jump to navigation

II Curso de afinación de Gaita Galega

5 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Formação,Novas
Comentarios fechados

…..no Centro Cultural de Callobre (A Estrada).

Despois do éxito de afluencia que tivo o I curso de afinación, fai escasos días, a A.C Regatos de Matamulleres de Callobre na Estrada ten o gosto de vós convocar para:

9 e 10 de febreiro(Sábado e Domingo) en rexime de xornada completa e meia xornada; as actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:

-Afiado e preparación da navalla
-O pallón (fabricación e afinación)
-Elección da palleta
-Empalletado e afinación da palleta no punteiro

O encargado de impartir dito curso será D. Juan Casalderrei Rodríguez, gaiteiro, palleteiro e mestre de fabricación de palletas.

O prezo por alumno será de 45 Euros, e inclúe: Unha navalla (Opinel nº6, afiada e asentada), un xogo de lixas, uns apuntes, variada documentación con respecto a distintos tipos e usos da afinación, SW básico de edición de onda e partitura, así coma unhas 2000 partituras variadas en formato *enc, e válidos para reproducir como midi, e a comida do sábado, dado que o curso é ese dia sábado) será de mañán e de tarde.

Haberá que traer palletas en desuso e/ou estropeadas da casa

Para mais información e inscrición pódedes chamar aos telfs. 630 875 924 e 616 992 904

Se queredes ver o que foi a anterior sesión, fai un clique aquí

via LTV

Presentación:”El Romancero de la Galicia exterior”

1 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina. Norberto Pablo Cirio. Pontevedra.- Diputación Provincial, 2007. 176 p; 24 x 17 cm. ISBN: 978-84-8457-287-9. Colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía”. Encadernación: rústica.

O martes 5 de febreiro, ás 20.00 horas, presentarase no local da asociación de veciños de San Roque o libro El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.
Á presentación asistirá o deputado de Cultura, José Juan Durán Hermida, o presidente da asociación de veciños de San Roque, Sabino Martínez Fontán, e o especialista en música tradicional galega Oscar Ibáñez García.

Romancero.jpg

(máis…)

Confirmado o 4º Encontro Sanfona Contemporánea Ferrol-Narón.

23 de Xaneiro 2008 - Enviado por Sanfono a: aCF Actividades,aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Formação,Novas
Comentarios fechados

Por fin! A edición máis esperada do ano para os sanfoneiros en GAlicia e a máis impresionante de tódalas celebradas trae ate a Ferrolterra o “pai” da zanfona contemporánea, Valentín Clastrier!!!!!!!!
Un mito vivo que vén aprendernos nun curso intensivo de 12 h o seu método no afastado e tranquilo Mosteiro de Baltar (Narón).
Se isto non chegase, acompañará a presentación do disco do “Proyecto Miño” con Germán Diaz, colaboradores no espectáculo dirixido polo contrabaixista Baldo Martínez.
Para pechar o cartel a ACMTF (Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque), organizadora do evento, conseguiu un concerto do gran virtuoso Matthias Loibner e de Germán Diaz en solitario.
Por 1º vez organízase un palco aberto para todos aqueles que queiran tocarnos unhas pezas sobre un escenario e amplificados. Logo, a repichoca está asegurada.
Unha fin de semana inesquecible á altura da inquedanza sobre este instrumento en Galicia. Unha fin de semana de saturación zanfoneira e relax para quen se queira achegar a Baltar a aprender do Maestro ou a dar unha volta pola paroquia como acompañante.
Máis información e detalles de inscripción nos vindeiros dias
3 mesTres

3 músicos, 3 xeracións, 3 concertos, 3 días.
Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista.
O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas.
O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo.

Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

Inclúese o espectáculo “Proyecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.
Todo isto súmase a un curso intensivo con Valentín Clastrier no mosteiro de Baltar nunha fin de semana de convivencia cun concerto de participación aberta e jam session o sábado á noite.

Se gostas da música, debes vir; se amas a música, non o podes perder.

Biografías concisas, horarios e prezos:

(máis…)

Catro anos coa mesma “gentalha”

21 de Xaneiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

A asociación A Gentalha do Pichel, conmemora este o seu 4º aniversario con multitude de atividades coma as seguintes: Non deixedes de ir a elas.

