2º concerto matutino no CSC do Castiñeiriño o domingo 2 novembro
30 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este domingo ás 12.30 h celébrase o 2º concerto matutino a cargo do dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández dentro da serie de actividades que o Centro Galego de Música Popular organiza en locais socio-culturais de Santiago onde mestres de aCentral Folque Compostela actúan en formacións miúdas.
Para a segunda entrega serán Ugia Pedreira (directora de aCentral e cantante de recoñecido prestixio) e Óscar Fernández (mestre e músico de referencia do folque galego). Comparten escea nun dúo de voz e sanfona que interpretarán un repertorio de composicións de Ugia e os temas que ela aprendeu de súa nai na casa familiar en Foz.
Dous músicos que xa colaboraron no disco Circo Montecuruto de Cempés e que desde entón buscaban formulas para facer música xuntos. Este é o terceiro concerto que realizan. O primeiro tivo lugar na Igrexa de Melide e o segundo no Teatro Paco Rabal de Vallecas.
1º concerto matutino aCF: Dúo Edelmiro Fernández – Francisco Estévez “Chuco”
22 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este domingo 26 de outubro ás 13 h no Centro Socio-cultural de Conxo comezarán as actividades matutinas de aCentral Folque en Santiago de Compostela.
Serán dous concertos e unha mostra de instrumentos tradicionais en centros socio-culturais da cidade os domingos pola mañán.
Os encargados de abrir esta rolda serán o mestre de gaita Edelmiro Fernández acompañado co tambor de Francisco Estévez “Chuco”, mestre de percusión de aCentral Folque.
adianto actividades trimestrais de aCentral Folque
20 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
aCentral Folque organiza actividades de carácter pedagóxico e escénico ao redor da música popular galega.
O 1º concerto será este domingo, un concerto matutino a cargo dos mestres de aCFC Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco” (Gaita e tambor) ás 13.00 h no Centro Sociocultural de Conxo.
PROGRAMA
- Concertos matutinos. Centros socioculturais de Santiago
Domingo 26 de outubro_13.00 h
Dúo Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco”. (Gaita e tambor)
Centro Sociocultural de Conxo.
Domingo 2 novembro_12.30 h
Dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández. (Voz e sanfona)
Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Domingo 9 novembro_12.30 h
Mostra de instrumentos populares do mundo. Roberto Sala.
Centro sociocultural de Fointiñas.
- Conversas abertas e presentacións editoriais. Auditorio da EAEM (Escola de Altos Estudios Musicais)_19.30 h
Sábado 8 de novembro_
“Uxía e Emilio Cao no espello”
Presentación da revista de etnomusicoloxía Etnofolk
Ábrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra
17 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
A Aula Folque Infantil (AFI) de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.
A AFI é un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. É unha aula experimental coa música e baile tradicionais galegos como eixo fundamental entendida dentro do contexto global das músicas do mundo.
A Aula Folque Infantil propón aos nenos unha relación coa contorna contemplando o feito sonoro como unha ferramenta comunicativa e de autocoñecemento.
As materias de ensino son abertas e flexibéis. Hai contidos básicos de expresión corporal, canto e técnica instrumental, mais non restrinxidos, e sempre en contacto con outros módulos coma artesanía musical, gravación en estudio, videocreación, informática musical, práctica escénica,…
A AFI propón un ensino sen transmisión directa baseado nun profesor que conduza ao alumnado ao descubrimento por si mesmo dos coñecementos da materia a impartir. O mestre fornece os mecanismos de exploración interna infantil dun xeito lúdico e non traumático.
1º dia de escola e novas localizacións das aulas
17 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Mañá sábado 17 ademais do regreso do Fuxan os Ventos no Auditorio de Galicia, será o 1º día de aulas regulares de aCFC.
A ubicación definitiva das aulas de aCentral Folque Compostela na Escola de Altos Estudos Musicais é a que segue neste debuxo e que pode ser descarregada nun PDF aquí: PDF_aulas
De xeito extraordinario, as clases de gaita non terán lugar na aula de percusión de EAEM no soto do edificio senón que pasarán a unha das cabinas do 3º andar.
Gaiteiros, andade atentos!
aulas aCF e horarios de materias teóricas
14 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Publicamos a continuación un pequeno mapa do edificio de Altos Estudos Musicais onde aCentral Folque ocupará os seus espacios.
