jump to navigation

Recollida de firmas en apoio a Díaz Pardo

28 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Comentarios fechados

As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo.
A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ao frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados.

Tódolos galegos debemos impedir esa “xubilación”.

ESIXIMOS QUE VOLTE DIAZ PARDO AO FRENTE DA NOSA HISTORIA

Firma esta campaña:
https://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=268

Deixade o voso comentario ao respecto….

Un desgraciado accidente provoca a morte a dous dos integrantes do grupo Felpeyu

25 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Comentarios fechados

Onte as 8.30 circulando por Zuya (Alava) a furgoneta do grupo, na que viaxaban o resto dos compoñentes, salíase da calzada, volcando causando a morte casequé instantánea a dous dos músicos, eles eran Carlos Redondo ( voz e guitarra), e Igor Medio (bouzouki e voz).

Unha nova un pouco dura para os músicos xa que algún de nós coñecía a estos, xa finados compañeiros, e cos que nos sentimos identificados simplemente porque todos andamos no mesmo camiño e sería moi fácil pra nós correr a mesma sorte ca os amigos de Felpeyu. Asi que dende aquí falo en nome da aCMTF unha aperta moi forte ás súas familias pra estes momentos de dor.

E aínda que noticia, espero que estes sucesos nos vallan pra ir con moito tino polas estradas, polo noso ben, polo dos demáis… ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡e pola música!!!!!!!!!!!.

Un saúdo.

+info detallada: http://elmundo.es/elmundo/2006/06/24/espana/1151151741.html