Tocar de ouvido, festival internacional en Évora
9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Do 18 ao 20 de xuño, integrado na Feira de San Xoan, Tocar de Ouvido -Festival internacional de Música de Évora recibe grandes nomes das músicas do mundo, con concertos na Arena d’Évora e talleres, coloquios, exposicións e documentais en varios puntos da cidade.
Programa:
* Xoves 18:
- Dazkarieh
- Sara Tavares
* Venres 19
- Barca (Brasil)
- Rabih Abou Khalil e Ricardo Ribeiro (Líbano/Portugal)
* Sábado 20
- Kepa Junkera
- Leilía
O obxectivo do Tocar de Ouvido 2009 é aliar a calidade das bandas coa oferta dos talleres, dandolle así á música tradicional a visibilidade que se merece. Ademais de desfrutar dos concertos nocturnos, durante o día aprenderase a tocar e coñecer mellor os instrumentos e as músicas mediantes talleres de aprendizaxe, onde o importante é facer, ademais de oir. Ofrecerán talleres Kepa Junkera, os músicos de A Barca, Joaquim Roque, Leilía e Miixer.
E porque o saber non ocupa lugar, o festival conta con conversas informais, coloquios e proxección de documentais sobre a música de raíz.
Escenas sonoras e canto tradicional no Fórum da Coruña
8 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
O mércores 10 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio do Fórum metropolitano da Coruña, Nelson Quinteiro presentará “As mans perdidas”.
Baixo este nome atópase un concerto baseado fundamentalmente na voz pero con toques de interpretación, danza tradicional ou contemporánea.
As Mans Perdidas fai referencia ás persoas que se agochan detrás das letras da poesía tradicional, e que nos contan historias de vida de fatiga, de moito traballo ou miseria, pero tamén de amor, de ganas de vivir, e dun marco natural que o envolve todo.
Con este concerto Nelson Quinteiro fai un percorrido ós seus temas tradicionais ou de autor que vén escollendo dende fai anos, con novos arranxos e un grande sentimento. As mans perdidas é para este autor cangués o fin dun camiño e o comezo de outro no que vai acadando un son propio e unha identidade máis definida.
(máis…)
Un solo e un septeto no Festival Vibracional
5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Continúa o Festival Vibracional da Sala Nasa cunha dobre e suxestiva actuación iniciada polo catalán Ferrán Fagés e continuada por unha acción -concebida nos 50 en USA polo colectivo de arte experimental Fluxus- do Poema 1960, unha partitura para mobiliario e espazo.
Ferrán Fagés é un músico improvisador residente en Barcelona. Desde o ano 2000 involucrado en proxectos estables como Cremaster (xunto Alfredo Costa) e o trío Fages-Barberán-Costa Monteiro. No último ano empezou a preparar material para tocar en solo con dispositivos electrónicos despois de ter compartido experiencias con músicos como Norbert Möslang, Hill Guthrie e Jean-Phillipe Gross. Ten publicado mais de 20 discos en selos de España, Portugal, Grecia, Italia, Slovenia, Inglaterra, Francia, Estados Unidos e Xapón.
A continuación subirá a escena Poema 1960 peza para seis asentos de La Monte Young, que se cuestiona diferentes aspectos do feito musical. Que pasa se a música se despraza cara o que suxire, cara ao espazo de expresión inmaterial e ás imaxes que evoca? Podemos entender a música na súa dimensión pura e exclusivamente abstracta, efémera, intanxible, sen necesidade de ser nin tan só sonora? Que pasa se escribimos música sen notas? É a música únicamente son? Está a música ligada ao espazo onde se interpreta? Se para a maioría da poboación que asiste a concertos a música é un ritual e un conxunto de símbolos, que van desde os horarios do concerto ata a disposición de atriles e instrumentos no escenario, ¿podemos organizar unha peza a partir de instrumentos que non son propiamente interpretados, en auditorios nos que non escoitaremos música e aplausos ao final dunha peza?
