Rematando o prazo de preinscrición: algunha praza libre
29 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
O vindeiro mércores día 1 remata oficialmente o prazo de prematrícula para o curso 2008-2009 en aCentral Folque.
Para todas aquelas persoas interesadas, aínda quedan sen cubrir completamente as materias de frautas e requinta, acordeón diatónico e sanfona.
En canto ás que estades xa preinscritas ou vos inscribades estes días, lembrar que as probas de acceso terán lugar estes venres 3 -de 10 a 21 h- e sábado 4 de outubro -de 10 a 14 h.
Empezaremos a avisar persoalmente as horas das audicións e colgaremos os horarios nesta páxina.

Ábrese o prazo de prematrícula en aCentral Folque Compostela
15 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Abrése o 15 de setembro e até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.
O proceso consta de:
- Prematrícula
- Proba de acceso/ audición
- Formalización da matrícula.
As materias impartidas son:
- Canto
- Gaita
- Percusión tradicional
- Sanfona
- Violino
- Acordeón diatónico
- Frautas e requinta
- Linguaxe Musical
- Hª da música popular galega
Proceso de matriculación:
PREMATRÍCULA: Entregar o documento de prematrícula nas oficinas do Centro:
– Rúa Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela en horario de luns a venres: 10- 18 h
– enviando por correo electrónico o formulario web no enderezo: matricula@folque.com
Datas: entre o 15 setembro e 1 de outubro.
PROBA DE ACCESO/audición: proba de aptitude en instrumento e solfexo para determinar nivel de ingreso na sede de ensino de acentral Folque na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre s/n. 15705 Santiago de Compostela.
Datas (por orde de chegada):
– 3 de outubro: 16 h – 20 h
– 4 de outubro: 10 h -14 h
MATRÍCULA: formalización de matrícula do alumnado selecionado na proba de acceso co pagamento no banco da cantidade total polas materias a cursar.
Datas: 6 – 17 de outubro.
O resultado da audición para o ingreso, realizarase mediante correo electrónico.
canto custa?
150 € anuais por materia + seguro escolar.
Máis información e consultas:
* correo electrónico: matricula@folque.com
* teléfono: 651 957 361
Descarga o formulario (arquivo.doc): formulario_prematricula
SEGUINTE CAPÍTULO: aCentral Folque, CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR
12 de Setembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Tras a incertidume do último ano, abre as súas portas aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Tras o éxito do desaparecido Conservatorio de Música Tradicional e Folque nunha andaina de sete anos na súa sé de Lalín, o equipo de produción e docente volve á fronte para botar a andar este novo centro ubicado no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela.
As oficinas administrativas estarán na Rúa Salvadas 22, baixo e as aulas impartiranse na Escola de Altos Estudos Musicais no Parque de Vista Alegre.
Neste curso impartiranse aulas de: Canto (Guadi Galego), Gaita (Edelmiro Fernández), Acordeón diatónico (Pedro Pascual), Frautas e requinta (Roberto Sala), Percusión Tradicional (Francisco Estévez ‘Chuco‘), Sanfona (Óscar Fernández), Linguaxe Musical (Benxamín Otero), e Historia da música popular galega (Ramóm Pinheiro) aos que se lle suma a materia de Violino impartida por Quim Farinha.
O equipo de aCentral Folque garantirá a continuidade de proxectos complementarios ao ensino regular en Santiago de Compostela cos cursos monógraficos, intensivos de verán e encontros internacionais de instrumentos.
Nos vindeiros días, colgaremos máis informacións e xeitos de matriculación na propia páxina web e en notas de prensa.
O prazo de prematrícula comezará o luns 15 de setembro e pechará o 1 de outubro. A matrícula formalizarase durante o mes de outubro.
Abrirá en breve tamén o prazo de matrícula para a AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Até máis información, isto é todo.
Pablo Devigo gana o XVIII Constantino Bellón
1 de Setembro 2008 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Pablo Devigo resultou gañador desta edición do Concurso de Gaiteiros solistas Constantino Bellón.
«¡É unha recompensa a moito traballo, despois de presentarme ao premio catro veces…!», nesta ocasión Pablo Devigo, gañou tamén o premio de composición.
Os dous accésits foron para, Bruno Villamor, e para Gonzalo Abelairas.
O premio Seivane ao mellor intérprete foráneo foi para o arxentino Santiago Agustín Molina
Así coma o Bellón de ouro foi para o programa Alalá da CRTVG
Foto: La Voz