jump to navigation

Novidades Ouvirmos 08

6 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Fotos,Concursos,Lercheo,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Cántigas da Terra, novo disco de A Tiracolo

VR0114_portada_cantigas_da_terra_BAIXA.jpg

Portada Cántigas da TerraO coro galego folclórico por excelencia, Cántigas da Terra, leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variadísimo repertorio e o arquivo coral mellor conservado.

Editamos agora, como nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas A Tiracolo, os seus primeiros rexistros realizados en 1921 e 1928. Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

Dispoñíbel no teu punto de venda habitual a partir do 11 de febreiro.
Visita guiada e concerto en Mondoñedo

Cuarteto Las Margaritas, 1913

O próximo sábado día 9 de febreiro presentamos o Itinerario Histórico-Musical de Mondoñedo por todo o alto.

Pola mañá, visita guiada seguindo o roteiro proposto na nosa publicación. Sairemos ás 12h. da praza da Catedral acompañados polo noso guía turístico e técnico en patrimonio, quen nos mostrará todos os recantos musicais da vila.

Pola noite, fin de festa co concerto a cargo de Resonet. Ás 21:30h., no Auditorio, deleitarannos con pezas de música antiga e barroca, como as que se escoitaban na capela de música da Catedral mindoniense.
Celebramos un século de himno galego

Ouvirmos participa nos actos conmemorativos do século da estrea do himno galego na Habana.
Colaboramos na realización da exposición da Consellería de Presidencia A nosa voz. Cen anos do himno galego.
Encargámonos das restauracións sonoras das gravacións históricas do himno que se poden escoitar na mesma e descargar para dispositivos móbiles:

Gramofono e discos de lousa na exposición· o Himno a Galicia gravado en 1918 por Cantigas e Aturuxos e non reeditado até hoxe, restaurado especialmente para a exposición;
· o Himno a Galicia rexistrado por Cántigas da Terra en 1928; e
· o Himno galego gravado por Toxos e Froles en 1922, primeiro rexistro do himno na súa versión íntegra.

A exposición podedes visitala até o 28 de febreiro na igrexa de Bonaval, en Compostela.
Tamén achegamos, desinteresadamente, estas restauracións sonoras para a edición do libro e disco Os símbolos de Galicia, publicado polo Consello da Cultura e a Real Academia Galega.

CMTF en Barcelona

17 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Fotos,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O CMTF de Lalín (Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín) participou esta fin de semana en SONGALIZA, I Ciclo de Música de Galiza en Cataluña.

Un grupo de alumnos do centro lalinense trasladouse a Barcelona, onde actuaron a mañán do domingo na praza do Rei. Algúns mestres do centro tamén impartiron talleres de instrumento dentro do programa de actividades do ciclo. A experiencia foi moi positiva, tamén polo boa acollida por parte do público catalán.

concerto CMTF.JPG

Máis información:
www.songaliza.com

Este sábado comeza o derradeiro monográfico. APRENDIZAXE DE CANCIÓNS DO REPERTORIO TRADICIONAL GALEGO-PORTUGUÉS. Imparte J. Luis Do Pico Orjais (mestre de primaria, cofundador do CMTF e responsable da reedición do Cancioneiro de Inzenga). Sábado 19 de Maio de 10 a 14 e de 16 a 19. Matrícula 30 €.

Pantagruelic07……..asi foi en imaxes

20 de Febreiro 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Fotos,Novas,Pantagruelic07
Comentarios fechados

IMG_1741.jpg

Estes eramos os que estabamos pero non todos os que eramos, quero dicir que faltou xente, e moita dela a ultima hora.

Asi comezou todo às tres e media da tarde no Estacion en Botox, o que nos depararia o dia, tan sò o sabia, santo Torrisco……

(máis…)

Reportaxe fotográfico do curso de afinación e mecánica de acordeón

5 de Xullo 2006 - Enviado por Folque a: aCF Fotos
Comentarios fechados

Amig@s do mundo do acordeón e a lingüeta libre:
Por fin tivo lugar o esperado curso de afinación e mecánica de acordeóns co gran afinador vasco José María López. Foi no CMTF de Lalín os días 8 e 9 de Abril de 2006.

Info sobre o curso.
Aquí a reportaxe fotográfica:

Curso de Afinación Mecánica

(máis…)

Excursión a Oiartzun

15 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,aCF Fotos
Comentarios fechados

Un día a aCMTF foi a Oiartzun…
IV EXCURSIÓN MUSICAL DO CMTF A EUSKADI

Oiartzun

(máis…)

Fotos extraviadas…

14 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,aCF Fotos
Comentarios fechados

Alguem sabe de que som estas fotos? e que as tinha extraviadas… sei que som do 25 06 2005
…enviade algum comentario 🙂

20050625

(máis…)

ENCONTRO GALEGO DE ACORDEóN DIATóNICO 2005

14 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,aCF Fotos
Comentarios fechados

FOTOS.
ENCONTRO GALEGO DE ACORDEÓN DIATÓNICO NA PRAZA DO CONCELLO EN OURENSE.

Verán 2005

Diatonico

(máis…)

Escola Folque Infantil de Lalín

14 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Fotos,Efi
Comentarios fechados

Sección EFI.Estos son os nenos e nenas da Escola Folque Infantil de Lalín e este foi a sua presentación no Salón Teatro do Auditorio de Lalín o 26 de xuño no 2005 acompañados por alumnos de canto, diatónico e sanfona do CMTF e polos seus profesores: Pilar Araujo, Carlos Quintá, Rocio Maril e Pablo Pardo.

Efi

(máis…)

Gala do Cocido en Lalín, o día 17 de Febreiro 2006

12 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,aCF Fotos
Comentarios fechados

Gala do Cocido en Lalín

Actuación do Combo do CMTF na Gala do Cocido en Lalín, o día 17 de Febreiro 2006. Somos de esquerda a dereita: Bea, Inés, Begoña, Lola, Uxía e Guti. Saúdos!!

Gala-Cocido-06-2.jpg