jump to navigation

Presentacion en Silleda

12 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

Convocámosvos a participar mañá da presentación do libro da autoría de Matías Rodríguez da Torre, JOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ COLMEIRO, DOUTOR CONTRA O CANCRO FASCISTA. Mañá venres, día 12 de xaneiro ás 9 da noite na sala b da Casa da Cultura de Silleda Edita: ADELLÍS asociación socio-cultural de Silleda Colaboran: Comisión pola Memoria Siñor Afranio e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte. Intervirán no acto Fernando Souto, Secretario da CRMH d´ A Coruña e Matías Rodríguez da Torre, autor do libro. O eminente doutor J. M. Fernández Colmeiro, nado en Silleda, foi un represaliado máis da Guerra Civil. Primeiro emigrante no Uruguai volve no 36 para defender a IIª República e finalmente débese exiliar en Francia.

Asina: O Naranxo

DESCARGA LIBRO BRANCO EDUCACION MUSICA TRADICIONAL

10 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

Agora xa podes descargar o libro branco do ensino realizado pola Fundación Sondeseu do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo (UP)

Aqui

ESTUDIOS PARA GAITA GALEGA VOL I

2 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

A editorial Dos Acordes vén de publicar o primeiro volume dunha serie de obras da autoría de Xosé Lois Miguélez Saínza.

Comeza o curso cunha nova publicación que che axudará na aprendizaxe do instrumento dun xeito ameno e progresivo.

Dispoñible nas librerías, tendas de música ou directamente na web www.dosacordes.com na sección -publicaciones- dentro da serie “Cadernos de Gaita Galega”.

estudios.gif

Podes elixir o teu sistema de escritura máis familiar Do ou Re, actualizar os estudios e descargarte gravacións dos mesmos na web do autor www.xlmiguelez.com (a partires de outubro 06)

O mestre de Gaita atopará neste libro unha útil ferramenta para complementar as súas aulas.

MERCAO XA!!

**O VOLUME II – Nivel medio, estará á venta a partires do mes de novembro de 2006**

Atentamente, Editorial Dos Acordes www.dosacordes.com

Concerto-presentación e visita guiada do Itinerario Histórico-Musical de Pontevedra

2 de Agosto 2006 - Enviado por ouvirmos_comunica a: Axenda,Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

Ouvirmos convídavos a dar un paseo musical pola vila de Pontevedra.

CONCERTO-PRESENTACIÓN DO ITINERARIO HISTÓRICO-MUSICAL DE PONTEVEDRA:

Data: xoves 3 de agosto de 2006
Hora: 21h.
Lugar: Igrexa de San Francisco (Pza. da Ferrería, Pontevedra)
Intérprete: grupo de música antiga Resonet
Programa: pezas de Paio Gomes Charinho, Luís de Narváez, Luís Milán (tracks 1 e 2 do CD), e outras composicións medievais e renacentistas.

VISITA GUIADA POLO ITINERARIO HISTÓRICO-MUSICAL DE PONTEVEDRA:

Data: domingo 13 de agosto de 2006
Hora: 12h.
Lugar de saída: Palco da música (Alameda de Pontevedra)
Guía: Richard Rivera (Guía Turístico Oficial e autor do roteiro).

Portada Itinerarios Histórico-Musicais. PontevedraOs Itinerarios Histórico-Musicais son unha colección de novidosas guías turísticas coas que coñecer o patrimonio musical das nosas vilas.

Sen dúbida o máis innovador destas guías é que veñen acompañadas dun CD onde poderás es coitar pezas musicais vencelladas á cidade pola que paseas. O trobador Paio Gomes Charinho, o toque fechado do Gaiteiro de Campañó ou as primeiras gravacións da música galega do Coro Aires d’a Terra farán inesquecíbel a visita musical a Pontevedra.

A guía contén un itinerario, comentado e sinalizado nun plano, polos principais lugares relacionados co a música na cidade: teatros, cafés, monumentos,… Así mesmo acompáñase dun fondo estudo da historia musical do lugar, dun glosario e dun directorio.

Novo Número da revista Etnofolk

20 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

O número 5 de: “Etno-Folk. Revista Galega de Etnomusicoloxía”, da editorial Dos Acordes, xa está na rúa. Etno-folk nace coa idea de proporcionar, a todas as persoas interesadas polos aspectos etnomusicológicos, unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación, coñecer as líneas de investigación abertas, traballos de campo… sempre baixo o criterio da publicación que é, ante todo, musical, étnico e investigador. Adxuntamos o índice dos cinco números primeiros.

A publicación pódese atopar na maior parte das librerías de Galicia, e a través da web www.dosacordes.com. Por se lle interesa, adxuntamos unha folla de subscrición, que pode remitir por correo electrónico unha vez cumplimentada.

CONTENIDOS

Número 1 (FEBREIRO 2005), 156 páx (máis…)