JANEIRO
– Sexta Feira, 25:
às 20h inauguraçom da exposiçom “Sinaliza” com petisquinhos
às 23h ESTALOTADA
– Sábado 26:
· às 14h Jantar temático especial aniversário. Degustaremos as melhores receitas das anteriores ediçons(lembrade q podedes dar a vossa opiniom no blogue)
· às 17h realizaçom dum mural conmemorativo ” 4 anos de gentalha”
· às 20h apresentaçom do Manual Galego de Lingua e Estilo, com a autora e autores
· às 22h concerto dos VERDEGAIOS, e ao acabar foliada com a charanga “Folhas novas”
– Segunda Feira 28:
· às 20h 1ª parte do Curso de Consumo Responsável ( que comemos, qué compramos, quais som as nossas pautas de consumo? Pequenas mudanças para um dia-a-dia mais sustentável).
– Terça Feira 29:
· às 20h apresentaçom dos novos cursos e monográficos (capoeira com o brasileiro Mancha, danças do mundo com Mercedes Prieto, costura de reciclagem com Mari Silva, e corda)
– Quarta Feira 30:
· às 20h 2ª parte do curso de consumo responsável
– Quinta Feira 31:
· às 20 apresentaçom do livro Sarilhe com o autor, Elias Torres  e JR Pichel; depois apresentaçom do CD “topmanta” de Arredemo

FEVEREIRO
– Sexta Feira 1:
às 19h visita nocturna aos petroglifos de Conjo e O Pedroso
às 21h30 concerto dos ULTRACÄNS (os papaqueixos voltam à acçom!)
– Sábado 2:
·às 14h jantar temático de entruido(cocido, filhoas, orelhas,….)
Obradoiro de maquilhagem para disfrazar-se
·às 20 apresentaçom do vídeo “4 anos de gentalha”
·às 22h fim de festa com os THE HOMENS

Concerto de despedida Cempés + convidados

10 de Decembro 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

Xa o sabedes…   é a última.
Un Saudo se non nos vemos aló. e gracias a tod@s…

Vos agradecería lle dérades difusión a esta mensaxe.

Dia 22 de Decembro
Praza de Amboaxe, Ferrol
Despedida oficial de Os Cempés

Concerto baixo carpa:
22h  Os Cempés + convidados
24h  Los Zares  http://www.loszares.com

Brindisi.jpg

anm07, XII ediciòn

2 de Agosto 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

Couso, A Estrada 14 de agosto de 2007, 23:00 h

Zona de acampada

Servizo de autobuses desde A Estrada, saída da Praza da Farola

* Ida cara a Couso (ás 11:30 e á 1:00)
* Volta cara a Estrada (4:00; e ao remate da festa)

Presenta os seus espectáculos:

cousogran.jpg

Web de Couso 

(máis…)

Programaciòn Algarabìa

31 de Xullo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

Boas!..

Dentro do programa de actos da XXIII Algarabía comprácenos confirmarvos que o Sábado día 4, a iso das 7.30 no Parque de Loriga contaremos coa actuación do grupo SAMBALAND CLUB.

Este grupo está integrado por Moises Santos (voz + Guitarra) (Sao Paulo, Brasil), Barry Edwards (guitarra) (Reino Unido), Mariano Martos (baixo) (Bos Aires) Marcos Vázquez (batería) (Ribadavia) e Mike Fletcher (saxo) (Reino Unido).

Esta formación ven da unión do grupo Animales Domésticos con Moises Santos e Mike Fletcher. Atópanse de xira por Galiza, e informados da Algarabía como festa participativa e autoxestionada, decidíronse a colaborar e aportar seu bo facer.Esperamos que non vos perdades esta ocasión única de poder escoitar e bailar con esta gran banda que actua sen cobrar un can, apoiando a idea da Algarabía.

Por favor.. reenvia esta mensaxe os teus amigos para lograr que esta información chegue a máis xente. Grazas!

Se queredes ampliar a información:

http://www.marcosvazquez.com

farodevigo

(máis…)

Lèmbrate de….

23 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concursos,Novas
Comentarios fechados

Os dias 1,2 e 3 de Xuño serà o II Encontro e Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva Gaitas de Fol do Noroeste, preme na imaxe pra ver toda a info detallada.

cartazvillanueva.jpg

Proximos concertos de Linho do Cuco

21 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

As datas son as seguintes:

Esperamosvos  con ganas de festa e boa mùsica….

Opaiii…

IMG_3439.jpg

Xabier Dìaz presenta o seu novo traballo

18 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Pois si, Xabier Diaz farà  a  presentación do novo disco de Xabier Díaz “Coplas Para Icía” o vindeiro Martes 22 de Maio ás 12.00 hs na Galería Sargadelos (A Coruña, Rúa Real 56).

Presenta o acto Ugía Pedreira (Marful, Nordestinas…).

logo_blanco SALITREmini.jpg