jump to navigation

Tradicións populares do Paraná no Museo do Pobo Galego

11 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados
divino

Mañá venres 12 de xuño ás 18 h no Auditorio do convento de San Domingos de Bonaval en Santiago, haberá unha proxección audiovisual e un coloquio con Lia Marchi, a coordinadora do Projeto Tocadores, unha iniciativa de pesquisa, documentación e divulgación de tradicións musicais populares que leva rexistrando durante nos últimos 10 anos a obra de cerca de 120 artistas populares no Brasil e Portugal.

O acto consistirá no visionado das dúas últimas películas documentais: “Dias de reis” e “Divino:”folia, festa, tradição e fé no litoral do Paraná.

Ao finalizar haberá un coloquio pra debatir, comentar ou facer preguntas a Lía Marchi.

Preparando os zapatos para ghastar pista!

10 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

imaxeXa falta pouco para o Baile Assalto que aCentral Folque está a preparar na Gentalha do Pichel. Será este venres ás 21.30 h no local da rúa Sta. Clara, 21 de Compostela.

Están confirmados os seguintes grupos: Dúo Fdez & Quintá, Estivada de Calo e Os Intrépidos do Ulla, e o dúo de acordeóns Sons da eira entre outros.

Levade algo de cartos se queredes poxar por algún dos obxetos que poñeremos a subasta e que persoal achegado áCentral Folque cedeu interesadamente.

Baile Assalto no Pichel

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

baile_asslato

aCentral Folque está a organizar coa Gentalha do Pichel o Baile Assalto, unha cita que xa é a terceira vez que se celebra onde poderás bailar agarrados e soltos ao son da música ao vivo de artistas do centro.  Prepara os teus mellores e máis cómodos zapatos para gastar a pista.

Ademais haberá unha poxa de obxetos folque relacionados coa vida do centro e dos seus profesionais.

Todo isto será ás 21,30 h o venres 12 de xuño no local da Gentalha do Pichel, no 21 da rúa Sta. Clara en Santiago de Compostela.

*Este local cumple coas normas locais do Concello de accesibildade para persoas con mobilidade reducida e un elevador para a pista de baile.

Varietés de aCentral Folque no Ultramarinos

15 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

iltr

Este sábado 16 de maio no pub Ultramarinos da zona vella compostelá na rúa Casas Reais a partir das 22 h. A entrada son 5 € e o aforo limitado.

Será unha noite con pequenas actuacións variadas ao redor da música e a expresión galega: scaleta possivel:

Presentan Nogueira & Pedreira e actuarán, entre outros,  Primordiais, dúo de harpa e tina desde Pontevedra;  Ninacreusas cun poema escénico, dúo de acordeóns Verdegaio; Wilson Payador,  improvisación oral desde Arxentina;  Triorilo regueiferos e moitos máis.

Haberá ademais un sorteo dunha cesta con produtos típicos da cultura folque.

aCentral Folque en Espazos Sonoros

21 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Obradoiro de gravación en cilindro fonográfico con A.Kolkowski

Terá lugar o día luns 27 de abril pola tarde (16 a 20 h) na Sala Nasa.

A proposta para este obradoiro é experimentar coa gravación en cilindro fonográfico e que  alumnos e profesores da escola graven ao vivo diante dos aparatos deste sistema “primitivo” na fixación dos rexistros sonoros.

kolkowskiÉ aberto e de balde para os que queiran asistir a este obradoiro previa inscrición no teléfono +34 881 031 829 ou no correo electrónico info@folque.com

Ademais da parte práctica da gravación, haberá outros temas de interese coma Introdución ás técnicas de gravación con cilindros de cera e discos de acetato; Demostración de gravacións acústicas; Sesións de gravación en disco coa música e cds dos alumnos.

Aleksander Kolkowski (1959, Londres) músico e compositor británico que traballa con instrumentos e máquinas da era pioneira da gravación e da reprodución (violíns de Stroh, gramófonos da conclusión, discos da goma laca e fonógrafos de cilindro) para facer música mecánico-acústica viva.

Espazos Sonoros é un festival de música suxestiva en arquitecturas especiais. Engloba  ámbitos temáticos adicados á diferentes xéneros, estilos e épocas. Unha das súas orientacións é repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

(máis…)

V Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón ’09

26 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados
zanfona

Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público.

