Resultados do “I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira”

O resultado do “I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira” Foi o seguinte:

    Grupo gañador: “OS CHAFARICOS” de Alfoz (Lugo) cos temas Vals Lembrandoche (X. Bandín) e a Rumba Olla como se peneira (X. Lois Romero)

    2º Premio: “OS FONTESUAIRAS” (A Coruña). ¡Ei,… Moneixas! (Rep. Os Dezas de Moneixas). O rodicio (A. Anta Seoane)

    3º Premio: “OS SETE ESTALOS” (A Coruña). O Escornabois (Agustín Sánchez).

A peza de interpretación obrigatoria foi Leila Doura de X. Lois Romero.

Este primeiro concurso celebrouse dentro da “I Xornada do Folclore e da Gaita” organizada pola Escola de Gaitas de Ortigueira. Dentro dos actos houbo alboradas, desfiles, xantar popular e concertos. Participaron mais de vinte agrupacións ademais de moitos gaiteiros de xeito individual convertindo esta xornada nun día de xuntanza e de festa.

Escola de Gaitas de Ortigueira

Con motivo do 30 aniversario da fundación da Escola de Gaitas de Ortigueira, esta institución está a organizar a “Iª XORNADA DO FOLCLORE E GAITA” que terá lugar en Ortigueira o vindeiro sabado día 14 de maio.

A xornada quere reivindicar o papel da gaita galega dentro da cultura tradicional lonxe de estereotipos importados e alleos á cultura galega.
Continue reading Escola de Gaitas de Ortigueira

Presentacion de Ginga – Portugal

Los Conimbricenses Ginga son un grupo de músicos actuales, que vienen de muy diversas ramas musicales. Participaron en diferentes grupos hasta que decidieron montar un bonito proyecto: La pasión por lo suyo, por lo que es de su tierra, por sus raíces en definitiva, les ha llevado a indagar en su tradición musical. Por ello beben de las fuentes de grupos folclóricos, de cancioneros tradicionales, y todavía también de personas cuya edad y vivencias les han permitido soñar con épocas remotas. Confiesan que este trabajo les ha ofrecido bonitas recompensas.
Continue reading Presentacion de Ginga – Portugal

Primeiro disco de Donicelas

O grupo de Pandeireteiras Donicelas, de Salceda de Caselas, sacará o seu primeiro disco entre finais de maio e principios de xuño. O disco, que leva por nome “Que nunca foi abalada” conta coa participación de grandes amigos do grupo, como son Treixadura, Orfeón Treixadura, Tino Baz, Magoia Bodega e Paulo Nogueira.

Manuel Fraga salienta a contribución de Xosé Luis Foxo á cultura da gaita

15-03-2005
O director da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense presentoulle ao titular do Goberno galego a sexta edición de Os segredos da gaita.

O presidente da Xunta recibiu, no seu despacho de San Caetano, a Xosé Luís Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, quen lle presentou a Manuel Fraga a sexta edición do libro Os segredos da gaita. Trátase dunha edición corrixida e aumentada, e “un dos intentos máis serios de ensinar a gaita cientificamente”, segundo Foxo. Manuel Fraga, doulle a noraboa ao autor da obra, salientando ademais a contribución que ten realizado “á cultura da gaita”.
Continue reading Manuel Fraga salienta a contribución de Xosé Luis Foxo á cultura da gaita

Fin á guerra das gaitas?

maré. Santiago

O Concello de Vilagarcía non lle cederá o auditorio municipal á Deputación de Pontevedra para albergar unha das cinco subsedes da Escola da Banda de Gaitas impulsadas pola institución, se esta non chega a un consenso cos colectivos de gaitas da bisbarra que non aceptan o modelo de formación que a Deputación quere implantar nesta zona, segundo informou onte o Gabinete de prensa da capital arousá.

