jump to navigation

Treboeiro, orquestra galega de Bos Aires

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

treboeiro

A orquestra galega Treboeiro, un colectivo da Arxentina cos obxetivos de investigación e difusión musical pola súa web: www.treboeiro.es

Está dirixida por Raúl Expósito Gándara, discípulo de Manuel Dopazo e un dos integrantes do  grupo de acordeóns dos Irmans Moreira,  grupo mítico de orixe bergantiña que desenvolveron a súa carreira no Bos Aires dos 50 e 60 dos que se acaban de publicar as súas gravacións.

Acaban de publicar “Retornados do futuro” grabado neste 2009.

‘Benzón’ de Guadi Galego

18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

benzon

Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións. O mércores 20 fará a rolda de presentación oficial no restaurante O Dezaceis da rúa de San Pedro en Compostela, á que asistirán algúns músicos que saen no disco coma Guillermo Fernández e Uxía.
Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.

Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a
súa revolucionaria irrupción.

Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.

Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.

(máis…)

Presentación das gravacións históricas dos Hermanos Moreira e un concerto de Marful

14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

faldon_Moreiras_cor.jpg
Na presentación estarán Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de Historia da Música en aCentral Folque e responsábel do deseño da colección e Xosé Manuel Varela, responsábel da Fundación Eduardo Pondal, organizadora do evento. O acto pecharase cun concerto de Marful.

Será na Casa dos Veciños, no Couto, Ponteceso ás 22 h este venres 15 de maio.

Son gravacións feitas nos anos 50 e 60 en Arxentina por estes irmáns que emigraron desde o seu Bergantiños natal e foron animadores en festas, romerías, programas de radio.

O traballo está editado por Ouvirmos coa colaboración co concello de Ponteceso e aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular.

“Acordeón Mariñeiro” dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-disco recompila a integral das súas gravacións comerciais e un importante conxunto de pezas inéditas.

Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 á Arxentina. Alí en Bos Aires ensaiaban na barbaría que abriu un dos irmáns, e no seu soto montaron un estudo de gravación. A comezos dos anos 30 forman a primeira formación coa que axiña acadaron sona e fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos anos 60, cando o grupo se disolveu.

Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran “Recordando a Galicia” (valse) e “Aires de Bergantiños” (pasodobre), así como o valse arxentino de corte hispano “Así cantaba mi madre”. Gustaban moito tamén as rancheiras, como “Cancha a la rueda”, e a súa rumba “El loco de la batería”.

1º disco de Chamuyo Tango

25 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

chamuyo

“En Auria” é o disco debut de Chamuyo Tango, un disco carregado de temas de sempre e marcado polas sonoridades do tango.

Ricardo Coronel, a voz é natural de Balbanera, barrio bonaerense, berce de grandes músicos arxentinos coma Julio de Caro ou Francisco Fiorentino.

Chamuyo interpretan tangos clásicos dos 40 e 50.

Para esta gravación, colaboraron David Outumuro (Mutenrohi) ás percusións e Xurxo BRea (Sonoro Maxín) ao baixo.

Adianto do novo traballo de Linho do Cuco

21 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Escea,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Ola a tod@s, visitade o noso blogue, para escoitar unha pequena mostra do que será o novo disco de linho; dous temiñas que formarán parte do segundo proieto do grupo, que andamos mirando de rematar pra primavera, boa época pra verbena i o agarrado. A idea é que nas datas vindeiras colguemos algunha peza máis. Así, escoitades o que facemos, e vos animades a contratarnos para as vosas festas, patronáis ou de gardar, marcos nos que a flor do toxo coidamos rebenta de esplendor.
A primeira que toca desta vez é unha muiñeira, composición do grupo, que por coxa quedou en tres pés, e por tres pés chamouse A Trepia. Nela toca con nós o clarinete o amigo Cheito, clarinetista de banda, música popular e sesión vermouth.
A segunda é pra nós unha xoia, do repertorio dos lexendarios Os Dezas de Moneixas, reminiscencias de José Benito, gaiteiro e cowboy, portada de “La Gran Enciclopedia Gallega”. Chámase Ei Moneixas! e vai apasodoblada, con muiñeira no medio. Nesta tocoulle acompañarnos ó noso admirado Óscar, camarada sempre gustoso de tocar con nós.
Sen máis e nada máis, que vos guste; que vos preste.

