jump to navigation

22º aniversario da casa das Crechas

27 de Febreiro 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Aquí vos vai o cartaz da festa do 22º aniversario da casa das crechas, así coma a programación para o vindeiro mes de marzo, un saúdo a tod@s. +info: casadascrechas.com

Velaí o cartaz do aniversario

cartaz.jpg

PROGRAMACIÃ?N DE MARZO DA CASA DAS CRECHAS.doc

Serán de Covas

26 de Decembro 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

2º Serán de Cobas (Tenorio)

Slide1.jpg
Programa:

Pola Mañá:
12:00 – Prsentación: Rolda de prensa a cargo da organización.
13:00 – Sesion Vemouth: A cargo do grupo Frúa de Tenorio.

Pola Tarde/Noite:
16:00 – Exposición de diversos instrumentos musicais.
17:00 – Taller de introducción á música para bandas a cargo de Xesús (Director
da Banda Xuvenil 85).
18:30 – Taller de introduccion á técnica vocal na música tradicional a cargo de
Lola Fernández.
20:00 – Animacion por parte da charanga da Banda Xuvenil 85.
20:30 – Feche da exposición de instrumentos musicais.
22:00 – Inicio do Serán.

Novidades Ouvirmos 08

6 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Fotos,Concursos,Lercheo,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Cántigas da Terra, novo disco de A Tiracolo

VR0114_portada_cantigas_da_terra_BAIXA.jpg

Portada Cántigas da TerraO coro galego folclórico por excelencia, Cántigas da Terra, leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variadísimo repertorio e o arquivo coral mellor conservado.

Editamos agora, como nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas A Tiracolo, os seus primeiros rexistros realizados en 1921 e 1928. Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

Dispoñíbel no teu punto de venda habitual a partir do 11 de febreiro.
Visita guiada e concerto en Mondoñedo

Cuarteto Las Margaritas, 1913

O próximo sábado día 9 de febreiro presentamos o Itinerario Histórico-Musical de Mondoñedo por todo o alto.

Pola mañá, visita guiada seguindo o roteiro proposto na nosa publicación. Sairemos ás 12h. da praza da Catedral acompañados polo noso guía turístico e técnico en patrimonio, quen nos mostrará todos os recantos musicais da vila.

Pola noite, fin de festa co concerto a cargo de Resonet. Ás 21:30h., no Auditorio, deleitarannos con pezas de música antiga e barroca, como as que se escoitaban na capela de música da Catedral mindoniense.
Celebramos un século de himno galego

Ouvirmos participa nos actos conmemorativos do século da estrea do himno galego na Habana.
Colaboramos na realización da exposición da Consellería de Presidencia A nosa voz. Cen anos do himno galego.
Encargámonos das restauracións sonoras das gravacións históricas do himno que se poden escoitar na mesma e descargar para dispositivos móbiles:

Gramofono e discos de lousa na exposición· o Himno a Galicia gravado en 1918 por Cantigas e Aturuxos e non reeditado até hoxe, restaurado especialmente para a exposición;
· o Himno a Galicia rexistrado por Cántigas da Terra en 1928; e
· o Himno galego gravado por Toxos e Froles en 1922, primeiro rexistro do himno na súa versión íntegra.

A exposición podedes visitala até o 28 de febreiro na igrexa de Bonaval, en Compostela.
Tamén achegamos, desinteresadamente, estas restauracións sonoras para a edición do libro e disco Os símbolos de Galicia, publicado polo Consello da Cultura e a Real Academia Galega.

Os dous de sempre

23 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

…Que dicir deles que non se sepa ou non se teña dito, musicos excepcionais, e mellores amigos, juapos, si, sabedes de quenes estou a falar, son o Quintà e o Pacior, ou Carlos e Pablo, mestre e ex-mestre da EFI, que embarcaron rumbo a Irlanda ou Eire a aprender cousas novas desa “metadona” que se toma en cinco liñas, e coñecer a mùsicos propios e estranos, aborixes, co fin de asimilar as suas cadencias rìtmicas, melodicas, e rìtmicomelòdicas incluso,asi como os seus vertixinosos fraseos e escalas, se non me equivoco teran a oportunidade de coñecer ao mesmìsimo Matt Molloy, mìtico frautista dos Chieftains, e moitas cousas mais.

Espero que nos conten as sùas aventuras, ou desventuras, como aquela famosa do cepo no coche nada mais chegar……, na fermosa Irlanda pra podervos facer unhas crònicas a ritmo de reel.

De momento fontes cercanas a Pablo e Carlos anticipan que comezaràn un perìodo de composiciòn da esperada muiñeira de Galway………

Esta foi a foto que mandaron
Seguiredes Informados

(máis…)

Festa3

26 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Era cuestión de tempo… e por fin… xa chegou… xa está aquí… a festa que tod@s esperabamos… a FESTA3!!!

Festa3.jpg

(máis…)

Volven os seràns da NASA

17 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Ola, o vindeiro martes, día 17, ás nove e media da noite, encetan na saa NASA en Santiago ás seráns desta tempada.
Os grupos deste martes son:

Gaiteiros do Norte (Fene)
Donaire (A Coruña)
Tataratrío (A Coruña)
Retrouso (A Estrada)

criate vaite criaaaando….

30 de Setembro 2006 - Enviado por xan pampin a: Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Bueno…en fin …O.T. todos sabemos que é un gran Reality Show… pero o que non chore con este video…non ten corazon…

http://www.youtube.com/watch?v=5_KZpnE5rqQ

Ánimo Eva…¡¡¡ jejejje