AULA CABARÉ 08
26 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Formação,NovasComentarios fechados
Rectificación á nova “Resultados do Gaiteiro de Soutelo”
26 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Folque.com quere aclarar un asunto relativo á nova aparecida días atrás na súa web sobre os resultados do concurso de gaita e tambor Avelino Cachafeiro “Gaiteiro de Soutelo” na súa edición do ano 2008 que tivo lugar en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra) o pasado 23 de Agosto.
A nota mencionaba “Cabe suliñar que esta edición do concurso foi organizada pola AGG” (sic).
Esta información é errónea e logo de consultar diversas fontes, desmentimos a afirmación de que a AGG, como organismo non tivo que ver na organización de dito concurso.
O concello de Forcarei tivo contacto iniciais para a colaboración en actos -mostra de instrumentos e actuacións de grupos- do Día do Gaiteiro nos que está enmarcado este certame e que non se organizaron pola AGG.
Folque.com quere pedir desculpas polos malentendidos causados a este respecto e non quere entrar en polémicas sobre o resultado final do certame nin valorar persoalmente á decisión do xurado.
“Prestixio”, espectáculo de Xacarandaina na praza de Mª Pita
26 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O mércores 27 de Agosto terá lugar a representación do último espectáculo escénico montado polo G.M.B.T. Xacarandaina “Prestixio”.
Será na praza de María Pita de Coruña ás 21.30 h
Actos do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
26 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Como cada ano polo día de San Ramón, o ATENEO FERROLÁN organiza o concurso de gaita galega “Constantino Bellón”, concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.
Os actos terán lugar no Teatro Jofre de Ferrol ás 20.30 h os días 30 e 31 de Agosto.
Sábado día 30 de agosto de 2008
Estreno PEZAS gañadoras do Premio de Composición
Domingo día 31 de agosto de 2008
FINAL do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
Ateneo Ferrolán (Fundado en 1879) www.ateneoferrolan.org
Resultados do Gaiteiro de Soutelo
24 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
Onte celebróuse en Soutelo de Montes unha nova edición do concurso de gaiteiros solistas Avelino Cachafeiro encadrado dentro da festa do Gaiteiro de Soutelo, cos seguintes resultados.
Cabe suliñar que esta edición do concurso foi organizada pola AGG.
1º Pablo Carpintero
2º Pablo Devigo
3º Óscar Ibáñez
4º Miguel Fraguas
5º Rubén Troitiño
Foto: Julio C. García
Os gañadores recollendo o premio
Confirmado o cartel do festival REPERKUSIÓN08 en Allariz
21 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,NovasComentarios fechados
O festival conta con artistas de 1ª liña, de renome nacional e internac ional e trae por primeira vez a Galicia a grupos como 2manydj s e Roy PacI & Aretuska. As entradas do festival saen hoxe a venda cun prezo reducido ata o 1 de setembro.
O 19, 20 e 21 de setembro son as datas escollidas para celebrar a sexta edición de Reperkusión. O lugar, Allariz, un enclave natural que se atopa na provincia de Ourense. Nesta ocasión o festival recupera o espírito de rúa co que se orixinou, levando actividades e espectáculos fóra dos recintos habituais. A falla de pechar os últimos flecos, xa se confirmou o cartel deste ano, con concertos, djs e actuacións de rúa para todos os gustos:
Festival CRUNIA en Coruña
20 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Durante toda a vindeira semana, a explanada do estadio de Riazor acollerá o Festival Interurbano de Música CRUNIA, no que preto dunha vintena de bandas da escena local poderán amosar a súa valía ao vivo, alternando cunha formación de recoñecida traxectoria a nível estatal.
A asistenza aos concertos, que darán comezo ás 21.00 horas, é de balde, de xeito que todos os coruñeses amantes da música podan respaldar o traballo que están facendo as bandas da súa cidade.
Linho do Cuco 3º en Lorient
15 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,NovasComentarios fechados
O grupo Linho do Cuco, do que forman parte, mestres e alumnos do CMTF ven de conseguir o 3º posto no Trophée du Musique Céltique du Lorient “Cidrerie du Terroir” competindo contra grupos do resto de países célticos coma, Gales, Cornualles, Isla de man, Bretaña,Irlanda Asturias e Galicia.
O concurso disputóuse en dúas fases, unha eliminatoria que se celebrou durante catro días, nos que participaban tres grupos diarios, e unha final na que pasaron 5 grupos dos 15 totais.
Linho fixo unha interpretación onde deixou o seu marcado estilo de murga ou orquestina, matizado con temas populares de banda de música, e coa frescura das melodías de composición propia, que se desmarcaba bastante da tónica xeral do resto dos grupos participantes.
O “Proxecto Zocas” nas últimas representacións do verán
12 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,NovasComentarios fechados
“PROXECTO ZOCAS” é un proxecto multidisciplinar no que diferentes áreas artísticas relacionanse entre si coas zocas como nexo de cohesión. Danza contemporánea e tradicional galega, música e artesanía ao vivo en espacios urbanos mesturados nun espectáculo dinámico, visual e irónico.
A compañía Á Mercé das CirKunsTANZias remata a súa xira galega este verán coas seguintes actuacións:
- 22 Agosto en Ribadeo, 20 h
- 23 Agosto Portomarín, 20 h
Dirixido por Mercé de Rande coa asistencia coreográfica de Henrique Peón, a interpretación musical de Óscar Fernández coa zanfona electroacústica e loops electrónicos e a representación en directo do zoqueiro Alberto Geada, fan deste proxecto unha das apostas multidisciplinares máis frescas do panorama galego actual.