Preme aquí pra escoitar os temas
E por sempre….opaííí!!!

IMG_0053.JPG

Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.

O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promivida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.

Invitacion.jpg

(máis…)

4º FESTIVAL RIO DE MUSICAS_concertos polos bares de Vedra

21 de Abril 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Escea,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

4 º festival Río de Músicas en Vedra:

* 4 de abril ás 23:30 – noite de REGUEIFAS – con LUIS, PINTO e BENITO – no Bar Mosqueiro en San Mamede

* 11 de abril ás 23:30 – noite de BLUES / JAZZ – ILDE LATINJAZZ – no Bar Patio en Sta. Cruz de Ribadulla

* 25 de abril ás 23:30 – noite de FADO – FADO DE PORTUGAL – no Bar A Ponte en Ponte Ulla

* 9 de maio ás 23:30 – noite de MEXICO – MARIACHIS TRIO – no Bar Elite en Vilanova

* 16 de maio á 1:00 – noite de ROCK – INVIVO- na Disco Metro de Sta. Cruz de Ribadulla

Novidades Ouvirmos 08

6 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Fotos,Concursos,Lercheo,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Cántigas da Terra, novo disco de A Tiracolo

VR0114_portada_cantigas_da_terra_BAIXA.jpg

Portada Cántigas da TerraO coro galego folclórico por excelencia, Cántigas da Terra, leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variadísimo repertorio e o arquivo coral mellor conservado.

Editamos agora, como nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas A Tiracolo, os seus primeiros rexistros realizados en 1921 e 1928. Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

Dispoñíbel no teu punto de venda habitual a partir do 11 de febreiro.
Visita guiada e concerto en Mondoñedo

Cuarteto Las Margaritas, 1913

O próximo sábado día 9 de febreiro presentamos o Itinerario Histórico-Musical de Mondoñedo por todo o alto.

Pola mañá, visita guiada seguindo o roteiro proposto na nosa publicación. Sairemos ás 12h. da praza da Catedral acompañados polo noso guía turístico e técnico en patrimonio, quen nos mostrará todos os recantos musicais da vila.

Pola noite, fin de festa co concerto a cargo de Resonet. Ás 21:30h., no Auditorio, deleitarannos con pezas de música antiga e barroca, como as que se escoitaban na capela de música da Catedral mindoniense.
Celebramos un século de himno galego

Ouvirmos participa nos actos conmemorativos do século da estrea do himno galego na Habana.
Colaboramos na realización da exposición da Consellería de Presidencia A nosa voz. Cen anos do himno galego.
Encargámonos das restauracións sonoras das gravacións históricas do himno que se poden escoitar na mesma e descargar para dispositivos móbiles:

Gramofono e discos de lousa na exposición· o Himno a Galicia gravado en 1918 por Cantigas e Aturuxos e non reeditado até hoxe, restaurado especialmente para a exposición;
· o Himno a Galicia rexistrado por Cántigas da Terra en 1928; e
· o Himno galego gravado por Toxos e Froles en 1922, primeiro rexistro do himno na súa versión íntegra.

A exposición podedes visitala até o 28 de febreiro na igrexa de Bonaval, en Compostela.
Tamén achegamos, desinteresadamente, estas restauracións sonoras para a edición do libro e disco Os símbolos de Galicia, publicado polo Consello da Cultura e a Real Academia Galega.

Novidades discográficas: Pai da Cana, paidacana12

17 de Decembro 2007 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

PAI DA CANA
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL

Pai da Cana

O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recupera un concepto de conxunto autenticamente tradicional case desaparecido no noso país: a charanga, tamén chamada murga, “conjunto típico” ou “regional”, que consiste nunha formación na que a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos.

(máis…)

Xabier Dìaz presenta o seu novo traballo

18 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Pois si, Xabier Diaz farà  a  presentación do novo disco de Xabier Díaz “Coplas Para Icía” o vindeiro Martes 22 de Maio ás 12.00 hs na Galería Sargadelos (A Coruña, Rúa Real 56).

Presenta o acto Ugía Pedreira (Marful, Nordestinas…).

logo_blanco SALITREmini.jpg