IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva
30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Concursos,NovasComentarios fechados
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva entre outras actividades.
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_exterior.pdf
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_interior.pdf
Programa:
Linho do Cuco en Melide
30 de Abril 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Escea,NovasComentarios fechados
Linho do Cuco convídavos ao concerto que terá lugar en Melide, hoxe as 00:30 na sala 600, onde daremos conta dos temas do novo disco rodeados de amig@s que nos acompañarán.
Acompáñanos ti tamén, e ven botar unha baila!!!
VII Encontro de pandeireta galega e asturiana
29 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasComentarios fechados
O sábado 9 de Maio terá lugar este encontro de convivencia e recoñecemento mutuo. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu.
Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional:
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-Pandereteres de Nerbia (Asturies).
O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no albergue e máis almorzo, é de tan só 35 €.
As inscricións realizaranse directamente no albergue El Sabil (Asturias): tlf. 985 761 472.
25 de abril en fado
23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasComentarios fechados
Un ano máis – e van seis – o Colectivo Urbano Lugrís vai celebrar a data do 25 de Abril en Portugal – Revolución dos Caravéis – que representou o derrocamento da ditadura fascista no país veciño.
Se o ano pasado foi teatro, este ano será algo moi representativo de Portugal: o Fado. Haberá pois unha sesión de fados, que abordará melodías tradicionais, outras máis contemporáneas, pasando polos poemas de carácter revolucionario e de denuncia socio-politica.
O acto terá lugar o 25 de Abril, às 22h30, no Forum Metropolitano da Coruña, coa intervención de Jaime Martins (viola), Estevão Lima (guitarra portuguesa) e Sara Vidal (voz integrante de Luar na Lubre). Entrada a 3 euros.
O acto está organizado polo Colectivo Urbano Lugrís
Kibitka, presentou o seu primeiro CD
21 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Crítica,NovasComentarios fechados
Esta fin de semana, Kibitka presentou o seu primeiro CD na sala Nasa. Unha nova proposta no panorama do folque con referencias xeográficas moi diversas: Galiza, Armenia, Ucraína, Armenia, Bielorrusia….
Un concerto que tivo dous pases -sábado e domingo- e que encheu a sala santiaguesa, ateigándoa o primeiro día.
Kibitka é unha casa migratoria. A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza, Rusia, ritmos e influencias latinas, sonoridades esquecidas…. Músicas propias e un estilo orixinal construído a modo nestes últimos oito anos, toda unha equipaxe para esta viaxe migratoria que exprime traxectos, distancias, rupturas afectivas e seducións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento. Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose, igual que a xente de Kibitka, á aventura dun novo hábitat.
Os concertos tiveron convidados de excepción: Pepa Yáñez (voz), Carlos Freire (percusións), Pablo Pérez (contrabaixo), Xurxo Varela (viola da gamba e cavaquinho).
Kibitka e as súas músicas migratorias son:
- Ana Abeledo (clarinete)
- Andrey Volodin (guitarra e voz)
- Tania Capón (violín)
- Manolo Panforreteiro (gaitas)
- Antonio Vázquez (percusións e batería)
- Danilo Ramos (tres e teclados)
- Yuri Sidar (baixo electroacúsitico)
- Vadim Yukhnevich (baián e voz)
Linho do Cuco en aCentral folque
13 de Abril 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,asoc alun@s aCentral,Concertos,Escea,NovasComentarios fechados
O vindeiro sábado día 18, Linho do Cuco ofrecerá no auditorio da EAEM, no parque de Vista Alegre, un concerto de presentación do novo repertorio para este verán.
Será algo íntimo e avance do traballo de todo o inverno co repertorio renovado, no que incluimos composición propia,repertorio de banda de música e música centroeuropea, sempre dende o punto de vista popular que linho do cuco dá aos temas.
A cita será o sábado 18 ás 20:00, non faltedes.!!!
e por sempre….opaííí!!!!
deseño do cartaz: Misha Bies Golas
www.linhodocucostyle.blogspot.com
Pablo Seoane Cuarteto no ARTeria Jazz
12 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasComentarios fechados
O grupo liderado polo pianista actuará o 15 de abril en Santiago de Compostela no recinto do parque de Vista Alegre co concerto de Pablo Seoane Cuarteto. Os participantes en ARTeria Jazz ’09, organizado coa colaboración da Asociación Galega de Músicos de Jazz (AGAMUJAZZ) e a Fundación de Autor.
Pablo Seoane, pianista e guitarrista, é un dos referentes do novo jazz galego. Compositor do seu propio repertorio, Seoane ten colaborado con compañías de teatro e diversos artistas, levando a súa música tamén a Brasil e Arxentina; por outra banda, o seu labor docente levouno a impartir clases de música en diversas cidades galegas. Coa súa propia formación ten gravados dous discos, colaboracións á parte. No seu concerto dentro do ciclo ARTeria Jazz (15 de abril, 21:00 horas), Seoane chega, como pianista, liderando un cuarteto no que tamén están Toño Otero (saxo); Juan Cañada (contrabaixo); e Javier Barral (batería).
Os billetes para cada actuación custan 5 euros (4 euros con bonificación) e están á venda na web caixagalicia.es e na billeteira de ARTeria Noroeste.
Xarnege en México
7 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,NovasComentarios fechados
O grupo vasco-gascón Xarnege, que estivo recentemente no V Encontro coa Zanfona Contemporánea que aCentral Folque organiza co concello de Narón, realizará unha xira por México a mediados do mes de abril. Despois do éxito colleitado coa súa participación no festival Ollin Kan (festival das culturas en resistencia), este ano Xarnege regresa a México para participar na prestixiosa Feira de San Marcos en Aguascalientes, así como en Pobra e Veracruz.
É de destacar que Xarnege, á parte dos concertos habituais por festivais de toda a xeografía peninsular e Francia, realizará durante os meses de xuño e xullo unha xira por Suíza, Hungría, Portugal e Italia. Esta xira será a ocasión de presentar o novo disco, Ixo-Sho, que verá o van o próximo outono.
Para máis información: www.xarnege.com – www.myspace.com/xarnege
CONCERTOS
15 ABRIL … VERACRUZ . Teatro Fco Xavier Clavijero
18 ABRIL .. AUGAS QUENTES . Foro lago Feira San Marcos 2009
19 ABRIL .. POBRA .. Festival Barroquísimo Pobra
Programación abril na casa das Crechas
31 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,NovasComentarios fechados
22º aniversario da casa das Crechas
27 de Febreiro 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Lercheo,NovasComentarios fechados
Aquí vos vai o cartaz da festa do 22º aniversario da casa das crechas, así coma a programación para o vindeiro mes de marzo, un saúdo a tod@s. +info: casadascrechas.com
Velaí o cartaz do aniversario