O concello tomou esta decisión salomónica para solucionar a tensa polémica suscitada nos últimos días cunha reunión que mantivo onte o alcalde de Vilagarcía, Javier Gago e o edil de Cultura, Roberto Araújo, con representantes e portavoces dunha trintena de colectivos que lles reiteraron o seu descontento polo modelo de formación anunciado pola Deputación que prima as grandes bandas de corte escocés en detrimento do modelo máis reducido da cultura tradicional galega na que os grupos están integrados só por 3 ou 4 membros.

Segundo se puxo de manifesto nesta reunión, aínda que nun principio se quixo centrar a polémica no tipo de gaita que quere promover a Deputación, seguindo o modelo escocés e non o galego, non obstante, o problema de fondo reside en todo un modelo de formación que favorece a creación de grandes bandas como as impulsadas por Baltar en Ourense e que, ademais de supoñer “unha competencia desleal”, perciben a maioría das subvencións fronte ás formacións tradicionais.

O Concello vilagarcián reiterou onte así o seu apoio ós colectivos que hai uns días protestaron contra a proposta inicial que formula a Deputación de Pontevedra ao temeren que “esta escola pode ser un primeiro paso para a implantación nesta comarca dun modelo de música totalmente alleo á súa tradición, historia e realidade”.

GALICIA HOXE

Gaiteiros de cámara

O que quixo ser unha sorte de regueifa gaiteira estivo a piques de quedar nun concerto didáctico. E se non o fixo foi porque no palco do Teatro Principal o acreditado poderío instrumental de Óscar Ibáñez e máis Edelmiro Fernández superou vicios que hoxe semellan xa inexpugnábeis para a escenificación en vivo da música tradional galega.

Aquel vello dito popular de que a maldición do gaiteiro é a de pasar cando menos media vida afinando, estivo en transo de ser corroborada nunha actuación que, cunha hora longa en escena, cobrou cando menos 20 minutos en afinacións varias de gaitas diversas. E tal cousa hoxe non debería ser de recibo e menos se agacha unha sorte de impostura de cámara pola que, equivocadamente, se pretende ofrecer unha apócrifa demostración de seriedade musical ao instrumento da gaita.
Continue reading Gaiteiros de cámara

O Certame Runas de Músicas do Mundo Celta 2005 xa ten semifinalistas

29/04/2005] Segue adiante o Certame Runas de Músicas do Mundo Celta. A dirección artística do Festival vén de facer públicos os nomes dos semifinalistas do concurso de promoción de bandas noveis ou non consolidadas dentro do panorama folk da Península. Grupos de Galicia, Asturias, Portugal, Castela e León, Asturias, Cataluña, Estremadura e Euskadi figuran entre os elixidos.

Son un total de vinte formacións de entre as que sairán as seis finalistas- agora un xurado de críticos musicais as seleccionará tras avaliar os seus traballos- que estarán no palco de tarde de Ortigueira, o Runas, durante os días 7, 8, 9 e 10 de xullo competindo por facerse un oco no escenario principal en 2006. O nome dos gañadores, por primeIra vez, decidirano de forma democrática e directa o público asistente aos concertos

  • DIVERTIMENTO FOLK – CASTILLA
  • MADIALEVA – GALICIA
  • FIANDOLA – GALICIA
  • ACETRE – EXTREMADURA
  • LINHO DO CUCO – GALICIA
  • DRIADE – GALICIA
  • XOCHILMICA – GALICIA
  • IÑAKI SANTIANES ASTURIAS
  • NUS – GALICIA
  • XERA – ASTURIAS
  • RUXE RUXE – GALICIA
  • ALANN BIQUE – GALICIA
  • KUKUMA – EUSKADI
  • SOG TRISCA – CASTILLA LEÓN
  • DAZKARIEH – PORTUGAL
  • BARDOS Y DRUIDAS – CASTILLA LEÓN
  • LA COLLÁ POPINDE – ASTURIAS
  • BAUMA – CATALUÑA
  • BELTANE – PORTUGAL
  • TERRAE IGNOTA GHARAN – CATALUÑA

Nordesía Produccións presenta o seu Roster 2005

TRAVESíA 2005
A diversidade cultural move o mundo e a música é un dos seus principais medios de transporte. En Nordesía Produccións somos conscientes dese feito nun século, o que nos toca vivir, necesitado da comunicación entre xentes e culturas distantes na xeografía do globo. A nosa experiencia indícanos que a pluralidade das músicas do mundo, sen resultar paradóxico, ten un efecto de cohesión e afonda no entendimento universal.

