jump to navigation

Cabarédeambulante

30 de Xuño 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Novas
Comentarios fechados

A Compañía Femme Fatale estrea o seu novo espectáculo de rúa titulado “CaBaReDeAmBuLaNtE”

O marco escollido foi o IV Festival Internacional VISIBLE de cultura LGTB de Madrid.

Durante dúas únicas funcións, unha en San Fernando de Henares e outra no madrileño barrio de Chueca, o 27 e 28 de xuño, respectivamente, a compañía coruñesa tivo a ocasión de amosar o seu novo espectáculo .

Música dixie da man dos vigueses St James Strett Band, e un novo concepto de animación e celebración de rúa cos actores e actrices Cecilia Campos, María Manero, Débora Botana, Maisha Ramos, Jesús Graña “Chusmi” e Nelson Quinteiro.

Coreografías, intervención, e unha celebración e explosión de color de máis de dúas horas de duración.

Provocación, desperreche, moito descaro, ambigüedade e altas doses de glamour.

femme fatale orgullo gay.jpg

(máis…)

Marful no 2º concerto do Ciclo de Músicas Portuarias. Venres 27 Xuño en Ferrol

25 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O Ciclo de Músicas Portuarias reúne en Ferrol a grupos con linguaxes diferentes pero unidos polo denominador común dunha música con sabor a porto marítimo que lles dá o seu carácter. Unha ambigüidade de estilos a cabalo entre a música tradicional, a “de sempre”, e a cultura urbana e cosmopolita. Unha mistura natural de ritmos propios e e de ultramar, de sentimentos contradictorios por ser punto de partida e de chegada dos que emigran.

O 2º concerto do Ciclo trae a representación galega deste festival. Marful é unha das bandas que máis respecto está a gañar fóra do país e este concerto será unha oportunidade perfecta pra comprobalo no escenario incomparable do Teatro Jofre de Ferrol.

Marful

(máis…)

Ciclo Músicas Portuarias. Marcelo Mercadante. Venres, 20 xuño. Teatro Jofre

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O Ciclo de Músicas Portuarias é unha mostra que convoca a unha serie de artistas galegos e internacionais co denominador común da música xurdida da cultura urbana dos portos. Unha música popular reflectida no sentir ecléctico e variado, cheo de influencias que agroman nun estilo propio de cada lugar xeográfico.

Un xénero musical por cada concerto deste Ciclo que se abre cun maestro consagrado -aínda sendo moi novo en idade- do tango porteño, Marcelo Mercadante.

Marcelo_Mercadante

Se hai algún instrumento que mellor reflite o intercambio musical nos portos é o acordeón, difundido extensivamente dende finais do XIX nos centros marítimos de Europa e América. Unha das particularidades locais máis destacada ao sentir galego è o acordeón na Arxentina: o bandoneón.

Marcelo Mercadante é un deses virtuosos do instrumento que lle dan vida ao tango.

Máis información, descargas de temas, fotografías…

– sitio web:
http://www.marcelomercadante.com/

-o seu sitio en Myspace:
http://www.myspace.com/marcellomercadante

(máis…)

Café da memoria.Conversas cos nosos maiores

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

VINDEIRO XOVES 26 DE XUÑO ÁS 18.30. O Museo do Pobo Galego CONVIDAN AS XENTES DA PARROQUIA DE ZOBRA (LALÍN).

Unha parola con café na que os nosos maiores falarán das súas experiencias. Un xeito de achegármonos a como vivían o amor cando mozos, como eran os xantares de celebración, as crenzas e costumes ao redor da morte, a escola, como foi a introdución de nova tecnoloxía no campo ou dos novos aparellos domésticos, como ven a vida agora… Un encontro que conta coa xenerosidade enorme de particulares e colectivos que participan para traballar encol do galego oral, da recuperación, a través destes portadores e portadoras, dun modelo de expresión que nos mostra a riqueza e variedade da nosa lingua, dos contos e sucedidos, dos ditos e saberes, da xestualidade que acompaña calquera narración oral.

Visita a súa web:
http://www.museodopobo.es/

Conversas_cafe.jpg

Día Europeo da Música no Museo do Pobo Galego

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

O sábado 21 de Xuño, o Museo do Pobo GAlego, organiza unha actividade aberta e participativa centrada na música tradicional, como unha forma específica de patrimonio inmaterial que, máis alá da súa función ede goce e celebracion, tamén é un vehículo para a transmisión de saberes e valores portadores de identidade.

