jump to navigation

DOSACORDES

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Comentarios fechados

Unha empresa de servizos musicais creada no 2002 en Vigo.

O seu traballo dirixese hacia o ensino da música e a edición musical: partituras, materiais didácticos, literatura sobre música ou edición de material sonoro.

Dosacordes tamén prepara oposicións, organiza cursos de perfeizoamentos y aulas extraescolares.

_______________________________________
A revista n.4 Etnofolk con conteudos do CMTF pode-se mercar nesta pag. web.
www.dosacordes.com

Eixo Norte Galiza

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Comentarios fechados

O projecto do Eixo Norte Galiza, da Audiência Zero encontra-se em www.audienciazero.org/eixo.

É uma página composta por informação de eventos, entrevistas, fotos.
A AZ está também na comunidade do MySpace em www.myspace.com/audienciazero
E temos a cobertura fotográfica a eventos realizada pela AZ em www.audienciazero.org/galeriaaz/

audienciazero.org

Actualizado blog Ene-Agá

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Comentarios fechados

Agradecementos a Projecto Global e a Falcatruada.

Desde Ene-Agá queremos agradecer a Projecto Global e a Falcatruada o envio de material discográfico em galego que passara a formar parte da discoteca de Rádio Filispim.
Também queremos dar as graças a Tiro Na Testa que nos fixo chegar o seu último CD e a Zenzar que enviou a sua discografia completa.
Desde já toda esta música esta sonando no estudo filispiniano.

Obrigadas!

Visita Ene-Agá

Blog Em Movimento, pasa-o

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Comentarios fechados

Em Movimento – Festival da Língua

Escola Sinsal

30 de Maio 2006 - Enviado por Folque a: Sitios Recomendados
Comentarios fechados

Recomendamos a paxina viguesa de www.sinsalaudio.com, nela podedes atopar:

Escola Sinsal: 120 anos de música enlatada

¿De ónde saiu ese can de raza Nipper escoitando un Gramófono? ¿Podemos comprar cilindros novos hoxe en día? ¿Cál foi a primeira gravación galega? ¿Qué grupo de Rock gravou por vez primeira o seu disco nun magnetófono de catro pistas? ¿Qué eran as maquetas? ¿Cál foi o plátano máis famoso da historia? ¿Ónde naceron os picadiscos? ¿Cómo se fabrica un vinilo? ¿Deseñou Piccaso portadas de discos? ¿Qué é o Backspin? ¿Hai xiradiscos con tres brazos? ¿..e de chocolate? ¿Tódolos discos son de plástico? ¿Qúe é un Loop? ¿Cál é o mp3 ideal para escoitar música? ¿Cántas cancións entran nun disco duro de 4 gigas? ¿Cómo podo conseguir software gratuito? ¿…. e música gratis? ¿Cómo facer unha radio á carta? ¿Qué é un Videojockey? ¿Podemos facer scratch cun mp3? ¿…e cun video ou dvd? ……..Centos de preguntas estarán presentes na Escola Sinsal, un obradoiro itinerante por algúns Colexios Públicos de Vigo que iniciará o seu percorrido o vindeiro xoves 11 de maio. Esta iniciativa nace como unha actividade paralela á programación do Festival Sinsal: música para catro estacións, e quere achegar ata os máis pequenos un repaso histórico pola evolución dos soportes musicais, dende o Fonógrafo ata os recentes formatos comprimidos. Con este taller, a Escola Sinsal, tentará ensinar entre os estudiantes que os “soportes físicos” como os cilindros, os discos de vinilo, as casettes, etc, ademáis de levar sons gravados, tamén foron ferramentas que axudaron a evolucionar a música popular gracias a imaxinación dos Djs, músicos e productores.
escola_sinsal_plato.jpg
Pero a Escola Sinsal tamén vai a ser un compromiso coas novas tecnoloxías e a chamada música dixital que ten na actualidade nos “formatos comprimidos” un concepto diferente de gravar e reproduci-la música. Neste apartado o noso obxetivo estará en introducir ás nenas e nenos na edición musical por ordenador, usando software libre para que os alumnos poidan producir música tanto no Colexio como na súa propia casa. Con cada obradoiro da Escola Sinsal os rapaces dos colexios que visitaremos tocarán e gravaran unha canción para que poidan facerse unha idea de cómo se usan esas ferramentas.Por último a Escola Sinsal introducirá ós máis xóvenes, sempre demasiado preocupados polos xogos de ordenadores e/ou a descarga de arquivos na rede, na chamada Web 2.0: a web solidaria, participativa e interactiva. É obxetivo principal da Escola Sinsal educar ós alumnos nunha Internet que conta con algo máis que plataformas P2P para a descarga de música ou películas. Falaremos dos Blogs, das Podcast, a sindicación de noticias, os Net Labels, o Sofware libre, as Tags, os distintos formatos comprimidos como o MP3 ou o OGG, as diferencias entre o copyleft e o copyright, a free culture, e un longo etc.Tódalas actividades da Escola Sinsal poderán seguirse na Web de Sinsalaudio con fotos, vídeos e cancións.

ESCOLA SINSAL, a Escola máis divertida
11 de Maio CEIP O POMBAL
23 de Maio CEIP MOSATEIRO-BEMBRIVE