Nova web de Casa de Tolos
1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Acábase de lanzar a beta da web de Casa de Tolos polos seus 10 anos de vida.
Estrea da nova web, con máis contidos multimedia que iremos incrementando froito da actividade audiovisual diaria de Casa de Tolos.
Esta xente non para!
Linho do Cuco estrea blogue
8 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Nova Publicación,Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Linho do Cuco sùmanse à màis que necesaria aventura da rede e estrean este blogue donde poderàs seguir as novas do grupo asi como datas de concertos, adiantos do seu novo disco, fotos etc. Quedades avisados……..
Nova web de BoNoVo
27 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Pois si os compañeiros de BoNoVo estrean web, e abren a contrataciòn dende xa, ou sexa que señora, este veràn non contrate a Orquesta Suavecito e vaia mirando esta web, www.bonovo.org.
E deixese guiar polo aroma dinàmico, e asincopado destos tres llentelmans, e da sùa mùsica cremosa…………degusten e desfruten con paciencia este elixir sonoro…….
Rao Trio estrea Web
13 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Si como podedes ler este trio galactico inaugura un ferrado de bytes en internet coa sua nova web creada amabelmente por Diego Garrido
Comeza a actividade do Queique de què
2 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Este e un novo espazo dedicado a a recompilacion de historias variadas de temas de diversa indole e de interes xeral, poderiamos denominalo como outro irmanciño pequeno de folque.com sumandose asi a iniciativa de Oscar Fdez, de crear unha blogalaxia na orbita do noso satelite cibernetico, aqui vos deixo un enlace cara a el pra que empecedes visitar esta nova bitacora que construo esperando o voso apoio.
Cilindro con puas…….ja ja ja
2 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
En WordReference.com, diccionario on-line, atopei isto:
Diccionario de la lengua española © 2005 Espasa-Calpe S.A., Madrid:
zanfona, zanfonía o zanfoña
f. Instrumento musical de cuerda, que se toca haciendo dar vueltas con un manubrio a un cilindro con púas:
ya solo se ven zanfoñas en los grabados antiguos………….
Nova entrada na Blogosfera Musical…….Zona da Zanfona
26 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Oscar Fernandez profesor de Zanfona no CMTF firma ese blog, no que se poderán leer e ver e espera oir cousas da zanfona e algunhas das que se lle pasen pola cabeza a o autor ainda que non teñan que ver con ela.
Este proxecto contou con repercusion en prensa a nivel comarcal cunha publicacion no Faro de Vigo.
Dende o CMTF esperamos que esto sirva como aportacion para a divulgacion e coñecemento deste instrumento “atemporal”.
Páxina web FESTIVAL SERRA DE QUEIXA 2006
23 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios RecomendadosComentarios fechados
Ola amigos,
estreamos páxina web do Festival Serra de Queixa, que se celebra en Chandrexa de Queixa, provincia de Ourense. A páxina inda está por terminar, pero xa se pode consultar como chegar, datas e grupos.
www.serradequeixa.com
O Festival deste ano, ademáis de grupos Folk, contará con outros estilos e grupos para tódolos gustos, dende o folk máis tradicional ata a música electrónica, a fusión e a música de baile. Todo de balde na incomparable Serra de Queixa, con zona de baño, acampada gratis, sen masificacións e coa mellor música do país.
15 de XULLO 2006 – SERRA DE QUEIXA.
Balakandra. Os Cuchufellos. Guezos. GalegoZ. Autómatas Beat.
Visita: www.serradequeixa.com
Co verán afloran as webs….
20 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Sitios RecomendadosComentarios fechados
There isn´t barn without straw….
Coa chegada do verán son varias as agrupacións que estrean website…. aqui vos deixo dúas ligazóns pra que vaiades mirando o que se coce, seguramente recoñeceredes algunhas caras…
Komunikando.net
19 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios RecomendadosComentarios fechados
Komunikando é un punto de encontro na música galega non subvencionada. Tenta ser foro de debate para cuestionar o panorama vixente, recoñecer carencias, crear unha base estructural…
Esta iniciativa nace logo de 16 anos de pechazón e esquecemento por parte das institucións e administracións. Durante moito tempo, a música galega simbolizou esa imaxe tradicionalista e ancorada no pasado que o goberno de turno quixo promulgar.
Galiza, a súa xente, é rica en moitos aspectos e na música máis se cadra. Aquí cultívanse todas esas vertentes musicais que alimentan o mundo discográfico internacional. Esa riqueza foi esquecida polos propios medios de comunicación galegos, eses que deberían ser sensibles ao que se move na súa terra.
A música reflicte as diferentes cosmovisións que conforman Galiza, sen desbotar as opcións nunca representadas nun parlamento. É o soporte que dá voz aos desacougos máis íntimos dunha sociedade non sempre representada. En definitiva; un medio de socializar e democratizar a cultura e as expresións culturais.
visita: komunikando.net