jump to navigation

Monograficos 2007, 100 ANOS DE GRABACIÓNS

2 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Monográficos,Axenda,Novas,Programaciòn Folque
Comentarios fechados

Monográfico dia 3 de marzo, sábado.

100 ANOS DE GRABACIÓNS SONORAS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA. AUDICIÓNS COMENTADAS. INSTRUMENTOS, FORMACIÓNS E REPERTORIO

. Imparte R.Pinheiro (profesor de Historia da Música Galega do CMTF e director da colección A Tiracolo de Ouvirmos/Arquivo Sonoro de Galicia.Consello da Cultura Galega).Comezo o sábado 3 de marzo de 12 a 1 3h. Matrícula: 60 €/ mes.Ramom PInheiro ven desenvolvendo a sua actividade profesional entre a As. Do CMTF e a dirección artística do empresa Ouvirmos. As suas constantes investigacións na historia da música en Galiza levaron-no a criar a colección “A TIracolo” unha colección basica para o coñecimento da música galega: repertorio,formacións, evolucións…etc.

Concerto: Lilian França e Sergio Tannus

25 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Novas,Programaciòn Folque
Comentarios fechados

duo.jpg

O dia 3 de febreiro no Salon Teatro de Lalin as 20 h.

Um passeio polas suas propias composiçons e a cançom brasileira deste seculo.

O dia 10 comeza o seu monografico sobre os ritmos do Brazil no CMTF.

Volven os tres peixes voando

5 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Programaciòn Folque
Comentarios fechados

Peixes.jpg

Xabier Diaz- Guillermo Fernández e Ugia Pedreira abren unha nova temporada para as músicas do mundo, para as músicas de autor na Radio Galega Música os domingos pola noite ás 11 horas no programa TRES PEIXES VOANDO. Un marraxo, unha xarda e un bacallau .

Este domingo dia 8 de 23 a 24 abren con Richard Bonna, Martirio, Lenine…

No programa haberá duas seccións.
DIME QUÉ PEIXE ES. Minientrevistas con xente que atopamos no traballo, na rua, no mercado, que chamamos a casa para saber con qué peixe se identifican e qué musica andan a escoitar recentemente. Neste primeiro programa chamarán á sua compañeira Guadi Galego (coa que compuxeron a sintonia do programa) para coñecer cal é o seu peixe preferido.

TODO O PEIXE PRO BARCO. Sección aberta progresivamente para receber as vosas cancións preferidas que falan do mar, dos peixes, dos barcos, dos piratas, das sereias e sereios… Podedes enviar as vosas suxerencias de cancións marítimas a trespeixesvoando@crtvg.es. O nome da canción e o intérprete.