Pablo Devigo gana o XVIII Constantino Bellón
1 de Setembro 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
Pablo Devigo resultou gañador desta edición do Concurso de Gaiteiros solistas Constantino Bellón.
«¡É unha recompensa a moito traballo, despois de presentarme ao premio catro veces…!», nesta ocasión Pablo Devigo, gañou tamén o premio de composición.
Os dous accésits foron para, Bruno Villamor, e para Gonzalo Abelairas.
O premio Seivane ao mellor intérprete foráneo foi para o arxentino Santiago Agustín Molina
Así coma o Bellón de ouro foi para o programa Alalá da CRTVG
Foto: La Voz
Resultados do Gaiteiro de Soutelo
24 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
Onte celebróuse en Soutelo de Montes unha nova edición do concurso de gaiteiros solistas Avelino Cachafeiro encadrado dentro da festa do Gaiteiro de Soutelo, cos seguintes resultados.
Cabe suliñar que esta edición do concurso foi organizada pola AGG.
1º Pablo Carpintero
2º Pablo Devigo
3º Óscar Ibáñez
4º Miguel Fraguas
5º Rubén Troitiño
Foto: Julio C. García
Os gañadores recollendo o premio
Linho do Cuco 3º en Lorient
15 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
O grupo Linho do Cuco, do que forman parte, mestres e alumnos do CMTF ven de conseguir o 3º posto no Trophée du Musique Céltique du Lorient “Cidrerie du Terroir” competindo contra grupos do resto de países célticos coma, Gales, Cornualles, Isla de man, Bretaña,Irlanda Asturias e Galicia.
O concurso disputóuse en dúas fases, unha eliminatoria que se celebrou durante catro días, nos que participaban tres grupos diarios, e unha final na que pasaron 5 grupos dos 15 totais.
Linho fixo unha interpretación onde deixou o seu marcado estilo de murga ou orquestina, matizado con temas populares de banda de música, e coa frescura das melodías de composición propia, que se desmarcaba bastante da tónica xeral do resto dos grupos participantes.
Resultados XI Memorial Manuel Texo
21 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
O XI Memorial Manuel Texo celebrouse no día de onte na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra.
Cunha participación de cinco cuartetos tradicionais, o xurado formado por Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso, decidíu conceder os 3 primeiros premios a :
1º premio ( 1.100 € )_REDEA SOLTA (Castro Caldelas)
2ºpremio ( 500 € )_ANACOS DE BUXO ( Nigrán)
3ºpremio ( 300 € )_ABELENTE (Ourense)
XI Memorial Manuel Texo.Concurso de grupos tradicionais
15 de Xullo 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,NovasComentarios fechados
O vindeiro día 20 de Xullo terá lugar unha nova edición do Concurso de grupos tradicionais organizado pola Asociación Cultural Ullán.
O Concurso terá lugar na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, en Vedra, a iso das 18:00 h.
Os grupos clasificados para concursar son os seguintes:
- 1- PICUIÑA ( Marín)
- 2- ABELENTE ( Ourense)
- 3- ANACOS DE BUXO ( Nigrán)
- 4- SEITURA ( Vedra)
- 5- REDEA SOLTA ( Castro Caldelas)
O xurado encargado de valorar e dicidir o gañador son: Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso
Os grupos óptan a 3 premios:
- 1º premio_1.100 € + Trofeo
- 2º premio_500 € + Trofeo
- 3º premio_300 € + Trofeo
Os trofeos levarán a firma de artesán Manolo Caamaño.
O deseño dos carteis e dípticos será a cargo do Estudio de Deseño e Arquitectura “Desescribir”
A Fotografía será responsabilidade do fotógrafo Xan Muras.
Durante o Concurso presentarase o Disco do X Memorial Manuel Texo.
Xa para rematar, teremos o pracer de escoitar un manifesto, como xa pasara o ano pasado con Xurxo Souto, este ano será a cargo da Poetisa Luz Fandiño.
http://musicasdaulla.blogspot.com/
O CMTF na Delegación galega do XXXVIII Festival Intercéltico de Lorient
10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Concursos,NovasComentarios fechados
Presentámosvos a delegación que vai representar a Galicia no 38º Festival Interceltique de Lorient, do 1 ata o 10 de agosto, adicado ao País de Gales:
-Banda de Gaitas Xarabal
-Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos
-Leilía
-Mutenrohi
-Quempallou
–Linho do Cuco(alumnos e mestres do CMTF), no TROPHEE DE MUSIQUE CELTIQUE “« CIDRERIE DU TERROIR”
–Carlos Quintá»(alumno do CMTF) (sen reborar), no TROPHEE INTERCELTIQUE D’ACCORDEON DIATONIQUE
Os Gaiteiros:
Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, no TROPHEE SOLISTES DE GAITA “Mc CRIMMON”
Artesans:
-Obradoiro de Gaitas Seivane
-J.J.Presedo: Controlador MIDI con dixitación de Gaita
Turismo:
-Pabellón de TURGALICIA e restauración
Podedes ver o Programa completo do FIL en:aqui
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense
12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Concursos,NovasComentarios fechados
Anúnciase a convocatoria pra o Concurso de Cuartetos das festas da cidade das Burgas. As bases dispoñibles aquí –bases de concurso-, ou na web do concello www.ourense.es
Clasificación V Certame de gaitas Manuel Villanueva
8 de Xuño 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
A clasificación final do V certame de gaitas Manuel Villanueva celebrado onte día 7 na praza da Chousa de Combarro a cargo do xurado calificador composto por; Pepe Vaamonde, Álvaro Novegil, Andrés Vilán e Roberto Quintillán foi o seguinte:
- 1º Clasificado: Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Saburido, Miguel Fraguas)
- 2º Clasificado: Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral, e Alex Covelo)
- 3º Clasificado: Dotrinque (Carlos Tomico, Óscar Pazos e Carlos Mouriño)
Premio especial Manuel Villanueva: José M López Trío
1º Concurso de pandereteiras Loaira (Marín).2008
30 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,NovasComentarios fechados
O vindeiro día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa “envergadura”, o 1º concurso de pandereteiras LOAIRA.
Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.
Os grupos interesados en inscribirse podédelo facer no noso enderezo de correo electrónico ou nos números de teléfono 649 422 846 ou 652 945 215.
Ánimo, ghuapas e ghuapos!
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense
22 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,NovasComentarios fechados
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense, que se desenvolverá os vindeiros 28 e 29 de xuño, unha excusa mais para desplazarse ate Ourense e desfrutar das festas da nosa cidade.
Unhas festas nas que, este ano sí, a cultura galega será protagonista, cun espazo propio no que disfrutar dela ‘polos cinco sentidos‘, e na que terán lugar eventos coma este concurso de cuartetos, concertos de música tradicional, folk e pop galego, a celebración dun día adicado ao Traxe tradicional esa misma fin de semana, degustacións gastronómicas, xogos tradicionais, contacontos, exposicións audiovisuais..Ou sexa, moita, moita festa…!!