festival de Torwbridge y el Festival de la BBC en Cambridge, ambos en Inglaterra, y regresar de nuevo a Escocia para actuar en el más importante festival celta de las Islas Británicas, que se celebra en Glasgow, entre otras presentaciones de Zume de Terra previstas.

Información Cempes e Festival de Cans

Benquerid@s amig@s:

Despois dunhas pequenas vacacions, motivadas fundamentalmente polo Festival de Cans, esta semana, voltamos cunha nova programacion, da
cal de momento ainda soio vos podo adxuntar o cartel, xa que os tripticos
ainda estan pendentes de facer.


Organizado pola Asociacion Cultural Arela este mércores
25 ás 22:00 horas teremos unha sesion na que se proxectara unha seleccion
das mellores curtametraxes do Festival de Cans. Seran en
total seis curtas entre as que estaran as catro premiadas. O prezo da entrada
e 2 euros e gratuita para os socios do Liceum. As curtas que se proxectaran
son “Intensidade”, “A boa caligrafía”, “A teoría do espello” e “Onde non
o esperas” de ficcion, e “Minotauromaquia, Pablo no labirinto” e “Corten”
de animacion. Adxuntamosvos unha nota de Arela onde se fala do acto mais
polo miudo.


O venres voltaremos a un dos nosos xeneros favoritos o folk,
da man de Os Cempes o grupo ferrolan mais divertido cumple once anos de existencia e cos “Cempés” no chan, fan un repaso a todo este tempo de bos concertos e troula sen medida. Fagamos
un breve resumo: Un
curriculum envidiable que os
levou os principais festivais de Galicia, España, Francia, Portugal e Noruega.
Catro C.D.‘s no mercado: ¡¡ Opa iii !!, Capitán Re, Circo Montecuruto,
e o seu ultimo, Moe a Moa, foron fieles os obxectivos que os levaron
a ser un dos grupos con mais personalidade da actual escena folk de Galicia,
algo tan sinxelo ou complexo segun se mire, como facer bailar i emocionar o
publico coa sua musica. E despois de todo esto, o recopilatorio:
Os once anos,
cun feixe de pezas entrañables, algunha que outra
sorpresa, e varios anticipos do seu inminente cd. Os once anos, nace e se
reproduce nos concertos dos Cempes, que sera o unico punto de venda deste
raro exemplar que ven ensamblado co selo inconfundible da festa de Os Cempes.


Sera o venres 27 de Maio as 23 horas. Os prezos 6 euros, 5 anticipada e 3 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo
a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar
man da nosa paxina web www.barliceum.com que ainda non esta actualizada pero esperamos tela para a semana, ou das suas: festival
de Cans: www.festivaldecans.com, Cempes
www.oscempes.com


Unha aperta moi grande
Paco Quintas

Contactos:
Paco Quintas: 986-330520 Traballo 986-330740 Casa 670-016754 Telemóbel


Paxina web: www.barliceum.com

Os cempés :: once anos
festival de cans no bar LICEUM

COLECTIVO OPAII – RÁDIO FILISPIM en breve no ár!

O colectivo OPAII, segue a celebrar asembleas abertas co obxecto de organizar as emisións en probas de Rádio FilispiM. A vindeira terá lugar o xoves 26 de maio ás 12:30 am, no Ateneo Ferrolán.

Actualmente as xestións van dirixidas á instalación da antena-dipolo no Ateneo Ferrolán, non descartando que nun futuro poida utiliizarse un radio-enlace para sacar todo o partido posíbel ao emisor, recentemente adquirido.

Ao tempo habilitarase un “estudio” provisional no propio Ateneo, co material de baixa frecuencia de que dispomos.

O punto do dial que acollerá a “sintonía filispimniana” será obxecto de estudio e debate.

Seguiremos informando en vindeiros ciber-informativos.

1000 persoas no estreno de HAI QUE BOTALOS. Comeza a DISTRIBUCIÓN.

REDE DE DISTRIBUCIÓN E EXHIBICIÓN
“Hai que botalos”, 24 olladas sobre a Galiza de Fraga

[19/05/2005 19:42] Máis 300 voluntarios e voluntarias, entre escritores, guionistas, realizadores, actores, técnicos de son, etc. amparados baixo a Plataforma Burla Negra comezaron a traballar o pasado mes de novembro na creación dunha longametraxe que retratara, a través de múltiples olladas, as principais carencias do país, as “estafas” fundamentais dos 16 anos da Era Fraga e que, sobre todo, mobilizase o voto nas eleccións autonómicas. Así nacía Hai que botalos, que se estrea o domingo 22 no Teatro Principal compostelán.

