Descarga ao vivo Cuba-Galiza
9 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Escea,NovasComentarios fechados
O venres 22 de Febreiro de 2008 ás 20:30 no Teatro Mella na Habana
Aínda que a música cubana se conforma fundamentalmente a partir de influencias europeas e africanas, as especificamente atribuíbeis aos galegos son reducidas a antes do s. XIX, debido á escasa presenza destes entre os continxentes de colonizadores. Na segunda metade deste século e na primeira do seguinte, a inmigración galega adquirirá considerábeis proporcións, chegando a ser a que conte con maior presenza en Cuba. Como froito de tal aporte potenciarán a economía e misturarán os xenes con tributos culturais rastreábeis na lingua, a música, a gastronomía, a arquitectura e o urbanismo. Será neste período cando se definan os principais trazos dunha historia común compartida por galegos e cubanos, na que a música destacará como o factor de fusión e transculturización máis determinante.
Hoxe unha xeneración de novos, mais experimentados músicos e bailarins cubanos e galegos, volven a ollada sobre as composicións do tempo dos seus avós. Partindo orzamentos cunha gran liberdade creativa e interpretativa dentro dun amplo abano de estéticas sonoras e coreográficas contemporáneas camiñan dende o Jazz Latino ata o Folk europeo dando forma a DESCARGA AO VIVO.
Pescudar no patrimonio musical compartido, permitiunos facer unha selección de obras que en moitos casos foran esquecidas e das cales dificilmente se atopan copias das partituras, sendo raras ou inexistentes as versións fonográficas. No caso de Del Ferrol a La Habana, que narra musicalmente o percorrido feito polo seu autor, o guitarrista ferrolán Juan Parga establecido a finais do s. XIX na Habana, contribuiu ao inicio da experimentación coas tradicións musicais. O mestre cubano Guillermo M. Tomás que foi o encargado de dirixir á Banda Municipal da Habana o sete de decembro de 1907 na estrea mundial do Himno Galego, compuxo nese mesmo ano, o pupurrí de Aires nacionales Cuba-Galicia, no que demostrou un coñecemento profundo da música popular galega coa que soubo conxugar melodías cubanas, dando continuidade á creación dun espazo de encontro para a música cubana e galega no que hoxe nós volvemos a atopar.
As festas dos galegos en Cuba celebradas antano nos xardíns da Tropical ou da Polar comezaban case relixiosamente co son da gaita interpretando a Alborada do mestre Pascual Veiga, tema que se converteu en pouco tempo nun dos símbolos espirituais da comunidade galega de emigrantes en toda América Latina. Festas nas que a gaita en mans de grupos como o Quinteto Monterrey fixo un oco na tradición instrumental cubana interpretando xotas, muiñeiras e pasodobres, e mesmo habaneiras ou danzóns. É que como dicía o escritor M. García Barros “o danzón para un galego de corazón é un acto transcendental”. O xénero creado por Miguel Failde, fillo de galego e mulata, foi o gran protagonista das romarías e a súa asimilación por parte dos membros da comunidade de emigrantes chegou a simbolizar o seu grao de integración, adhesión e compromiso co seu pobo de acollida.
Ademais das músicas que soaban nas festas impulsadas pola comunidade galega temos particular interese en dirixir a mirada e o ouvido á obra de destacados compositores galegos que viviron e compuxeron en Cuba sumando a súa bagaxe na música galega a cubana como os emigrados José Castro Chané, José F. Vide e Ricardo Fortes Alvarellos, ou o exiliado Antonio Rodríguez Álvarez. A súa obra inseparablemente galega e cubana non tivo ata agora a suficiente atención por parte dos investigadores permanecendo descoñecida por músicos e público. Tamén nós detemos ante un dos grandes mitos para a emigración galega en toda Latinoamérica, o prodixioso violinista Manuel Quiroga. Nas súas xiras polo continente recolleu ritmos e formas musicais populares que utilizou nalgunhas das súas obras máis emblemáticas como a 2ª Guajira.
Completan a nosa aproximación neste repertorio común ritmos de orixe cubana como a habaneira ou a rumba que na súa difusión e peregrinar por medio mundo chegaron e quedaron na tradición musical galega.
Un vello encontro pendente entre dúas tradicións musicais ao que acudimos seducidos. Un palco común entre músicas, músicos e público ao que agora nós sumamos nesta DESCARGA AO VIVO.
Confirmado o 4º Encontro Sanfona Contemporánea Ferrol-Narón.
