Adianto do novo traballo de Linho do Cuco
21 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Escea,Novas,Novidades discográficasComentarios fechados
Ola a tod@s, visitade o noso blogue, para escoitar unha pequena mostra do que será o novo disco de linho; dous temiñas que formarán parte do segundo proieto do grupo, que andamos mirando de rematar pra primavera, boa época pra verbena i o agarrado. A idea é que nas datas vindeiras colguemos algunha peza máis. Así, escoitades o que facemos, e vos animades a contratarnos para as vosas festas, patronáis ou de gardar, marcos nos que a flor do toxo coidamos rebenta de esplendor.
A primeira que toca desta vez é unha muiñeira, composición do grupo, que por coxa quedou en tres pés, e por tres pés chamouse A Trepia. Nela toca con nós o clarinete o amigo Cheito, clarinetista de banda, música popular e sesión vermouth.
A segunda é pra nós unha xoia, do repertorio dos lexendarios Os Dezas de Moneixas, reminiscencias de José Benito, gaiteiro e cowboy, portada de “La Gran Enciclopedia Gallega”. Chámase Ei Moneixas! e vai apasodoblada, con muiñeira no medio. Nesta tocoulle acompañarnos ó noso admirado Óscar, camarada sempre gustoso de tocar con nós.
Sen máis e nada máis, que vos guste; que vos preste.
Preme aquí pra escoitar os temas
E por sempre….opaííí!!!
A nova web de Buxaina
19 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,NovasComentarios fechados
“Había unha taberna en Palas que de seguro,…………….. era a máis pequena de toda a provincia, tiña unha superficie duns 6 m2, eso sí, nunca un metro cadrado pensou que puidera dar tanto de sí”.
Deste xeito comeza a presentación no renovado portal de Buxaina, un colectivo cultural de Palas de Reis que naceu aló polo 97 ao redor das foliadas da taberna “Miña Nai”.
Unha páxina web moi animada e bonita que recomendamos visitar. www.buxaina.net desenvolvida por du-as.net
MUSGAFOL
15 de Novembro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,NovasComentarios fechados
música contemporánea galega para gaita de fol
MUSGAFOL
gaitapiano
Venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e
a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha
etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que
están garantidos o seu ensino e a súa difusión.
Festa do outono en Couso
8 de Novembro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,NovasComentarios fechados
A asociación a Xesteira de Couso, ten a ben convidarvós a tod@s os que queirades pasarvós pola casa da escola o vindeiro día 22 a iso das oito da tarde, sobra falar de baile,música en directo, viño, arrós con cogumelos e todo ao que estades acostumados….quedades avisados
Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre
10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas,Novidades discográficasComentarios fechados
O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.
O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promivida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.
Marful no 2º concerto do Ciclo de Músicas Portuarias. Venres 27 Xuño en Ferrol
25 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,NovasComentarios fechados
O Ciclo de Músicas Portuarias reúne en Ferrol a grupos con linguaxes diferentes pero unidos polo denominador común dunha música con sabor a porto marítimo que lles dá o seu carácter. Unha ambigüidade de estilos a cabalo entre a música tradicional, a “de sempre”, e a cultura urbana e cosmopolita. Unha mistura natural de ritmos propios e e de ultramar, de sentimentos contradictorios por ser punto de partida e de chegada dos que emigran.
O 2º concerto do Ciclo trae a representación galega deste festival. Marful é unha das bandas que máis respecto está a gañar fóra do país e este concerto será unha oportunidade perfecta pra comprobalo no escenario incomparable do Teatro Jofre de Ferrol.
Ciclo Músicas Portuarias. Marcelo Mercadante. Venres, 20 xuño. Teatro Jofre
19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,NovasComentarios fechados
O Ciclo de Músicas Portuarias é unha mostra que convoca a unha serie de artistas galegos e internacionais co denominador común da música xurdida da cultura urbana dos portos. Unha música popular reflectida no sentir ecléctico e variado, cheo de influencias que agroman nun estilo propio de cada lugar xeográfico.
Un xénero musical por cada concerto deste Ciclo que se abre cun maestro consagrado -aínda sendo moi novo en idade- do tango porteño, Marcelo Mercadante.
Se hai algún instrumento que mellor reflite o intercambio musical nos portos é o acordeón, difundido extensivamente dende finais do XIX nos centros marítimos de Europa e América. Unha das particularidades locais máis destacada ao sentir galego è o acordeón na Arxentina: o bandoneón.
Marcelo Mercadante é un deses virtuosos do instrumento que lle dan vida ao tango.
Máis información, descargas de temas, fotografías…
– sitio web:
http://www.marcelomercadante.com/
-o seu sitio en Myspace:
http://www.myspace.com/marcellomercadante
(máis…)
Encontros de música tradicional de Carboeiro 08
28 de Maio 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,NovasComentarios fechados
7 de xuño(outro ano máis…) andaremos bailando, cantando, xogando, comendo, bebendo, tocando, contando contos, titereteando…e eu que sei cantas cousas máis! polo Mosteiro de Carboeiro en honor á ‘SANTA FERREÑA’.
Dende a sesión vermú ate que o corpo aghuante…
Vinde botar unha baila!
Concurso folque cancioneiros Fundación Barrié
11 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concursos,NovasComentarios fechados
La Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrecerá los días 4 y 5 de marzo en su sede de Vigo y 11 y 12 de marzo en su sede de A Coruña los recitales de los diez grupos preseleccionados en el Concurso Festival Folk Cancioneiros. Los recitales serán a las 20.30 horas con entrada libre hasta completar aforo del auditorio.
Los grupos preseleccionados proceden de Vigo, Arcade, Moaña, Salvaterra de Miño, Cangas de Morrazo, Sanxenxo, A Coruña, Cecebre, Sada y Lugo y el grupo más destacado será premiado con 6.011 euros, la grabación de un disco editado por la Fundación y la participación en un concierto con Milladoiro el 17 de mayo en A Coruña.
Comunicado recitales concurso Festival Folk A Coru_a y Vigo – Fundacion Barrie.doc
Departamento de Comunicación
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
Cantón Grande, 9. A Coruña
Policarpo Sanz, 31. Vigo
Tf.- 981 060 091 / 22 15 25 – 659 459 030
comunicacion@fbarrie.org
www.fbarrie.org
Curso de acordeón diatónico
11 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Formação,NovasComentarios fechados
I Curso rural de acordeón diatónico que tendrá lugar los días 25 a 29 de agosto en Bellver de Cerdanya (Lérida), con los profesores Ignacio Alfayé, Aleix Armengol y Marc del Pino. Toda la información también en www.cursrural.com