Xosé Luís Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero) conducirán os asistentes a través dunha selección de elementos característicos da nosa tradición.

Esta actividade insírese no proxecto Sons e Voces da Identidade, co obxectivo de potenciar dous trazos esenciais do noso acervo folclórico: o valor asociativo e o valor informativo para a difusión cultural.

Visita a web do Museo pra máis información:

http://www.museodopobo.es/

Arte total.Ecléctica Ensemble no CGAC

18 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Escea,Novas
Comentarios fechados

Por fim!!! Ecléctica Ensemble presenta vinilo minidisc, ainda que nom hà grupo…haverá uma festa artistada com Quico Cadaval de mestre de ceremónias, Ramom Pinheiro (director da producçom), Davide Salvado, Richard Rivera, Ugia Pedreira, membros originais do projecto, Nacho Munhoz, Lez Cameselle, Luzia Aldao, Estevo Creus, Nathan Carter, Pancho Lapeña, Misha Bies Golas, Lhosca Arias, Xurxo Pinheiro, Fernando Abreu, Óscar Fernandez………. e tanta gente que participou com nós nestos anos em palco e desde hà três anos no laboratorio musical de Chaiam. Uma festa mulitidisciplinar que junta artes plásticas, poesia, desenho gráfico, música, oralidade… onde desfrutar dum acto único e irrepetivel e poder mercar o vinilo/CD do projecto.

Isto será na terraza do CGAC ás 22 horas o sábado dia 21, dia europeio da música.

Esta é a nossa despedida que terá segunda parte em Londres e em Porto.

Ficas convidadíiiiiiiiiiiiiiisima/o.

(máis…)

V Festa do Muíño do Verdugo

16 de Xuño 2008 - Enviado por festadomuinho a: Novas
Comentarios fechados

V Festa do Muíño do Verdugo

Como tódolos anos dende 2004 celébrase, a finais de xuño a
Festa do Muíño do Verdugo
.

(máis…)

Ciclo de Músicas Portuarias. Máis detalles

12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

PortuariasLembrade que a Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque está a organizar -canda o Concello de Ferrol a través da concellería de Cultura- o Ciclo de Músicas Portuarias. Aínda que este ano estivemos sen curso regular, tentamos manter a calidade das produccións que dende aquí se deseñan.

Esta ocasión para adicar un festival ás músicas populares dos portos, das tabernas, de ritmos “ida e volta”, misturados, eclécticos…

Este será un festival de música mariñeira na excelencia do Teatro Jofre como escenario principal mais tomando outros espacios da cidade coma a Capela do Torrente Ballester -antigo Hospital- e as míticas lanchas que transportaban os habitantes da bisbarra pola ría entre Mugardos, San Felipe e Ferrol.

Un cartel de dimensión internaional con Mísia como estrela pero sen esquecer novos valores coma Anabel Santiago ou Marcelo Mercadante ou os xa consagrados Marful.

Concertos no Teatro Jofre ás 20.30 tódolos venres:

O CD de bOnOvO Preséntase xa

12 de Xuño 2008 - Enviado por oscarfono a: Novas
Comentarios fechados

O 1º Cd do Trio bOnOvO xa existe,

Polo momento so se poderá adquirir nos concertos que este trio fará proximamente… Xa!:

Venres 13, Sala Garufa, A Coruña 23 h
Sábado 14, Sala DZINE, San Sadurniño 23 h
Venres 20, A Ghentalla do Pichel, 20 h

Entrada 5€ CD 12€ Entrada +CD 15€ para tódolos concertos

Máis información e descargas en www.bonovo.org

bonovo.jpg

Convocatoria de artistas para o festival Reperkusion de Allariz

12 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

organización do festival informa sobre a convocatoria de artistas para os escenarios de día do festival REPREKSUIÓN, que se celebra os días 19, 20 e 21 de setembro en Allariz (Ourense).

A convocatoria está aberta a tódolos artistas que desexen expoñer os seus traballos de calquera disciplina artística (música, danza, teatro, fotografía, escultura, etc…) e compartir así cartel con grupos nacionais e internacionais como Deliqüentes, 2 Many Djs, John Acquaviva, Tonino Carotone, etc…

Para máis información entrade na web sobre o Festival en www.reperkusion.com

ou contactar con: