jump to navigation

www.folque.com lava a cara

16 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

www.folque.com, o portal web de aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular e referencia nos últimos 7 anos para os interesados nas músicas populares do mundo vai renovarse cunha nova imaxe e prestacións, deixará de ter unha apariencia blogueira para adaptarse novo proxecto folque. Seguirán existindo as seccións básicas informativas das actividades do Centro e a Revista do mundo folque ademais de espazos para descarga de documentos, vídeos, MP3, loxa,…
O lanzamento da nova web está prevista para o xoves 18 de xuño nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Botaremos de menos esta versión 3.0 os que levamos tempo adoitados ao seu entorno pero damos a benvida ao novo portal.

Haberá un espazo reservado para os históricos e haberá unha ligazón  tanto a esta versión como as anteriores  de folque.com.

O enderezo xeral para a nova andaina segue a manter info@folque.com como mail xeral a onde podedes seguir enviando novas e anuncios para que se suban á revista de portada.

Confiamos en que sigades enviando toda esa informacion que fan deste portal un espazo para a difusión da música galega.

Pois até logo.

Comunicación Folque

novafolque

Festas de San Pedro en Santiago

16 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

sampedro

sampedro2

Novo número de Etnofolk

15 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Xa está á venda o novo número de Etnofolk, revista galega de etnomusicolxía cun monográfico á cargo do Instituto de Etnomusicologia-Centro de Estudos em Música e Dança da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade Nova de Lisboa.etnofolk12

SUMARIO:

Información e pedidos:

http://www.dosacordes.com/web/tienda.php?ide=99

Hana Bi (flores de lume) en New York

15 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

hanabiRecentemente a coreógrafa galega Mercé de Rande, estivo actuando en Nova Iork co seu espectáculo “Hana Bi” (flores de lume) no Green Space Studio, un espazo adicado á danza contemporánea no barrio de Queens, dentro da programación do Multiformity Festival argallado polo Queens Council que tivo lugar en diferentes puntos deste barrio no mes de xuño e que se clausurou onte.

Na velada participaron ademais outros bailaríns e coreógrafos coma Liz Matias/Victoria Bartels, Mana Kawamura, Erin Pride Dance Project, Amy Secada, Valerie Green/Dance Entropy ou Sarah Council Dance Projects.

Mercé que hai pouco deu un curso dentro dos monográficos’09 de aCentral Folque é a fundadora e directora artística da compañía Á Mercé das CirKunsTanzias, xoga con 3 palabras de orixe alemán e co seu propio nome para completar unha expresión galega que reflexa o espíritu de creación do grupo. Cirkunstanzias é o vocablo mixto alemán-galego que integra as 3 disciplinas básicas na concepción desta compañía, nas que vai desenvolve-la sua actividade, contempladas dende unha perspectiva estrictamente contemporánea. CIRKUS, circo KUNST, arte TANZ, danza No caso do circo, refírese sobre todo o componente clown que se desexa desenvolver a través da búsquedo do humor na danza, na expresión do movemento.

regueifa.org, nova web

13 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados
regueifa_org

A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop,  o poetry slam ou os match improvisadores.
Así se presenta esta web:

“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.

Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar.
Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.

Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.

Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional.
Contacto

Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Estrada Xeral de Valladares, 261
36315 Vigo – Pontevedra
Telf.: 986 467 053
Fax: 986 467 052

Correo-e:
oral@regueifa.org
cvallada@ctv.es

Tradicións populares do Paraná no Museo do Pobo Galego

11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados
divino

Mañá venres 12 de xuño ás 18 h no Auditorio do convento de San Domingos de Bonaval en Santiago, haberá unha proxección audiovisual e un coloquio con Lia Marchi, a coordinadora do Projeto Tocadores, unha iniciativa de pesquisa, documentación e divulgación de tradicións musicais populares que leva rexistrando durante nos últimos 10 anos a obra de cerca de 120 artistas populares no Brasil e Portugal.

O acto consistirá no visionado das dúas últimas películas documentais: “Dias de reis” e “Divino:”folia, festa, tradição e fé no litoral do Paraná.

Ao finalizar haberá un coloquio pra debatir, comentar ou facer preguntas a Lía Marchi.

Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva

11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

III_ENCONTROGAITEIROS.JPGComo en anteriores ocasións, Edicións do Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio). Neste ano, o certame chegará á súa cuarta edición e a organización agarda unha participación semellante ou superior á da pasada edición.

www.cumio.com

Dobre concerto no Carballiño

11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O vindeiro sábado 13 de xuño ás  19 h na Casa da Cultura do Carballiño e de balde haberá un concerto acústico e unha proxección de vídeo en solidaridade co pobo saharaui.

O domingo 14 ás 19.30 h no Centro Multifuncional do Carballiño xunto á estación de autobuses (O Carballiño) e tamén de balde o fin de curso da escola de Teatro do Carballiño.

Ás 21:15 Concerto: Noroeste Estraño, Roberto Sobrado con toda a banda: Gustavo Fernández (baixo eléctrico), Ariel Torres (guitarra eléctrica), Jesús Caramés (batería) e Germán Da Ponte (saxo).

Preparando os zapatos para ghastar pista!

10 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

imaxeXa falta pouco para o Baile Assalto que aCentral Folque está a preparar na Gentalha do Pichel. Será este venres ás 21.30 h no local da rúa Sta. Clara, 21 de Compostela.

Están confirmados os seguintes grupos: Dúo Fdez & Quintá, Estivada de Calo e Os Intrépidos do Ulla, e o dúo de acordeóns Sons da eira entre outros.

Levade algo de cartos se queredes poxar por algún dos obxetos que poñeremos a subasta e que persoal achegado áCentral Folque cedeu interesadamente.

Asamblea aberta sobre o estado da cuestión

10 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

 assembleia

Fica convocada esta asamblea aberta para discutir, propor, organizar e ofrecer recursos sobre a música galega. Será na Sala Nasa -R/San Lourenzo- en Santiago ás 12.30 h este sábado 13 de xuño. 

http://www.komunikando.net/