Continue reading Nordesía Produccións presenta o seu Roster 2005

Reunión con José Juan Durán

O xoves dia 28 de abril de 2005 tivo lugar a primeira reunión co sr. José Juan Durán Hermida (Vice-Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura).

Á reunión asistiron, ademais do antedito Deputado, o Xefe de Servizo da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, e, pola outra banda, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.
Continue reading Reunión con José Juan Durán

La creación de una escuela de gaitas enfrenta a músicos y Diputación

AROUSA :: Edición Impresa :: 17/04/2005
La creación de una escuela de gaitas enfrenta a músicos y Diputación.

Una treintena de formaciones se oponen a que esta iniciativa desembarque en Vilagarcía. También critican a Gago por dejar las instalaciones a merced de la institución provincial.

Ligazóns relacionadas:
La Voz de Galicia :: Arousa 01
La Voz de Galicia :: Arousa 02
Diario de Arousa
Faro de Vigo :: Arousa

MIRADE A RESPOSTA DA DEPUTACiÓN:
La Voz de Galicia
Continue reading La creación de una escuela de gaitas enfrenta a músicos y Diputación

El grupo Arrás!! se lleva la sexta edición del certamen de folk de Radio Obradoiro

Foi unha decisión meditada e difícil para os cinco membros do xurado, que tiveron que deliberar máis do normal, pero finalmente proclamouse vencedor do sexto Certame Folk Radio Obradoiro o grupo Arrás!!, unha formación na que a maior parte dos seus membros son de Santiago e que todos temas que interpretaron eran de creacción propia. Os mozos demostraron as súas grandes cualidades encandilando ós moitos espectadores que encheron, un ano máis o Teatro Principal de Santiago.


Continue reading El grupo Arrás!! se lleva la sexta edición del certamen de folk de Radio Obradoiro

Expertos en folk no xurado do VI Certame de Radio Obradoiro

O emblemático escenario do teatro Principal de Compostela acollerá o vindeiro venres, 1 de abril, a final do VI Certame Folk Radio Obradoiro. Chegarase así ó desenlace dun concurso que cada ano se consolida no panorama galego, e que segue a ser o único que se celebra en Santiago. Desta volta, e tras o proceso de selección de finalistas, son catro as formacións que optan ó primeiro premio, a gravación dun disco.
Continue reading Expertos en folk no xurado do VI Certame de Radio Obradoiro

Nova Galega de Danza nominados aos premios MAX

A Compañía Galega “NOVA GALEGA DE DANZA” está nominada aos premios MAX na categoria de mellor espectáculo revelación na VIII edición dos premios. 14 de marzo no Teatro Buero Vallejo de Guadalajara.

O espectáculo da compañía, ALENTO, é o resultado criativo iniciado anos atrás polos bailaríns Vicente Colomer e Jaime Diaz na parte coreográfica e Xosé Luis Romero na parte musical. Alento é a búsqueda dunha nova estética para a danza feita en Galiza.


Continue reading Nova Galega de Danza nominados aos premios MAX

Duas notícias de gaita. Pepe Vaamonde + Norberto Pablo Cirio

  • Pepe Vaamonde, um dos mais prestigiados gaiteiros galegos,
    lançou agora o site do seu grupo, (www.pvgrupo.com)
    em Abril e que conta com convidados de peso, como o gaiteiro escocês
    Fred Morrison (Capercaillie), John Joe Kelly (Flook), John McSherry
    (Lunasa) e Xavier Cedrón (Luar Na Lubre) e com as vozes convidadas de
    María Vidal e Xurxo Fernández.

