jump to navigation

O CMTF na Delegación galega do XXXVIII Festival Intercéltico de Lorient

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Concursos,Novas
Comentarios fechados

Presentámosvos a delegación que vai representar a Galicia no 38º Festival Interceltique de Lorient, do 1 ata o 10 de agosto, adicado ao País de Gales:

-Banda de Gaitas Xarabal
-Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos
-Leilía
-Mutenrohi
-Quempallou
Linho do Cuco(alumnos e mestres do CMTF), no TROPHEE DE MUSIQUE CELTIQUE “« CIDRERIE DU TERROIR”
Carlos Quintá»(alumno do CMTF) (sen reborar), no TROPHEE INTERCELTIQUE D’ACCORDEON DIATONIQUE

Os Gaiteiros:
Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, no TROPHEE SOLISTES DE GAITA “Mc CRIMMON”

Artesans:
-Obradoiro de Gaitas Seivane
-J.J.Presedo: Controlador MIDI con dixitación de Gaita

Turismo:
-Pabellón de TURGALICIA e restauración

Podedes ver o Programa completo do FIL en:aqui

38-festival-interceltique.jpg

Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.

O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promivida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.

Invitacion.jpg

(máis…)

Cabarédeambulante

30 de Xuño 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Novas
Comentarios fechados

A Compañía Femme Fatale estrea o seu novo espectáculo de rúa titulado “CaBaReDeAmBuLaNtE”

O marco escollido foi o IV Festival Internacional VISIBLE de cultura LGTB de Madrid.

Durante dúas únicas funcións, unha en San Fernando de Henares e outra no madrileño barrio de Chueca, o 27 e 28 de xuño, respectivamente, a compañía coruñesa tivo a ocasión de amosar o seu novo espectáculo .

Música dixie da man dos vigueses St James Strett Band, e un novo concepto de animación e celebración de rúa cos actores e actrices Cecilia Campos, María Manero, Débora Botana, Maisha Ramos, Jesús Graña “Chusmi” e Nelson Quinteiro.

Coreografías, intervención, e unha celebración e explosión de color de máis de dúas horas de duración.

Provocación, desperreche, moito descaro, ambigüedade e altas doses de glamour.

femme fatale orgullo gay.jpg

(máis…)

Café da memoria.Conversas cos nosos maiores

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

VINDEIRO XOVES 26 DE XUÑO ÁS 18.30. O Museo do Pobo Galego CONVIDAN AS XENTES DA PARROQUIA DE ZOBRA (LALÍN).

Unha parola con café na que os nosos maiores falarán das súas experiencias. Un xeito de achegármonos a como vivían o amor cando mozos, como eran os xantares de celebración, as crenzas e costumes ao redor da morte, a escola, como foi a introdución de nova tecnoloxía no campo ou dos novos aparellos domésticos, como ven a vida agora… Un encontro que conta coa xenerosidade enorme de particulares e colectivos que participan para traballar encol do galego oral, da recuperación, a través destes portadores e portadoras, dun modelo de expresión que nos mostra a riqueza e variedade da nosa lingua, dos contos e sucedidos, dos ditos e saberes, da xestualidade que acompaña calquera narración oral.

Visita a súa web:
http://www.museodopobo.es/

Conversas_cafe.jpg

Día Europeo da Música no Museo do Pobo Galego

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

O sábado 21 de Xuño, o Museo do Pobo GAlego, organiza unha actividade aberta e participativa centrada na música tradicional, como unha forma específica de patrimonio inmaterial que, máis alá da súa función ede goce e celebracion, tamén é un vehículo para a transmisión de saberes e valores portadores de identidade.

Xosé Luís Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero) conducirán os asistentes a través dunha selección de elementos característicos da nosa tradición.

Esta actividade insírese no proxecto Sons e Voces da Identidade, co obxectivo de potenciar dous trazos esenciais do noso acervo folclórico: o valor asociativo e o valor informativo para a difusión cultural.

Visita a web do Museo pra máis información:

http://www.museodopobo.es/

Arte total.Ecléctica Ensemble no CGAC

18 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Escea,Novas
Comentarios fechados

Por fim!!! Ecléctica Ensemble presenta vinilo minidisc, ainda que nom hà grupo…haverá uma festa artistada com Quico Cadaval de mestre de ceremónias, Ramom Pinheiro (director da producçom), Davide Salvado, Richard Rivera, Ugia Pedreira, membros originais do projecto, Nacho Munhoz, Lez Cameselle, Luzia Aldao, Estevo Creus, Nathan Carter, Pancho Lapeña, Misha Bies Golas, Lhosca Arias, Xurxo Pinheiro, Fernando Abreu, Óscar Fernandez………. e tanta gente que participou com nós nestos anos em palco e desde hà três anos no laboratorio musical de Chaiam. Uma festa mulitidisciplinar que junta artes plásticas, poesia, desenho gráfico, música, oralidade… onde desfrutar dum acto único e irrepetivel e poder mercar o vinilo/CD do projecto.

Isto será na terraza do CGAC ás 22 horas o sábado dia 21, dia europeio da música.

Esta é a nossa despedida que terá segunda parte em Londres e em Porto.

Ficas convidadíiiiiiiiiiiiiiisima/o.

(máis…)

I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense

12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Concursos,Novas
Comentarios fechados

Anúnciase a convocatoria pra o Concurso de Cuartetos das festas da cidade das Burgas. As bases dispoñibles aquí –bases de concurso-, ou na web do concello www.ourense.es

Cartazconcurso_Ourense.jpg

(máis…)

1º Concurso de pandereteiras Loaira (Marín).2008

30 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,Novas
Comentarios fechados


O vindeiro día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa “envergadura”, o 1º concurso de pandereteiras LOAIRA.

Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.

Os grupos interesados en inscribirse podédelo facer no noso enderezo de correo electrónico ou nos números de teléfono 649 422 846 ou 652 945 215.
Ánimo, ghuapas e ghuapos!

(máis…)

Encontros de música tradicional de Carboeiro 08

28 de Maio 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

7 de xuño(outro ano máis…) andaremos bailando, cantando, xogando, comendo, bebendo, tocando, contando contos, titereteando…e eu que sei cantas cousas máis! polo Mosteiro de Carboeiro en honor á ‘SANTA FERREÑA’.
Dende a sesión vermú ate que o corpo aghuante…
Vinde botar unha baila!

cartaz encontros 08.jpg

X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña

23 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O vindeiro 23 e 24 de maio celebrase o X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña co seguinte programa:

Venres ás 21:00 h. na Casa da Cultura de San Vicente, a Baña:
Obradoiro de regueifas con Benito Lobariñas e Josiño ( o Xordo e o Caco).
Concerto didáctico con Pablo Carpintero.
Sábado ás 20:30 na Praza do Concello de San Vicente:
Grupo de Gaiteiros “Os Pequenos da Baña”.
Escola de Baile Tradicional da Baña.
Charanga Os Campantes da Baña.
www.musicasdaulla.blogspot.com