23 de Xaneiro 2008 - Enviado por Sanfono a: aCF Actividades,aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Formação,NovasComentarios fechados
Por fin! A edición máis esperada do ano para os sanfoneiros en GAlicia e a máis impresionante de tódalas celebradas trae ate a Ferrolterra o “pai” da zanfona contemporánea, Valentín Clastrier!!!!!!!!
Un mito vivo que vén aprendernos nun curso intensivo de 12 h o seu método no afastado e tranquilo Mosteiro de Baltar (Narón).
Se isto non chegase, acompañará a presentación do disco do “Proyecto Miño” con Germán Diaz, colaboradores no espectáculo dirixido polo contrabaixista Baldo Martínez.
Para pechar o cartel a ACMTF (Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque), organizadora do evento, conseguiu un concerto do gran virtuoso Matthias Loibner e de Germán Diaz en solitario.
Por 1º vez organízase un palco aberto para todos aqueles que queiran tocarnos unhas pezas sobre un escenario e amplificados. Logo, a repichoca está asegurada.
Unha fin de semana inesquecible á altura da inquedanza sobre este instrumento en Galicia. Unha fin de semana de saturación zanfoneira e relax para quen se queira achegar a Baltar a aprender do Maestro ou a dar unha volta pola paroquia como acompañante.
Máis información e detalles de inscripción nos vindeiros dias
3 mesTres
3 músicos, 3 xeracións, 3 concertos, 3 días.
Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista.
O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.
Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas.
O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo.
Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.
Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.
Inclúese o espectáculo “Proyecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.
Todo isto súmase a un curso intensivo con Valentín Clastrier no mosteiro de Baltar nunha fin de semana de convivencia cun concerto de participación aberta e jam session o sábado á noite.
Se gostas da música, debes vir; se amas a música, non o podes perder.
Biografías concisas, horarios e prezos:
Suspendense os Intensivos de veràn
31 de Xullo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,NovasComentarios fechados
SUSPENDEN-SE OS INTENSIVOS DESTE VERÁN 2007.
NO Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalim suspendem-se os intensivos do Verán 2007 e ficades convocados/as para outros que viram doutro xeito, doutras maneiras, doutra forma.
Concerto Aberto 07
28 de Xuño 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Axenda,NovasComentarios fechados
CONCERTO ABERTO _
Salón teatro de Lalin, dia 30 ás 17 horas.
Concerto do Conservatorio Folque de Lalín.
O CMTF despidese do curso dunha maneira muito especial e distinta cada ano. Nos anos anteriores o CMTF ten proxectado o documental de Pucho Boedo con a presencia de Xurxo Souto, realizado seráns, presentación de libros musicais etc.
Cada fin de curso está levado por un presentador doutra disciplina artística ou da mesma, presentadores utópicos e pouco habituais . Pasou polo Salon Teatro Sonia Levedisky, Luis o Caruncho, Celso Sanmartín, Carlos Santiago,Misha Bies Golas, Alberto Indeza, Pepa Yañez……….
O presentador deste fin de curso 06/07 é VITOR MOSQUEIRA (Mofa e Befa). Vitor interpretará a un músico fustrado que toca a guitarra, o clarinete, a pandeireta…
Contaremos tamén cunha convidada ben coñecida do centro: Mercé de Rande, coreografa galega asentada en Zurich e bailadora no espectáculo Salon de Baile de Marful. O primeiro curso que organizou MERCÉ DE RANDE en Galiza foi no CMTF baixo o título: Desinibición vocal corporal no 2001.
O concerto aberto é unha mostra do que se coce nas aulas e nos corredores do centro. Teremos oportunidade de escuitar o Combo Folque (un espazo de cada sábado ás 13h. donde calquer alumno de calquer nivel do centro ou de fora ten o impulso de tocar en coleitividade, unha jam sesion dentro do centro cada sábado), qué é o que fan os da Escola Folque Infantil, a aula de gaita, as preciosas melodias que arranxa Guadi Galego (profesora de canto) para os seus alumnos que versionaran “Laurindinha” de Chouteira con Beatriz DIaz como solista.
O concerto remata con o Combo que representou ao CMTF nas xornadas de mùsica galega na Praça del Rei en Barna. Un grupo composto polo futuro da música galega de alta calidade, talento e creatividade. Unha delicatessen final.
Auditorio Municipal de Lalín ás 21h.
Concerto do mestre gaiteiro EDELMIRO FERNANDEZ acompañado da Banda Municipal de Lalín.
