jump to navigation

CMTF en Oiartzun

26 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

O CMTF participou como coorganizador este fin de semán 25-26 de novembro nas 1ªs Xornadas de Pandeireta Peninsular celebrada fora da fronteira Pontevedra (donde se veñen organizando desde o 2004).

herrimusikarentxokoa.jpg

(máis…)

O CMTF na tele……….

17 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

alala_g .jpg

Siiiiiiiiiiiii alguen se lembra de nos ademais de nos mesmos, yujuuuu, que marabilla, pois ben, como todos sabedes hai unhas semanas viñeron os da tele a nos gravar ao “conser”, e agora imos sair na television da Galiza o vindeiro martes ou terça feira as 21:51 exactamente, asi que todos co dedo no boton vermello preparados pra lle dar ao rec pero por se alguen se despista teredes a posibilidade de descargar o programa dende esta paxina se a tecnoloxia mo permite, atencion 3,2,1……..gravando……..tralarirarirarira tralarirariraraaa

A TVG lembrase do CMTF

14 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

A TVG acordase por fin do CMTF e disponse a gravar imaxes e sons para un,….. non pra dous programas no formato ALALÀ….dende aqui moita ilusiòn….

Presentaciòn CMTF 06/07

5 de Outubro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

O dia 7 ás 17 horas presentarase o novo curso do CMTF no Salon -Auditorio de Lalín.
Coñeceredes ós profesores, ás instalacións, o funcionamento do centro, ó webmaster, ós proxectos da asociación do CMTF…
e interpretaranse ás seguintes cancións:

– Adaptación da canción “O Manual do Señorito” de Manuel Maria- Maria Manuela e Miguel. Interpretada por Iago Mouriño de Cronopios ó piano, Begoña Fdez (alumna de canto e cantante en Grodan de Flo), Benjamín Otero (profesor de solfexo ) ó oboe.

– “Tango Estudio de Pintura” de Pedro Pascual (prof. de diatónico e compoñente de Marful). Interpretada por el mesmo, Carlos Quintá (alumno de diatónico e membro de Linho do Cuco ), Cristina Presas ó cello, Dario Gonzalez ao vibràfono e Benjamín Otero.

Estades convidadas-os.

O CMTF DI:

“A miña contribución ó folque é a miña forma de ver a galaxia desde o planeta musgo…. (máis…)

Seguindo ós passos do profesor José Luis Dopico Orjais.

27 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Proximamente estará representando ó CMTF no Encontro de Pandeireta celebrado en Euskadi (Oiartzun) no centro de José M. Beltrán. Dopico fará unha ponencia co título: Introdução a historiografia da pandeireta, pandeiro ou adufe na Galiza. Tamén está convidado a dar un relatorio o dia 3 de outubro en Bragança sobre As afinidades do folclore galego-português. No congreso da Asociación de Gaiteiros galegos en novembro falará sobre a educación da música tradicional na Galiza.

Dopico foi xunto con Ramón Pinheiro e Ugia Pedreira responsábel no desenho educacional deste centro lalinense. Foi profesor de Teoria e Método da música patrimonial no CMTF durante 3 anos e nel ten realizado combos vocais sobre música galego-portuguesa .Está vinculado ó centro desde entom como profesor asociado participe en seminarios, reunions e decisons do CMTF e da As. CMTF.
orjais.JPG

III Encontro de Pandeireta Internacional de Pontevedra

16 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

III ENCONTRO DE PANDEIRETA INTERNACIONAL. Galiza e Italia.

¡¡¡¡¡¡¡Non teñas medo que rache!!!!!!!

Pontevedra.

24 de setembro 2006
pandeireta_02.jpg

(máis…)

PRESENTACIÓN DO NOVO CURSO NO CMTF DE LALÍN

7 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

O dia 7 de outubro farase a presentación do novo curso 06/07 do Conservatorio de Música Tradicional e Folque ás 17 horas no Auditorio Municipal.

– presentación da equipa do centro: dirección, profesorado,producción, webmaster…
– coñecemento das instalacións: aulas e Teca.
– funcionamento do centro desde a docencia á producción.
– reunión do alumnado co profesorado.
– presentación da Asociación do CMTF e da sua programación para o novo curso.
– breve concerto do alumnado en acústico.

Intensivos de verán no CMTF

1 de Agosto 2006 - Enviado por xu a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Comezan mañá no Conservatorio folque de Lalín ás 11h. os Intensivos de verán dirixidos a estranxeiros, filh@s de emigrantes, musicos profesionais e afeizoados. Hoxe é o ultimo dia de matrícula. Os intensivos a realizarse son:

Mañá dia 2 de agosto as aulas impartidas serán: de 11 a 14 h. Aula teórica de Historia da Música Galega / de 17 a 20 h. Aula de pandeireta – Aula de expresión para o canto galego. Profesorado: Ramom PInheiro, Davide Salvado, Ugia Pedreira.

Xoves dia 3 de agosto as aulas impartidas serán: de 11 a 14h. Expresión e cantos do mundo- Aula de pandeireta / de 17 a 20 horas. Expresión canto galego e cantos do mundo – Aula de Pandeireta.

Matricula do curso: 100 euros. Preinscrición: conservatoriofolque@folque.com ou tlfes. 627 934368. Pagamento da matrícula no número de conta: 2080 0401 6 3 0040184764 Caixa Nova.

 

Intensivos de verán 2006 do CMTF

11 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

FOLQUEflyerintensivosFILM.jpg

Excursión a Oiartzun

15 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,aCF Fotos
Comentarios fechados

Un día a aCMTF foi a Oiartzun…
IV EXCURSIÓN MUSICAL DO CMTF A EUSKADI

Oiartzun

(máis…)