O traballo desinteresado destes e destas profesionais, centrado na alternancia política en Galiza, é un dos puntos máis meritorios do proxecto, non subvencionado, para o cal se distribuiu unha cantidade de diñeiro simbólica por produción (menos de 100 euros). Unha produción alternativa e sen precedentes no noso país grazas a que está rodada en galego, feita en Galiza e con profesionais galegos e galegas.

A partir do 22 de maio comezará a “campaña electoral” para Hai que botalos: pins, camisolas, pegatinas, cartazes, etc… Todo o necesario para que o filme, logotipo e idea cheguen a calquera recuncho do territorio, galego ou non. Pero dende agora xa se poden reservar copias deste traballo que ademais promove o copiceibe.

A través da web de Arredemo, a Rede de Acción Sociocultural, calquera internauta interesado no tema pode acceder ao formulario de distribución da película. Desa “rede de distribución” forman parte arredor de 150 persoas e colectivos, ata o de agora, en disposición de organizar presentacións do filme e distribuír copias do traballo co obxectivo de ‘botalos’ o 19 de xuño.

ENTRA EN www.arredemo.info

Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

O domingo 22 de maio de 2005 tivo lugar no Museo da Limia (Vilar de Santos) a apresentación do “Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional”.

O acto converteu-se nunha festa para todos os convidados, auténtica xuntanza de músicos tradicionais. A vitalidade dos mesmos levou a pensar en organizar unha xuntanza anual con todos eles: Xuntanza de Músicos Tradicionais da Limia.

O bó ambiente e a animación foron constantes durante a xornada festiva onde os protagonistas da obra, os músicos que axudaron á elaboración da mesma, desfrutaron compartindo música e experiéncias vitais cos seus colegas e con todos os asistentes ao acto.
Continue reading Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

Sae á luz www.terceirope.com

Ola amig@s!

mandoume un e-mail Ugía para que enviase unha nova a folque.com e enlazara a nosa páxina pero levo toda a tarde e non dou feito.

Gustaríame que se podedes o fagades vós por min ou me enviedes un e-mail explicándome como teño que facer para enviar eu as novas ou propoñer os enlaces.

Para a nova o texto pode ser o seguinte:
O 3º Pé comezou a dar os seus primeiros pasos en Coruña en novembro do ano pasado. Sete meses despois podemos dicir que algo se move en Montealto. Unha programación estable de obradoiros permanentes e intensivos, e dúas festas quedan como balance da nosa andaina até o de agora.

Pero agora estamos a medrar, e ademais de presentar a nosa páxina web www.terceirope.com, queremos lanzar outra campaña de obradoiros intensivos para o verán; celebrar a nosa 3º festa, editar unha publicación trimestral ou moitas sorpresas máis.

Botádelle un vistazo á nosa páxina; e ide-vos preparando para o que está por vir.

E nada mais; graciñas dende Montealto.
Estamos en contacto.
Biquiños.

Meniños Cantores na ponte internacional de Tui-Valença

Xoves 19 de maio, 11hs. a 13 hs. (hora galega)
Ponte de ferro Tui-Valença

O proxecto Meniños Cantores, promovido por Ponte…nas ondas!
é un traballo das escolas galegas e portuguesas para a Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO.

Este xoves gravarase un videoclip do seu tema central con 500 nenos e nenas
das escolas galegas e portuguesas que participan no proxecto [+
info: www.opatrimonio.org
] na ponte de ferro sobre o Miño entre Tui
e Valença do Minho.

Esta imaxe pretende ser o símbolo do canto das dúas comunidades
na defensa deste patrimonio común nun espazo (Tui-Valença) que tamén aspira
a ser proclamado patrimonio da humanidade. Este tema (acompañamos letra) xa
foi gravado en estudio e agora vai realizarse o vídeo que se integrará no DVD
que acompañará o disco-libro.

A gravación está prevista realizarse entre as 11 hs. e as 13
hs.galegas cun completo equipo técnico do estudio de gravación Casa de
Tolos, coordinado por Segundo Grandío, que desplegará as súas cámaras
por terra, auga (nunha embarcación) e aire (un helicóptero).

O Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença do Minho
colaboran na organización e nos medios loxísticos para a realización deste traballo.
Os centros educativos e as respectivas Câmaras e Concellos tamén axudarán nos
desprazamentos dos xoves.

Continue reading Meniños Cantores na ponte internacional de Tui-Valença