Cidades imaxinarias, espectáculo de arte total da Aula Folque Infantil de Pontevedra
29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: AFi,NovasComentarios fechados
Este sábado 30 de maio ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra os nenos e nenas da AFI actuarán co seu último espectáculo Cidades imaxinarias, obra que mistura música, teatro e novas tecnoloxías nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión irónica sobre o ser humano.
O Laboratorio de Sons e a Compañía Infantil AFI chegan así á súa terceira grande produción logo de termos amosado unha grande calidade conceptual e executiva co Circus AFI (2007) e Morfasóns (2008) nunha cita anual que se renova cada edición.
Cidades imaxinarias é o título dun espectáculo que mistura danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, protagonistas absolutos da obra na que os mestres da AFI simplemente os guiaron e coordinaron no proceso creativo.
A obra plantexa unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,… desenvolvida en distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais, “o resultado desta viaxe é que ao final todos somos iguais e estamos xuntos no mundo” afirma Marcelo González, coordinador do proxecto.
(máis…)
A AFI celebra os Maios nas rúas de Pontevedra
23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: AFi,NovasComentarios fechados
“Abril esfola, pero maio amola”
Este venres 24 de abril a partir das 18 h, as nenas e os nenos da Aula Folque Infantil sairán ás rúas e prazas da cidade vella de Pontevedra para celebrar a chegada da primavera e cantarán Maios, tocarán música, bailarán e festexarán ao seu xeito este fito do ciclo anual.
MORFASÓNS. Espectáculo da Aula Folque Infantil de Pontevedra
31 de Maio 2008 - Enviado por Folque a: AFi,Concertos,NovasComentarios fechados
O CMTF recomenda este acto de fin de curso onde a rapazada nos ensinará o que aprenderon todo este ano. O escaparate das xeracións do futuro.
Cando? Sábado 31 de Maio ás 18 h
Onde? no Pazo da Cultura de Pontevedra
O qué? MORFASÓNS: novo espectáculo da AFI -Aula Folque Infalntil de Pontevedra- no que o alumnado da escola amosarán o traballo realizado nas aulas durante o curso.
Un esectáculo de música e danza actualizando a expresión do noso povo, unha viaxe polo mundo AFI que sorprenderá pola actitude e bon facer destas novas promesas.
De medo
9 de Febreiro 2007 - Enviado por gaitomano a: AFi,Axenda,NovasComentarios fechados
A AFI no Pazo da cultura de Pontevedra.
Os nenos e nenas da Aula Folque Infantil de Pontevedra presentarán un pequeño espectáculo de música e danza na clausura do VIII Salón de Literatura Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Será este sábado 10 de xaneiro ás 13.00. Un espectáculo arredor da temática do Medo, que os cativos deseñaron e desenvolveron coa axuda dos mestres. Pezas tradicionais e pezas creadas para o día, con representación de tódalas aulas: canto, percusión, zanfona, guitarra, baile e o laboratorio de experimentación.
Eu teño medo
Pon os cornos do revés
Rabea demo rabea
Rabea que demo es.
Xa vou dala despedidA
Botando un peido no chan
Alá abaixo no inferno
Moitos demos morrerán
TRADICIONAL
Ti non terás medo
Eu teño medo
Ti serás Valente
Eu teño medo
Xa estou aquí
Na casa do terror
E como son cagainas
Marcho correndo a vapor
BRAIS GÓMEZ MARTÍN
Comeza a AFI 06/07
2 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: AFi,NovasComentarios fechados