jump to navigation

Resultados XI Memorial Manuel Texo

21 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

O XI Memorial Manuel Texo celebrouse no día de onte na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra.
Cunha participación de cinco cuartetos tradicionais, o xurado formado por Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso, decidíu conceder os 3 primeiros premios a :

1º premio ( 1.100 € )_REDEA SOLTA (Castro Caldelas)
2ºpremio ( 500 € )_ANACOS DE BUXO ( Nigrán)
3ºpremio ( 300 € )_ABELENTE (Ourense)

XI Memorial Manuel Texo.Concurso de grupos tradicionais

15 de Xullo 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concursos,Novas
Comentarios fechados

O vindeiro día 20 de Xullo terá lugar unha nova edición do Concurso de grupos tradicionais organizado pola Asociación Cultural Ullán.

O Concurso terá lugar na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, en Vedra, a iso das 18:00 h.

Os grupos clasificados para concursar son os seguintes:

O xurado encargado de valorar e dicidir o gañador son: Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso
Os grupos óptan a 3 premios:

Os trofeos levarán a firma de artesán Manolo Caamaño.

O deseño dos carteis e dípticos será a cargo do Estudio de Deseño e Arquitectura “Desescribir”

A Fotografía será responsabilidade do fotógrafo Xan Muras.

Durante o Concurso presentarase o Disco do X Memorial Manuel Texo.

Xa para rematar, teremos o pracer de escoitar un manifesto, como xa pasara o ano pasado con Xurxo Souto, este ano será a cargo da Poetisa Luz Fandiño.

http://musicasdaulla.blogspot.com/

O CMTF na Delegación galega do XXXVIII Festival Intercéltico de Lorient

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Concursos,Novas
Comentarios fechados

Presentámosvos a delegación que vai representar a Galicia no 38º Festival Interceltique de Lorient, do 1 ata o 10 de agosto, adicado ao País de Gales:

-Banda de Gaitas Xarabal
-Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos
-Leilía
-Mutenrohi
-Quempallou
Linho do Cuco(alumnos e mestres do CMTF), no TROPHEE DE MUSIQUE CELTIQUE “« CIDRERIE DU TERROIR”
Carlos Quintá»(alumno do CMTF) (sen reborar), no TROPHEE INTERCELTIQUE D’ACCORDEON DIATONIQUE

Os Gaiteiros:
Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, no TROPHEE SOLISTES DE GAITA “Mc CRIMMON”

Artesans:
-Obradoiro de Gaitas Seivane
-J.J.Presedo: Controlador MIDI con dixitación de Gaita

Turismo:
-Pabellón de TURGALICIA e restauración

Podedes ver o Programa completo do FIL en:aqui

38-festival-interceltique.jpg

III Festival galego de Cabaré

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: Novas
Comentarios fechados

Hoxe ás 12:00 de meiodía, no Salón Real do Pazo de María Pita presentouse a terceira edición do Festival Galego de Cabaré, que se celebrará na cidade da Coruña do 22 ao 28 de setembro de 2008.

Os encargados desta presentación foron María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do Excmo Concello da Coruña e Nelson Quinteiro, director da mostra teatral.

O Festival Galego de Cabaré é unha nova proposta dentro das artes escénicas en Galiza dende o 2006.

Poderiamos definilo como unha celebración e recoñecemento en torno do cabaré galego, a súa existencia, a súa calidade e a súa variedade de traballos.

Espectáculos de cabaré ao estilo berlinés; monologuistas ao estilo convencional; números aéreos de trapecio e telas, novo circo e malabares en torno ao cabaré; danza de todos os estilos, mestres de cerimonias, escapismo, maxia, poesía, números de travestismo e incluso strip-tease, todo baixo un filtro galeguizador, maioritariamente na nosa língua e de altísima calidade.

Cabare3 A Coruña 800 web.jpg

(máis…)

Foliada nas Rías Baixas: Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre

10 de Xullo 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.

O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro “Polo”, Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promivida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.