  • De Gaitas e Charangas: Conferência em Pontevedra No próximo
    dia 16 de Fevereiro, Quarta-feira, o antropólogo argentino Norberto
    Pablo Cirio levará a cabo uma conferência na Sala Sargadelos de Pontevedra
    (Galiza) com o título “De Gaitas e Charangas na Argentina. A visão de
    um emigrante”, a partir das 20:30 horas (hora espanhola). Norberto Pablo
    Círio dedica-se há muitos anos ao estudo dos fenómenos identitários
    e musicais da comunidade galega na Argentina (cuja emigração nesse país
    é bastante numerosa) e possui uma das visões mais completas e interessantes desse fenómeno e dos seus resultados na cultura musical galega.

  • Premios Opinión

    —- Os tres Gañadores dos IV Premios Opinión

    Xosé
    Manuel Budiño
    acada o primeiro posto como mellor disco galego
    folk do ano 2004, con Zume de Terra, na IV edición dos Premios Opinión.

    A segunda posición foi para a orquestra folk SondeSeu,
    co seu disco de debut discográfico titulado Mar de Vigo.

    A terceira praza foi para Susana Seivane con Mares de Tempo. A
    gaiteira é a única artista que ten dous premios Opinión
    no seu palmarés, posto que xa acadara un na primiera edición.

    A cuarta praza foi para Luar na Lubre, o quinto lugar para Carlos
    Beceiro
    e a sexta praza para o grupo Nao d’Ire. (outros debutantes
    no eido discográfico).

    Tamén obtiveron votos do xurado, formado por nove
    xornalistas, a banda Brath, Miro Casabella e os Quempallou.

    Xosé Manuel Budiño publica na súa web novo material multimedia

    Budiño despide o ano na sua web cunha colección de 232 fotografías
    inéditas
    que son o repaso de diverso material multimedia recollido nos últimos
    anos.

    Entre este material están fotografías dos diversos espectáculos
    levados a cabo durante este ano: Ortigueira, Vic, Etnosur, Festa dos Mundos
    […]

    Non te perdas esta colección: galeria
    fotográfica de Budiño
    .

    O concello de Pontevedra e Ouvirmos presentan: SOCIEDAD POLIFONICA DE PONTEVEDRA

    Un novo disco da Colección “A Tiracolo”:
    Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
    “Unha Voz na Polifonía Europea”

    Venres día 10 no Teatro Principal ás 20.30 h.

    No panorama do Coralismo galego dos anos 20, a Polifónica foi unha xanela aberta a Europa. En contacto coas correntes historicistas do neoclasicismo deu lugar a algo completamente novo que se converteu nun ronsel a seguir por outras moitas formacións. Unha voz na polifonía europea emanada desde Pontevedra na que se recolle ademais a faceta musical dun dos grandes referentes do galeguismo: Alexandre Bóveda.

    Xa disponíbel en www.ouvirmos.com

    Novo traballo da artista MEIRA ASHER

    www.meiraasher.com

    Woman see lot of things, é o novo traballo da artista Meira Asher.
    Composións de sons de voces, historias e sons ambientais de tres ex-nenas combatentes de Serra Leona. Este traballo ten un libro con 160 páxinas de varios autores, textos das mulleres e documentación de parte das instalacións feitas durante o proxecto. As ganancias xeradas pola venda deste Cd libro destinaranse a apoiar a educación do terceiro mundo e as propias mulleres de Serra Leona.

    MOXENAS: A Memória do Som

    Moxenas: a Memória do Som
    As Edicións do Cumio vão apresentar em Vigo (Galiza) no dia 2 de Dezembro, às 20:00 horas, no salão nobre da Escola de Artes e Ofícios (anterior Universidade Popular de Vigo) o livro-DVD “Moxenas, a Memoria do Son. Vida e obra dun gaiteiro da Comarca de Vigo” do musicólogo Miguel Pérez Lorenzo, sobre o gaiteiro galego Nazario González Iglesias, mais conhecido por “Moxenas”.
    Continue reading MOXENAS: A Memória do Som