Para aquelas persoas que non estiveron na presentación do curso o pasado sábado, tamén se publican os horarios das materias de Linguaxe musical e de Hª da música popular galega ás que se deberan adaptar o horario das materias de instrumento.
descarga o arquivo aquí:plano_aulas_aCF.pdf
Linguaxe musical:
- 11 – 12 h: 1º curso
- 12 – 13 h: 2º curso
- 13 – 14 h: 1º curso
- 16 – 17 h: 2º curso
- 17 – 18 h: 1º curso
- 18 – 19 h: 2º curso
- 19 – 20 h: titorías
Hª da música popular galega:
- mañá: 11 – 12 h
- tarde: 17 – 18 h
aberto prazo de matrícula curso 2008-2009
13 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Para toda a xente aceptada no curso entrante de aCentral Folque Compostela, xa está aberto o prazo de matrícula para o 2008-2009 e se pechará no día 17 de outubro.
As oficinas administrativas estarán abertas ao público de luns a sábados en horario matutino (10-14 h) e vespertino (16-18 h) agás os luns á mañán e sábado á tarde que permanecerán pechadas.
Precisamos o número de conta da vosa entidade bancaria para facer o cobro das asignaturas nas que vos matriculedes máis o seguro escolar.
Tamén podedes enviar estes datos nun correo electrónico a matricula@folque.com
O teléfono da oficina é o 881 031 829
As oficinas atópanse na rúa Salvadas 22, baixo, 15705 Santiago, á volta da esquina da Escola de Altos Estudos Musicais.
1º concerto aCentral Folque
7 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este xoves as 20.30 na Igrexa da Universidade -antes da Compañía-, na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela -anexa á facultade de Historia- terá lugar o 1º concerto de aCentral Folque.
Será un espectáculo musical onde se sucederán actuacións individuais e colectivas do profesorado de aCentral Folque Compostela con convidados especiais. Será unha mostra amena e variada do persoal de aCentral.
A entrada é de balde.
Á espera da matriculación
6 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
As audicións desta fin de semana foron o último paso para entrar no curso 2008-09 na sé compostelana. A parte dos nervios e da espera dos candidatos e candidatas, o edificio da Escola de Altos Estudos Musicais empezou a respirar con algo de música popular.
En breve se lles comunicará aos prematriculados se foron seleccionados para formar parte deste curso en aCentral Folque Compostela.
Lembrar que este sábado será a presentación do curso na EAEM as 11 da mañá.
Esta semana tamén se abrirá o plazo para formalizar a matrícula.
Por último, non esquecer que este xoves 9 de outubro na Igrexa da Universidade en Santiago ás 20.30 h terá lugar o 1º concerto de aCentral Folque con entrada libre.
Probas de audición para aCentral Folque Compostela
1 de Outubro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Describimos a continuación as liñas principais da avaliación para a proba de acceso en aCentral Folque Compostela e adxuntamos documento para cubrir antes das probas. Podes descargar o arquivo completo co questionario aquí:
Lembrar tamén que hoxe mércores as 7 pm péchase o prazo de prematrícula. O número de persoas preinscritas supera o límite de prazas en case tódolas materias e non se admitirán máis candidat@s ao peche do prazo. Só nos instrumentos que fiquen sen cubrir, se poderá admitir a trámite a matrícula logo de superar a proba de acceso.
Para poder planificar dunha maneira máis axeitada ditas probas, necesitamos saber se tes experiencia no mundo da música, e de ser así, en que curso consideras que deberías entrar. Este dato non será vinculante e simplemente o facemos para partir dunha idea de cal é o teu nível, e así realizar unha proba máis específica, e polo tanto, máis xusta.
Ademais, consideramos importante coñecerte un pouco mellor, polo que necesitamos que nos envies cuberto ANTES da realización das probas o formulario que atoparás ao final do documento de descricion_audicion_aCF.
Para a convalidación da materia de Linguaxe Musical, será preciso presentar un documento que certifique que se rematou o estudo da materia, ben nun conservatorio, ben nunha escola homologada. De todos os xeitos, se o alumno demostra nas probas ter os coñecementos necesarios poderáselle convalidar de igual maneira a materia de solfexo.