É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas.

Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a abraiar e sorprender.

Avant-garde en Narón

O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario.

(máis…)

V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón. Avance

12 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

zanfona
O Encontro coa Zanfona Contemporánea que cada ano se vén celebrando en Narón por estas datas chega a súa V edición. Terá lugar entre o 13 e o 15 de marzal en diferentes puntos deste concello e reunirá a interesados por este instrumento milenario que está a rexurdir con moita forza nos últimos anos en toda Europa e baixo diferentes estilos e apreciacións.

O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co Padroado de Cultura do Concello de Narón e logo de catro edicións convertíuse nun referente pedagóxico e escénico montado ao redor deste instrumento milenario cunha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas pola especificidade da proposta e a achega de “maestros” internacionais á Ferrolterra.

Os anos anteriores viñeron até Narón uns dos mellores representantes europeos deste instrumento: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

O mestre invitado é Grégory Jolivet, un novo valor do centro de Francia cunha longa experiencia nos escenarios. Dado a coñecer internacionalmente logo de sustituir ao mítico Nigel Eaton como zanfonista da histórica banda inglesa Blowzabella e cunha sólida traxectoria como solista e en formacións de dúo e trio. Compartirá escenario nos concertos do venres no Auditorio de Narón con Xarnege, un colectivo transfonterizo de bascos e gascóns.

(máis…)

Todos os detalles dos Monográficos’09 de aCentral Folque

14 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

banner1monograficos

Xa podedes consultar toda a información na páxina web do centro sobre os detalles dos cursos monográficos deste ano.

Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica para tódolos en  interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.

Destinatarios: profesionais e iniciados na música de calquera nivel.
Datas: entre febreiro e xuño do 2009.
Lugar: Santiago de Compostela.

*Prazas limitadas. Acceso por orde de preinscrición

Inscripción:

enviar formulario de preinscripción antes do 20 de febreiro no correo electrónico matricula@folque.com ou ao enderezo das oficinas:

aCentral Folque, Salvadas 22 baixo, 15705, Santiago.

Para descargar as follas de preinscripción e saber máis, segue este link:

http://folque.com/01.060602wp/?page_id=1244

Remata o Ciclo de Músicas Portuarias con Mísia este venres 11 de Xullo no Jofre

8 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O Ciclo de Músicas Portuarias é unha homenaxe a unha cultura mariñeira que tivo nos portos a referencia en terra do que sae e vén do mar. Un mundo de ida e volta, de viaxes, de emigración. Unha representación en clave musical da mestizaxe cultural entre os pobos.
Clausurará este festival unha das artistas máis recoñecidas do fado en Portugal e unha das máis afamadas fóra das súas fronteiras. Mísia pon o broche a un festival que achega a Ferrol ás correntes actuais das músicas populares e urbanas dos portos do mundo. A artista máis sobranciera do Ciclo e moi pouco prolífica en aparicións públicas en Galicia. Será unha das poucas oportunidades de vela entre nós no seu único concerto do ano no país.

Con este concerto remata o Ciclo que encheu Ferrol de actividades musicais sobranceiras cun adicación especial dende a Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Aínda quedan entradas á venda no despacho de billetes do teatro Jofre.
Misia
(máis…)

Actividades do Ciclo Músicas Portuarias: paseo musical na ría de Ferrol

3 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Como unha das actividades complementarias aos concertos do Ciclo de Músicas Portuarias, a Asociación do Conservatorio Folque e a Concellaría de Cultura de Ferrol organizan uns paseos en lancha pola ría o vindeiro sábado 5 de Xullo pola mañán con saída dende o peirao de Curuxeiras, no porto de Ferrol.

Será un paseo turístico en lancha pola ría de Ferrol para descubrir dende dentro os encantos e recantos dun estuario singular: Estaleiros de Navantia, Arsenal militar, Base da Graña, Castelos da Palma e San Felipe, Fortalezas de San Carlos e San Cristovo, vila de Mugardos, porto de O Seixo, ensenada de A Malata…

Un percorrido amenizado con música ao vivo do dúo de acordeón diatónico e zanfona con Carlos Quintá e Óscar Fernández.

ria de ferrol