O desconcerto do público, a irritación do espectador é intencionada e se verifica a través da súa inclusión no proceso de produción. A tese de que “todo home é un artista” de Joseph Beuys e Robert Filliou, apela directamente á aberta e creativa actitude do espectador diante dun produto artístico coma este.
2 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas

?????
Dúo Fdz. & Quintá en concerto
25 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,Novas
Fernández & Quintá retoman o ciclo “ARTeria Raíz” nun concerto a dúo de acordeón diatónico e zanfona, actuación que fora adiada desde o pasado marzo.
O concerto terá lugar en ARTeria Noroeste no parque de Vista Alegre, organizado coa colaboración de aCentral Folque, o martes 26 de maio, ás 21 horas, cun prezo básico de 5 euros.
O dúo Fernández & Quintá representa dúas xeracións de músicos da terra: o zanfonista Óscar Fernández, compoñente e arranxista dos desaparecidos Cempés, talento orixinario de San Sadurniño; e Carlos Quintá, quen, dende Lalín, é un dos actuais expoñentes do acordeón diatónico aplicado á música folque.
Xuntos reinterpretan músicas tradicionais, principalmente do repertorio instrumental galego, e tamén contribúen a este patrimonio con composicións orixinais e temas adaptados doutras culturas europeas.
Os seus instrumentos, a zanfona e o acordeón diatónico, experimentan un auxe renovado entre as formacións de música autóctona. O acordeón pon a harmonía, os baixos e o dinamismo; a zanfona é a calidez das cordas frotadas maila percusión do bordón rítmico. En resumo, unha orquestra completa con só dous músicos.
Con Canto Donaire en concerto
18 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Con Canto Donaire é unha proposta musical que incia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais i experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza. Para poder expresar a súa inquietude contarán coa axuda de: Gutier Álvarez: zanfona e programacións; Pablo Díaz: clarinete e percusións; Pablo Aller: guitarra; Ismael García: percusións e gaita; Natalia Pérez: percusións. Elas son:
- Helga Vázquez R.
- Iria Penabad
- Graciela Carral
- Rocío Carral
- Olga Kirk
- Lucía Vázquez Q.
Son de Seu en concerto en Narón
14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Será este domingo 17 no Pazo da Cultura de Narón ás 19 h. O prezo da entrada é de 10 €. (7 abonados)
Información e reservas no 981 10 28 97
XIII Festa da Marosa en Burela
14 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Escea,Novas
A XIII edición da Festa da Marosa desembarca un ano máis en Burela cargada de actividades para festexar a semana das letras. O venres 15 e o sábado 16 de maio a Mariña converterase na capital cultural da música, do teatro, do audiovisual e da gastronomía.
O venres 15 levarase a cabo a estrea da Marcha da Marosa, peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival, que será tocada polo autor e os que se presten a tocala con el ao por do sol na Praia da Marosa.
- Descarga a partitura en Do: MArosa-C
- Descarga a partitura en Re: Marosa-D
- Descarga a Marcha en formato midi: Marosa-Midi
Ademais, durante os dous días que dura a Festa da Marosa, todos os que se acheguen ata Burela na primeira “Foliada do Norte” con Luar na Lubre, Festicultores, GalegoZ, Clan Maragato, Tiruleque, Banda das Crechas e Foula.
Podedes consultar o programa extendido aquí.
PROGRAMA
VENRES 15 DE MAIO
- 18.00h. OBRADOIRO AUDIOVISUAL: CANTA CLARO Praza de Abastos. Un grupo de traballo recollerá entrevistas e recursos sobre a Hª do festival durante todo este tempo. ‘Canta claro’ pretende ser o comezo dun traballo documental que se realizará ao longo do verán.