Edelmiro Fernandez é un dos gaiteiros mais admirados e respeitados no mundo da gaita galega. O seu curriculun bota por fora en canto a premios, viaxes, representacións, colaboracions discográficas. É mestre de gaita no CMTF de Lalín e o concerto con a Banda de Lalín estará cheio de elegancia e humildade dun mestre con maiúsculas.
“… pido humildade para a gaita” dixo Moxenas.
Contato Comunicación Begoña Lorenzo. tlf.646 572076
CMTF a Cuba
2 de Xuño 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Axenda,NovasComentarios fechados
Este luns dia 4 o CMTF fará o seu achegamento a Cuba. Na Feira do LIbro do mes de febreiro Ugia Pedreira, foi convidada para cantar sosiña na feira. Ali, coñeceu á directora do Instituto Superior de Artes, Ana M. Mafud. Ambas directoras comezaron a traballar e a unir azos entre estes dous centros con dous obxectivos_ Un combo de alumnos galegos cubanos que se estrenará nos dias da próxima Feira do Libro adicada a Galiza._ O desenvolvimento da investigación sobre música galega en Cuba iniciada polo profesor de Historia da Música Galega (CMTF) Ramom Pinheiro. Pinheiro fará ponte entre o ISA e o CMTF para recuperar patrimonio inmaterial musical na Havana e traballar no repertorio posibel para o Combo Galego-cubano do ISA e do CMTF. Ugia Pedreira pola sua banda marcha cos Tres Peixes voando /Guilhe e Xabier Diaz/ para realizar no ISA 5 programas adicados á actual musica galega nos xéneros de folque, pop-rock e jazz. Os 5 programas serán distribuidos polas radios da illa co obxectivo de espallar a nosa música polas ondas radiofonicas cubanas. Esta iniciativa está promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusion Cultural e producida polo Departamento de Proxección Musical do IGAEM.
CMTF en Barcelona
17 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Fotos,Concertos,NovasComentarios fechados
O CMTF de Lalín (Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín) participou esta fin de semana en SONGALIZA, I Ciclo de Música de Galiza en Cataluña.
Un grupo de alumnos do centro lalinense trasladouse a Barcelona, onde actuaron a mañán do domingo na praza do Rei. Algúns mestres do centro tamén impartiron talleres de instrumento dentro do programa de actividades do ciclo. A experiencia foi moi positiva, tamén polo boa acollida por parte do público catalán.
Máis información:
www.songaliza.com
Este sábado comeza o derradeiro monográfico. APRENDIZAXE DE CANCIÓNS DO REPERTORIO TRADICIONAL GALEGO-PORTUGUÉS. Imparte J. Luis Do Pico Orjais (mestre de primaria, cofundador do CMTF e responsable da reedición do Cancioneiro de Inzenga). Sábado 19 de Maio de 10 a 14 e de 16 a 19. Matrícula 30 €.
CMTF en Catalunya
8 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Axenda,Formação,NovasComentarios fechados
O Conservatorio Folque estará nas Xornadas de Música Galega en Cataluña. Varios profesores dando aulas: Ramom PInheiro, Oscar Fdez, Carlos QUintá e a profesora asociada Pepa Yañez. A directora Ugia Pedreira e a profesora de canto Guadi galego actuarán no Palau da Música con Mercedes Peón e Rosa Zaragoza o venres dia 11. Tamén haverá unha representación do alumnado do centro que tocarán na Praça del Rei xunto co Conservatorio de Música Tradicional de Vigo e a AUla de Música Catalá. Mais info no arquivo achegado.
Recorda…Ciclo trad, agora……….. Carmen Dor
15 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Recomenda,Axenda,Concertos,NovasComentarios fechados
MONOGRÁFICO DE VIOLINO TRADICIONAL, DE OSLO A COMPOSTELA
4 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Monográficos,Axenda,NovasComentarios fechados
Impartido por Quin Farinha, membro de grupos como Berrogüetto, Talabarte Trío, a Banda das Crechas e Sol de Farofa, comeza este sábado día 10 de marzo o seu monográfico. Verase un amplo repertorio de violino tradicional, como xa di ó nome, “dende Oslo, ata Compostela”. A duración do monográfico é ata o mes de xuño, e o prezo da matrícula, tan só 50€ ó mes, recibindo clases individuais.
MONOGRÁFICO DE DANZAS DO MUNDO.
4 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Monográficos,Axenda,NovasComentarios fechados
Impartido por Beatriz Díaz, musicoterapeuta e bailadora de danza galega. Cun só día de duración, este sábado 10 de marzo, de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 20 horas pola tarde, poderás desfrutar dun día aprendendo danzas de distintas partes do mundo. Prezo de matrícula do curso; 40€