jump to navigation

A música popular brasileira de Fred Martins proximamente de xira na Galiza

27 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

fredmartins

O cantor do Brasil, Fred Martins prepara a súa visita a terras europeas nunha xira que o traerá a distintas vilas galegas e en diferentes formacións. Destaca o concerto que dará no Ciclo de Músicas Portuarias en Ferrol o sábado 4 de Xullo no Teatro Jofre. Ademais atópase presentando o seu último traballo “Tempo afora”.
Estas son as datas da súa xira:

Escoita a súa música no seu MySpace de Fred Martins ou

descarga unha canción do seu ñuktimo disco en formato .MP3 aqui: Doceamargo

(máis…)

Entre a música e a palabra

14 de Maio 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Novas
Comentarios fechados

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CELEBRA O II CERTAME DAS LETRAS GALEGAS “ENTRE A MÚSICA E A PALABRA”, DEDICADO ESTE ANO A RAMÓN PIÑEIRO

Este venres 15 de maio ás 20:00 celebrase no Pazo provincial o II Certame das Letras Galegas “Entre a música e a palabra”, dedicado este ano ó escritor Ramón Piñeiro. Por segundo ano consecutivo a Deputación de Pontevedra prepara un acto de exaltación da lingua galega cunha festa entre a música e a palabra.

cartel pequeno2.jpg

(máis…)

Ciclo de Músicas Inmigradas na e-Trad

8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

imigradasA partir de mañá a e-Trad, a escola de música tradicional de Vigo,  vai desenvolver un ciclo adicado ás “músicas inmigradas”, protagonizado por músicos que residen en Galicia pero que proceden de tradicións distintas á nosa.

Cada xornada do ciclo, que se celebrará durante os vindeiros 3 venres, contará cunha parte expositiva, dando conta das características máis salientables de cada cultura, e outra musical, na que se reclamará a participación do público para conquerir un encontro ou intercambio entre culturas.

A actividade celebrarase no patio interior da Escola de Artes e Oficios e estará aberta ao público.

Este é o calendario:

Cultura de Recife

Renato Spencer, Experto en música Nordestina do Brasil

A Tabla indú

Vikas triparti, Tablista  benarés

Músicas Balcánicas

Piotr Lublin, Violinista polaco

Lembrar ademais ao respecto desta prestixiosa escola que recentemente a Concelleira de Educación confirmou o compromiso do Goberno Municipal de que esta escola non será trasladada da súa actual sede ata que un novo edificio estea en condicións de recibilas.

O curso actual rematará en García Barbón e o vindeiro curso tamén será completado na ubicación actual.

Rematando así a polémica do presumíbel traslado desta escola a outra localización sen determinar.

Regueifas na biblioteca

5 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

regueifeiros

O vindeiro venres 8 de maio ás 19 h na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago.

A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal acolle un espectáculo de regueifas a cargo da Asociación ORAL de Galicia. A regueifa é unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, mais a regueifa é máis popular.
O acontecemento terá lugar no Salón de Actos da bilioteca, avda. de Xoán XXIII, s/n 15704.
+ info: 881 999 401

Orazo’09 programación

2 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

manguelo

III Mestizo – 22 maio ás 23 h

VI Festival Folk – 23 maio

ás 19 h

ás 23 h

Máis info: www.cotomanguelo.aestrada.com

Linho do Cuco en Melide

30 de Abril 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Escea,Novas
Comentarios fechados

Linho do Cuco convídavos ao concerto que terá lugar en Melide, hoxe as 00:30 na sala 600, onde daremos conta dos temas do novo disco rodeados de amig@s que nos acompañarán.

Acompáñanos ti tamén, e ven botar unha baila!!!

cartazo linho do cuco_melide2.jpg

Comeza unha nova jam no Airas Nunes de Compostela

23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

airasJAM

Comezando este venres 24 de abril e cunha intención de periodicidade semanal, tódolos venres ás 21.30 h no Café Airas Nunes da rúa do Vilar nº17 de Santiago de Compostela.

Tódolos músicos están convidados a traer os seus instrumentos.

A partires das 24 h faremos tamén Jam Session de Trova Cubana.

O contacto para esta nova andaina é Martín Blanes (martin_blanes@yahoo.com)

Música para ver en Iruña

9 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

musicaver

Se andades por Iruña, non deixedes de visitar unha interesante exposición de  “Música Para Ver” en Civivox Mendillorri – Pamplona / Iruña. Exposición incluída dentro da programación “Abierto en Invierno”, programada polo concello desa cidade.

Amosa 30 laúdes do mundo en homenaxe ao compositor Isaac Albéniz, 100 aniversario da súa morte.

Exposición: “Laúdes del Mundo”

Lugar:
Civivox Mendillorri
Concejo de Sarriguren, 3
PAMPLONA / IRUÑA

Data: 16 de marzo a 18 de abril de 2009.

Horario de visita:

De luns a venres: 09:00 h. a 14:00 h. e 17:00 h. a 21:00 h.

Sábado: 10:00 h. a 14:00 h. e 17:00 h. a 21:00 h.

Domingo: pecha.

Programación abril na casa das Crechas

31 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Novas
Comentarios fechados

crechas.jpeg

+info

22º aniversario da casa das Crechas

27 de Febreiro 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Aquí vos vai o cartaz da festa do 22º aniversario da casa das crechas, así coma a programación para o vindeiro mes de marzo, un saúdo a tod@s. +info: casadascrechas.com

Velaí o cartaz do aniversario

cartaz.jpg

PROGRAMACIÃ?N DE MARZO DA CASA DAS CRECHAS.doc