MORFASÓNS. Espectáculo da Aula Folque Infantil de Pontevedra
31 de Maio 2008 - Enviado por Folque a: AFi,Concertos,Novas
O CMTF recomenda este acto de fin de curso onde a rapazada nos ensinará o que aprenderon todo este ano. O escaparate das xeracións do futuro.
Cando? Sábado 31 de Maio ás 18 h
Onde? no Pazo da Cultura de Pontevedra
O qué? MORFASÓNS: novo espectáculo da AFI -Aula Folque Infalntil de Pontevedra- no que o alumnado da escola amosarán o traballo realizado nas aulas durante o curso.
Un esectáculo de música e danza actualizando a expresión do noso povo, unha viaxe polo mundo AFI que sorprenderá pola actitude e bon facer destas novas promesas.
1º Concurso de pandereteiras Loaira (Marín).2008
30 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,Novas
O vindeiro día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa “envergadura”, o 1º concurso de pandereteiras LOAIRA.
Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.
Os grupos interesados en inscribirse podédelo facer no noso enderezo de correo electrónico ou nos números de teléfono 649 422 846 ou 652 945 215.
Ánimo, ghuapas e ghuapos!
A Gaita de Sarandón e a Requinta de Xián en concerto. Sta. Cruz de Ribadulla.Vedra. 1 de Xuño
30 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Novas
A GAITA DE SARANDÓN e a REQUINTA DE XIÁN estarán este domingo 1 de Xuño en Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, deleitándonos cun fermoso concerto a iso das 13:30 h no Pazo de Ortigueira en celebración da Festa das Flores.
www.musicasdaulla.blogspot.com
Encontros de música tradicional de Carboeiro 08
28 de Maio 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
7 de xuño(outro ano máis…) andaremos bailando, cantando, xogando, comendo, bebendo, tocando, contando contos, titereteando…e eu que sei cantas cousas máis! polo Mosteiro de Carboeiro en honor á ‘SANTA FERREÑA’.
Dende a sesión vermú ate que o corpo aghuante…
Vinde botar unha baila!

X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña
23 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
O vindeiro 23 e 24 de maio celebrase o X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña co seguinte programa:
VII Serán no Carballal.24 Maio 2008
23 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
MANGUELO FOLK 2008. Orazo.A Estrada
23 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
www.musicasdaulla.blogspot.com
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense
22 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,Novas
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense, que se desenvolverá os vindeiros 28 e 29 de xuño, unha excusa mais para desplazarse ate Ourense e desfrutar das festas da nosa cidade.
Unhas festas nas que, este ano sí, a cultura galega será protagonista, cun espazo propio no que disfrutar dela ‘polos cinco sentidos‘, e na que terán lugar eventos coma este concurso de cuartetos, concertos de música tradicional, folk e pop galego, a celebración dun día adicado ao Traxe tradicional esa misma fin de semana, degustacións gastronómicas, xogos tradicionais, contacontos, exposicións audiovisuais..Ou sexa, moita, moita festa…!!
www.musicasdaulla.blogspot.com
Concerto das Letras Galegas en Vedra.
18 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
Domingo 18 de Maio- 19:00 horas
Casa da Cultura-Santa Cruz de Ribadulla ( Concello de Vedra-A Coruña)
Programa:
Gustavo Freire, Juan Montes, R. Soutullo, Ernesto Campos, Simón Couceiro, Juan Lois….
SOLISTAS:
José Manuel López “Josele”, Gaita
Ernesto Campos, Serrucho musical e guitarra
Pablo Emilio Santaclara, Tuba
Narrador: Genaro da Silva
*BANDA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
Director titular: Juan Lois Diéguez
Ciclo Músicas Portuarias
17 de Maio 2008 - Enviado por Folque a: Novas

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta a organización do Ciclo de Músicas Portuarias promovido polo Concello de Ferrol que terá entre Xuño e Xullo e ao longo dun mes, unha serie de concertos e actividades ao redor do concepto de música e os portos. Un cartaz de grupos de nivel internacional e dimensión oceánica:
-
Marcelo Mercadante y su Quinteto Porteño: venres 20 de Xuño,
-
Marful: venres 27 Xuño
-
Anabel Santiago: venres 4 Xullo
-
Mísia: venres 11 Xullo
Actividades: Sábado 5 Xullo
-
Espectáculo musical infantil con Stranniki e Manolo Panferreteiro
-
Paseos en lancha pola ría de Ferrol con música ao vivo (máis…)