regueifa.org, nova web
13 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop, o poetry slam ou os match improvisadores.
Así se presenta esta web:
“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.
Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar.
Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.
Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.
Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional.
Contacto
Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Estrada Xeral de Valladares, 261
36315 Vigo – Pontevedra
Telf.: 986 467 053
Fax: 986 467 052
Correo-e:
oral@regueifa.org
cvallada@ctv.es
Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Como en anteriores ocasións, Edicións do Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.
O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).
Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.
Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio). Neste ano, o certame chegará á súa cuarta edición e a organización agarda unha participación semellante ou superior á da pasada edición.
“O quinteto de Monterrey…”, novo libro
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
A editorial Dos Acordes presenta a súa última publicación. O quinteto de Monterrey de José Posada: nos xardins da Tropical escrito por Óscar Ibáñez.
A presentación terá lugar o venres 12 de xuño ás 20.15 h no Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín cun relatorio-presentación do libro e a visualización do programa Alalá nº 91 da TVG titulado “Rodolfo Posada e o Quinteto Monterrey de José Posada”
Sábado 13 de xuño ás 22:30 h., na praza José García Barbón de Verín haberá un concerto-recreación do “Quinteto Monterrey”.
Esta publicación está promovida pola Asociación Toque Pechado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e polos Concellos de Verín, Riós e Monterrei, coa colaboración de Radio Galega
Información e pedidos: http://www.dosacordes.com
XXIV Xuntanza Internacional de gaiteiros
26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Escea,Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Agustín Lourenzo, gaiteiro de Catoira
4 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Edicións do Cumio presenta un novo volume da colección multimedia. Nesa ocasión trátase da obra dedidaca ao gaiteiro Agustín Lorenzo Loroño, fundador do grupo Brisas do Río Ulla. Agustín foi, ademais, impulsor de formacións históricas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre e Milladoiro.
A obra, froito da investigación e rigoroso traballo de Xosé Ameneiro Piña, elabora unha exhaustiva historia do grupo e recolle fotografías e partituras, así como unha guía de audición. A edición complétase con material en video recollido nun DVD. Tamén se poderá atopar nas tendas en poucas semanas un disco con gravación do grupo Brisas do Río Ulla, que formará parte da colección musical ‘Os Nosos Gaiteiros’.
Este título dedicado ao Gaiteiro de Catoria vén afondar na serie de traballos sobre grupos de música tradicional das Rías Baixas e que en breve se completará coa edición dun volume dedicado aos Morenos de Lavadores.
Novidade bibliográfica: Grandes éxitos
4 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Ellago Ediciones presenta o ensaio do musicólogo e filósofo Peter Szendy, autor que xa viu publicado tamén en castelán o seu anterior libro “Escucha: una historia del oído melómano” (Paidós) e que, nesta ocasión nos propón unha relectura dos clásicos da filosofía da man de grandes éxitos musicais das últimas décadas.
En Grande éxitos, Szendy invita a pensar os grandes éxitos musicais, elevando estes objetos froito do capitalismo feroz á dignidade de obxectos filosóficos. Con esta obra, que Ellago Ediciones ofrece agora en castelán, o autor logrou en Francia unha unánime aceptación entre todos os lectors interesados na relación entre a música e a sociedade actual.
Peter Szendy (1966) é filósofo e musicólogo, así como profesor da Universidade de París X (Nanterre) e asesor de Cité de la musique. Dos títulos que ten publicados os máis representativos son Escucha: una historia del oído melómano (Ed. Paidóa, 2003) e Sur ècoute. Esthetique de l’espionnage (2007).
Pódese descargar gratuitamente un avance desta obra visitando a páxina web ellagoediciones.com
Ouvirmos presenta 90 aniversario da Coral de Ruada
28 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Presentación:”El Romancero de la Galicia exterior”
1 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Nova Publicación,NovasComentarios fechados
El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina. Norberto Pablo Cirio. Pontevedra.- Diputación Provincial, 2007. 176 p; 24 x 17 cm. ISBN: 978-84-8457-287-9. Colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía”. Encadernación: rústica.
O martes 5 de febreiro, ás 20.00 horas, presentarase no local da asociación de veciños de San Roque o libro El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.
Á presentación asistirá o deputado de Cultura, José Juan Durán Hermida, o presidente da asociación de veciños de San Roque, Sabino Martínez Fontán, e o especialista en música tradicional galega Oscar Ibáñez García.
Linho do Cuco estrea blogue
8 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Nova Publicación,Novas,Sitios RecomendadosComentarios fechados
Linho do Cuco sùmanse à màis que necesaria aventura da rede e estrean este blogue donde poderàs seguir as novas do grupo asi como datas de concertos, adiantos do seu novo disco, fotos etc. Quedades avisados……..
A casa polo tellado n6
23 de Febreiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Nova Publicación,NovasComentarios fechados
Sae á rúa o número 6 desta publicación que cada vez vai contando con máis colaboradoras!
Ricardo Rodríguez cédenos a foto de portada e mais un texto e unha imaxe sobre Palestina… Xabier Abalo recensiona sobre un film dos que non andan polos circuitos comerciais… entrevista a Xabier Díaz… reflexións sobre os fillos de Don Quixote… A estrela Galizzza ou o universo do Fotolog… e toda a información sobre as nosas actividades, como o Ciclo “Son de Pé” ou o II Festival Galego de Cabaré en Pontevedra.
Unha revista portátil… que se expande e se desdobla… como a nosa actividade, neste número adicada ao antroido como catarse en sí mesma.
Podedes adquirila nos principais locais de moda.
E a polo 7!
+info:terceirope.blog.com