- 20.00h. MÚSICA AO POR DO SOL Praia da Marosa. Estrea da peza composta por Edelmiro Fernández para comezar as actividades do festival. Esta peza pretende ser un referente para vindeiras edicións, nas que a intención é seguir compoñendo temas para compartir entre os artistas que se presten a tocala ese día ao por do sol neste paraxe natural.
- 21.30h. TEATRO. Casa da cultura. A Obra: No Comment de Producións Excéntricas será a encargada este ano de dar vida ao teatro dentro do festival.
- 23.00h FOLIADA DO NORTE: ABERTA ATE O MENCER. Carpa-Praza da Mariña. A primeira Foliada do Norte trae a Burela a urdime máis profunda coa nosa cultura musical. Os encargados de abrir a foliada son:
- FOULA,
- A BANDA DAS CRECHAS
- TIRULEQUE
- 12.00h CASTELOS NO AIRE Praza da Mariña. Para os máis pequechos da festa.
- 13.00h SESIÓN VERMÚ: OS FESTICULTORES Praza da Mariña. Estes cultivadores de festas percorrerán e animarán as rúas da vila, e dirixiranse á Praza da Mariña para comezar a festa xa pola mañá cedo.
- 14.30h. GASTRONOMÍA: XANTAR DE CUADRILLAS Praza de Abastos. Este ano a sección gastronómica decántase por render homenaxe ao cocido pataqueiro. No verán o bonito e no inverno o cocido. Pois para este mes das letras a Peña Palestina elaborará cincocentas racións para degustar esta especialidade tan do país.
- 17.00h. SEICA BÁILA-LO SUELTO Exteriores da Casa de Cultura. Chus da Bandeira será a encargada por segundo ano consecutivo de achegar aos máis pequenos ao baile tradicional do mellor xeito posíbel, brincando. Despois da experiencia do ano pasado, decidimos repetir para fomentar o baile nas novas xeracións festeiras.
- 22.30h. FESTIVAL Carpa-Praza da Mariña.
- CLAN MARAGATO
- LUAR NA LUBRE
- GALEGOZ
Este ano por vez primeira o festival diversifica os seus escenarios. A praia da Marosa, a praza da Mariña e a Casa da Cultura son os espazos escénicos elixidos para esta nova edición de “Goza co saber dos povos”. Un novo xeito de renovar e dar continuidade a un festival que segue a medrar e dinamizar a vida cultural da vila, achegando este tipo de eventos á Mariña coa fin de unificar xeracións mediante o encanto da música.
Un ano máis a Festa da Marosa busca transmitir un fondo compromiso de amor á terra e de relación entre culturas, comprometéndose co seu público xa fiel e atraendo cada vez a máis persoas coa súa variada oferta cultural de calidade.
Entre a música e a palabra
14 de Maio 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Novas
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CELEBRA O II CERTAME DAS LETRAS GALEGAS “ENTRE A MÚSICA E A PALABRA”, DEDICADO ESTE ANO A RAMÓN PIÑEIRO
Este venres 15 de maio ás 20:00 celebrase no Pazo provincial o II Certame das Letras Galegas “Entre a música e a palabra”, dedicado este ano ó escritor Ramón Piñeiro. Por segundo ano consecutivo a Deputación de Pontevedra prepara un acto de exaltación da lingua galega cunha festa entre a música e a palabra.
Orazo’09 programación
2 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Concertos,Novas
III Mestizo – 22 maio ás 23 h
- Os John Deeres
- Magnifique Bande dos homes sen medo
- Triquel
- Galegoz
VI Festival Folk – 23 maio
ás 19 h
- Xuntanza dos Regatos
- Maghúa
- Pandereiteiras Lilaila
- A.S.C. NÓS de Sobradelo
- A. F. Abrente do Foxo
- Trioliro Regueifeiros
-Mago Teto
ás 23 h
- REGATO de MATAMULLERES
- OS CARUNCHOS
- ARDENTÍA
- PRADAIRO
Máis info: www.cotomanguelo.aestrada.com