jump to navigation

Día da muiñeira en Coruña

5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

muineiraO vindeiro domingo 7 de Xuño, a Asociación Xuvenil Xacarandaina celebrará un ano máis o DÍA DA MUIÑEIRA.

O acto comezará ás 17.30 h. cun pasarrúas de tódolos grupos participantes, dende a Praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez. Nestes terá lugar a lectura do pregón e a exhibición dos grupos, que consistirá no baile todos a unha vez de tres muiñeiras (de 5 voltas e 4 puntos), con breves descansos entre elas.

Para finalizar o acto, entregaráselle un recordo conmemorativo do acto a cada asociación participante.
(máis…)

O soño de F.Leger, acción musical

5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

roteiroEste domingo 7 de xuño ás 12:00 na Praza do Toural temos unha cita interesante con “The three musicians” de Fernan Léger que aparecerán acompañados doutros músicos colegas na acción musical “O soño de Fernand Léger”. Trátase dun proxecto do que non existe unha proba previa no espazo real, é case unha tarefa de creación in situ onde a improvisación ten o seu lugar.

Forma parte do Roteiro de Creación ’09 unha cita que pretender atraer a arte ao público xeral.

Un solo e un septeto no Festival Vibracional

5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

ferranfagesContinúa o Festival Vibracional da Sala Nasa cunha dobre e suxestiva actuación iniciada polo catalán Ferrán Fagés e continuada por unha acción -concebida nos 50 en USA polo colectivo de arte experimental Fluxus- do Poema 1960, unha partitura para mobiliario e espazo.

Ferrán Fagés é un músico improvisador residente en Barcelona. Desde o ano 2000 involucrado en proxectos estables como Cremaster (xunto Alfredo Costa) e o trío Fages-Barberán-Costa Monteiro. No último ano empezou a preparar material para tocar en solo con dispositivos electrónicos despois de ter compartido experiencias con músicos como Norbert Möslang, Hill Guthrie e Jean-Phillipe Gross. Ten publicado mais de 20 discos en selos de España, Portugal, Grecia, Italia, Slovenia, Inglaterra, Francia, Estados Unidos e Xapón.

A continuación subirá a escena Poema 1960 peza para seis asentos de La Monte Young, que se cuestiona diferentes aspectos do feito musical. Que pasa se a música se despraza cara o que suxire, cara ao espazo de expresión inmaterial e ás imaxes que evoca? Podemos entender a música na súa dimensión pura e exclusivamente abstracta, efémera, intanxible, sen necesidade de ser nin tan só sonora? Que pasa se escribimos música sen notas? É a música únicamente son? Está a música ligada ao espazo onde se interpreta? Se para a maioría da poboación que asiste a concertos a música é un ritual e un conxunto de símbolos, que van desde os horarios do concerto ata a disposición de atriles e instrumentos no escenario, ¿podemos organizar unha peza a partir de instrumentos que non son propiamente interpretados, en auditorios nos que non escoitaremos música e aplausos ao final dunha peza?

O desconcerto do público, a irritación do espectador é intencionada e se verifica a través da súa inclusión no proceso de produción. A tese de que “todo home é un artista” de Joseph Beuys e Robert Filliou, apela directamente á aberta e creativa actitude do espectador diante dun produto artístico coma este.

Curso de improvisación libre en Coruña

5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

chefaCurso de improvisação livre, que vai ser impartido pola saxofonista e percusionista Chefa Alonso nos próximos dias 10, 11 e 12 de xuño en horario de 10:00 a 14:00. Terá lugar no Clube do Mar de San Amaro.

O prezo da matrícula é de 100 euros por 12 horas de curso. Preinscrição e informação no telefone 661474905. Limite de prazas: 15 por orde de inscrição

(máis…)

2 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

?????crechas xunho

Baile Assalto no Pichel

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

baile_asslato

aCentral Folque está a organizar coa Gentalha do Pichel o Baile Assalto, unha cita que xa é a terceira vez que se celebra onde poderás bailar agarrados e soltos ao son da música ao vivo de artistas do centro.  Prepara os teus mellores e máis cómodos zapatos para gastar a pista.

Ademais haberá unha poxa de obxetos folque relacionados coa vida do centro e dos seus profesionais.

Todo isto será ás 21,30 h o venres 12 de xuño no local da Gentalha do Pichel, no 21 da rúa Sta. Clara en Santiago de Compostela.

*Este local cumple coas normas locais do Concello de accesibildade para persoas con mobilidade reducida e un elevador para a pista de baile.

XXIII Día da muiñeira en Arteixo

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

muinheira

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

Descarga aqui a Muineira_inscripción.pdf

BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA

1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos

5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño.

As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:

6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal zona escolar), ás 17:00h.

7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)

Nova web de Casa de Tolos

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Sitios Recomendados
Comentarios fechados

casadetolosAcábase de lanzar a beta da web de Casa de Tolos polos seus 10 anos de vida.

Estrea da nova web, con máis contidos multimedia que iremos incrementando froito da actividade audiovisual diaria de Casa de Tolos.

Esta xente non para!

Treboeiro, orquestra galega de Bos Aires

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

treboeiro

A orquestra galega Treboeiro, un colectivo da Arxentina cos obxetivos de investigación e difusión musical pola súa web: www.treboeiro.es

Está dirixida por Raúl Expósito Gándara, discípulo de Manuel Dopazo e un dos integrantes do  grupo de acordeóns dos Irmans Moreira,  grupo mítico de orixe bergantiña que desenvolveron a súa carreira no Bos Aires dos 50 e 60 dos que se acaban de publicar as súas gravacións.

Acaban de publicar “Retornados do futuro” grabado neste 2009.

Lémbra!…

1 de Xuño 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Concursos,Formação,Novas
Comentarios fechados

Que terá lugar 5 e 6 de xuño en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva.

+info

cartaz