Invitacion.jpg

(máis…)

Remata o Ciclo de Músicas Portuarias con Mísia este venres 11 de Xullo no Jofre

8 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O Ciclo de Músicas Portuarias é unha homenaxe a unha cultura mariñeira que tivo nos portos a referencia en terra do que sae e vén do mar. Un mundo de ida e volta, de viaxes, de emigración. Unha representación en clave musical da mestizaxe cultural entre os pobos.
Clausurará este festival unha das artistas máis recoñecidas do fado en Portugal e unha das máis afamadas fóra das súas fronteiras. Mísia pon o broche a un festival que achega a Ferrol ás correntes actuais das músicas populares e urbanas dos portos do mundo. A artista máis sobranciera do Ciclo e moi pouco prolífica en aparicións públicas en Galicia. Será unha das poucas oportunidades de vela entre nós no seu único concerto do ano no país.

Con este concerto remata o Ciclo que encheu Ferrol de actividades musicais sobranceiras cun adicación especial dende a Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Aínda quedan entradas á venda no despacho de billetes do teatro Jofre.
Misia
(máis…)

Actividades do Ciclo Músicas Portuarias: paseo musical na ría de Ferrol

3 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Como unha das actividades complementarias aos concertos do Ciclo de Músicas Portuarias, a Asociación do Conservatorio Folque e a Concellaría de Cultura de Ferrol organizan uns paseos en lancha pola ría o vindeiro sábado 5 de Xullo pola mañán con saída dende o peirao de Curuxeiras, no porto de Ferrol.

Será un paseo turístico en lancha pola ría de Ferrol para descubrir dende dentro os encantos e recantos dun estuario singular: Estaleiros de Navantia, Arsenal militar, Base da Graña, Castelos da Palma e San Felipe, Fortalezas de San Carlos e San Cristovo, vila de Mugardos, porto de O Seixo, ensenada de A Malata…

Un percorrido amenizado con música ao vivo do dúo de acordeón diatónico e zanfona con Carlos Quintá e Óscar Fernández.

ria de ferrol

Actividades do Ciclo de Músicas Portuarias: A Montaña Magnética

3 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O sábado 5 de Xullo ás 18 h na capela do Torrente Ballester en Ferrol terá lugar o espectáculo infantil da Montaña Magnética, un concerto didáctico a redor dos portos do mundo.
Unha actividade con entrada de balde e orientada para os nenos e nenas de tódalas idades.

Stranniki nace no ano 2000 da conxunción musical entre dous currunchos de Europa. Un ucraíno, dous bielorrusos, un lugués e un de Ferrol que misturan con acordeón, violino, baixo e percusión un cóctel de estilos populares con gran finura. Xúntanse co multiinstrumentista Manolo de Berrobambán para o espectáculo da Montaña Máxica. Levaran a nenos e maiores nunha viaxe musical a través do Atlántico, na que se escoitarán as músicas que son banda sonora de cidades con cheiro a mar: Lisboa, Bos Aires, Rio de Xaneiro, Nova Orleáns… Nelas poderemos apreciar tanto as diferenzas como as semellanzas que nos falan de mestizaxe e influencias dunhas sobre as outras.
O mar é diferente en cada praia. Así tamén esta historia vai mudando.

Stranniki

Anabel Santiago no Ciclo de Músicas Portuarias. Venres 4 Xullo

1 de Xullo 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O Ciclo de Músicas Portuarias pretende revalorizar esa música popular -ás veces esquecida como tal- que xurdiu da mistura cultural nos puntos de partida e chegada dos seus pobos: os portos. Música de taberna, de emigración, de ida e volta, de influencias de ultramar…

O 3º concerto do Ciclo achega a tonada asturiana, un xénero propio cheo de referencias doutros lugares. Unha mistura de estilo rural e urbano, coplas dun lirismo desgarrado e sentido que está a ser actualizado pola voz máis fresca de Asturias: Anabel Santiago, quen en pouco tempo fixo rexurdir este xénero de canción dende o respecto á tradición e a liberdade interpretativa.

Anabel SAntiago

(máis…)