jump to navigation

Loretta Martin en concerto

29 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

loretta martin.jpg

os Loretta Martin presentan…

Paraíso Distante ao vivo

Que: concerto presentación de Loretta Martin.

Cando: venres, 30.03.07, ás 22.30 horas.

Onde: sala Mardi Gras.

Os amantes do funk, do rock, da fusión… teñen unha cita este venres pola noite na sala Mardi Gras de A Coruña: os Loretta Martin presentan ao vivo “Paraíso Distante” (falcatruada 07), o seu novo disco. O concerto comezará ás 22.30 horas, e as entradas están á venda nas tendas de discos Portobello e Noni’s a un prezo de 6 euros. Na taquilla da sala, a 8 euros. Mercando o disco en calquera dos puntos de venda anteriores, ademáis, poderase conseguir unha entrada de balde para o concerto.

Fai funky, meu!

Novo disco de Cristina Pato

29 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

CRISTINAPATOPRESENTACION.jpg

Ou dúo de música tradicional Sete Saias edita ou seu primeiro disco, de título homónimo, non selo Pai Music.

21 de Xaneiro 2007 - Enviado por xan pampin a: Novidades discográficas
Comentarios fechados

( a voz | vigo)

Sete Saias ven de publicar ou seu primeiro traballo discográfico de título homónimo non selo galego Pai-Music. Este dúo xurde non seo do Conservatorio de Música Tradicional dá Escola de Artes e Oficios, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní.

sete saias

 

fonte: http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5472499&idioma=galego
(máis…)

Linho do Cuco comeza o proceso de grabacion do seu segundo traballo

18 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Si, o agardado por uns e anhelado por outros, segundo traballo discografico de Linho do Cuco comeza a se facer realidade o dia de onte nos estudios TrIkIpNoSis, en Pontecaldelas.
Un primeiro destacamento partiu rumbo a Caritel onte de mañà e finalizaran a xornada de grabacion mañan tentando de voltar a semà vindeira pra continuar.

Con este riitmo frenetico, esperemos que para o veran esteña xa editado e ben distribuido polo ben deles e noso, pra que nos arrolen esas melodias frescas e pouco predecibeis as que nos teñen acostumados.

Moita sorte linhos….unha aperta

huevo21.jpg

El grupo gallego Nordestin@s se coloca entre los cien discos más vendidos de la Navidad en España

7 de Xaneiro 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados
nordestinasvozdegalicia.jpg

Setecientos discos a la semana. Es el ritmo de venta que el trío Nordestin@s ha conseguido alcanzar desde que el pasado 11 de diciembre pusieron en los escaparates.
(máis…)

Ouvirmos presenta dous novos discos

16 de Decembro 2006 - Enviado por ouvirmos_comunica a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Restauración das gravacións históricas da Coral De Ruada

Portada_De_RuadaO disco, incluído na colección A Tiracolo, titúlase Escena Coral Galega e contén a restauración das gravacións que o Coro realizou en 1929 para a casa Regal, nun dos seus mellores momentos artísticos.
Para non perder o Canto d’as chirimías: primeira gravación de repertorio das catedrais galegas interpretada, ademais, polos propios menestreis da catedral compostelá.

Un disco para regalarmos os ouvidos este Nadal

Portada_Canto_de_NadalCanto de Nadal componse de seis pezas procedentes do ámbito da música popular galega, con arranxos para voz e acompañamento de guitarra barroca ou de tiorba e percusión. O grupo compostelán de música antiga Resonet deléitanos con estes cantos de nadal arranxados e harmonizados por Nemesio García Carril, o Padre Manuel Feijoo e Fernando Reyes.

UN DISCO NORDESTINO PARA O NATAL

10 de Decembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Nordestin@s: Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade sacan esta semán o seu primeiro cd. Cancións do mar norteño da Galiza. As cancións populares, as que cantaban na familia, as suas propias composicións que falan do mar.

Lendas do mar, influencias do grupo Saraibas de S. Sadurniño, os debuxos animados de Candy Candy, a inspiración de Fernando Pessoa, o nordestino Xabier Diaz ou Oscar Fdez, a romaxe de Sto Andres en Cedeira, o Cancioneiro de Inzenga co seu “Cantar de Viveiro”, unha habanera de Camariñas que tamén se canta en Ribadeo, unha canción composta no 73 adicada á muller cedeiresa, os muros con cristais dunha casa indiana de Foz, Manuel Garcia Jimenez “O Potencias”, son algunhas das fontes do repertorio Nordestino.

nordestinas2 copia2titulo copiar.jpg

Presentación do disco “Asumindo riscos”do grupo folk Arrás!!

15 de Outubro 2006 - Enviado por david_bellas a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

O grupo folk Arrás!! gañador da sexta edición do certamen para
grupos folk de Radio Obradoiro,presenta o seu disco “Asumindo
riscos”,(que en menos dun mes estará nas tendas)no teatro Pastor
Díaz de Viveiro o vindeiro día 22 de decembro as 21:30 da noite.

“Asumindo riscos”,como o seu nome indica é un disco no que o grupo
Arrás!! fai unha proposta innovadora e arriscada,poderias falar de
un folk fusión,ainda que o nome máis acertado sería o de “Potaxe
galego”,xa que podemos nesta pequena pota sonora podemos atopar ben
cocido e misturado,dende unha muiñeira,swing,bossa,etc…

O disco grabado e mesturado nos estudos Phonos da Estrada e
artedixital de Redondela e masterizado en Mastering Mansion de
Madrid,terá unha tirada incial de 1000 copias.

En breve ireivos informando de máis novedades.

Saúdos de Arrás!!

Rocio Jiménez: Voz,pandeireta e multipercusión
Michel Rivadulla: Guitarra acústica e española e coros
Pablo Esqueira: Piano,teclados e voz
Manolo Abraldes: baixo eléctrico e coros
Jimmy Failde: Bateria e percusión
David Bellas: Gaitas galegas,uillean pipe,saxo tenor e soprano e low
e tin whistle.
Xabi Esqueira: Técnico de son.

Presentacion…………..A Per Loca

1 de Agosto 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

perloca.jpg

“A Per Loca”. es un recopilatorio, un trabajo que aglutina a gran parte del colectivo musical gallego. Un escaparate apoyado desde nuestra web (www.komunikando.net) que muestra el enorme potencial que Galiza guarda en este apartado.

¿Por que A Per loca? Este título se basa en el nombre de una vía romana que vimos cargada de simbolismo: A Per Loca Marítima. Esta vía vertebraba la antigua Gallaecia, ayudada de sus vías secundarias. No solo conectaba las villas de la Galiza de entonces, si no que la conectaba con el mundo: era una entrada/salida del pueblo galego-románico respecto a su entorno.

Esa conexión entre nosotros mismos y con el mundo es la filosofía fundacional de Komunikando. Un empujón a nuestro panorama musical hecho desde la base: los propios grupos creadores de esa rama cultural (los grupos musicales). Intentamos acercar la música hecha en Galiza a los gallegos y al mundo.
(máis…)

Novidades Ouvirmos

12 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

g_logo.gif
Gravacións inéditas de Antón Corral dispoñíbeis no catálogo de Ouvirmos
Ouvirmos 10 de Xullo 2006

Portada CD-libro Os Montes por vez primeira podemos deleitarnos con 22 pezas inéditas do grupo de gaitas Os Montes de Lugo, gravadas nos anos 70 en ensaios e concursos.Os Montes, sen dúbida os gaiteiros de Lugo, actuaron durante medio século XX en romarías de toda Galiza e conseguiron importantes premios nos concursos de gaitas. VR0110_grafico_portada_montes_baixa.jpg

Fundada polos irmáns Ares López, pola banda pasaron moitos dos músicos de Lugo, entre eles o gaiteiro e artesán Antón Corral, figura destacada na música tradicional galega.
Llengües Vives: o disco, á venda na nosa web Ouvirmos 10 de Xullo 2006.
llengues_vives_baixa.jpg

Llengües Vives, o boletín que informa sobre a actualidade lingüística das linguas minorizadas do sudoeste europeo celebra o seu décimo aniversario (1996-2006)coa edición dun disco.

Trátase dunha compilación dos proxectos musicais máis contemporáneos en galego-portugués, asturiano, éuscaro, aragonés, occitano e catalán. Un persurso multicolor desde Fisterra até as Valadas occitanas.

Unha aposta pola normalización lingüística que podes adquirir en ouvirmos.com e que inclúe a Fermín Muguruza, Mallacáns,… e, desde Galiza, a Non-residentz, Marful e Ecléctica Ensemble.
Presentación das gravacións restauradas de Cantigas e Agarimos
Ouvirmos 10 de Xullo 2006

O próximo 13 de xullo Compostela vai vivir un Portada CD-libro Cantigas e Agarimosacontecemento histórico ao que debedes acudir; estades convidadas.

No Teatro Principal de Santiago de Compostela, ás 20:30h, presentaremos a restauración das primeiras gravacións do Coro Cantigas e Agarimos (1952) cun concerto da propia Agrupación.

A Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, é un dos máis relevantes coros galegos. Entre as pezas deste disco destaca A virxe de Guadalupe. A rianxeira, primeira gravación realizada en Galiza do que sería o maior éxito discográfico da música popular galega.

VR0111_grafico_portada_cantigas_e_agarimos_baixa.jpg

Xa ao voso dispor na nosa web. ouvirmos.com