jump to navigation

Marful por terras castellanas

29 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Marful anda de xira pola meseta peninsular con grande aceptación de público.

Aínda faltan algunhas datas por cubrir esta semana se andades por Segovia e Madrid aínda tendes a oportunidade e senón estarán a vindeira semana en Coruña dentro do programa do Cultur.gal

marfiul

II Xornadas da Industria Musical Galega no Cultur.gal

27 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

A semana que vén terá lugar o CULTUR.GAL, a Feira Galega das Industrias Culturais, tan demandada desde moitos sectores. Esta é a súa segunda edición (o ano pasado celebrouse en Pontevedra) mais esta é a primeira vez que conta cunha ampla representación dos sectores produtivos da cultura galega: literatura, audiovisual, artes escénicas, música e novas tecnoloxías.  De entre todos eles, a música vai ter unha destacada presenza. Non só haberá stands de empresas musicais, senón que haberá 15 showcases que ofrecerán as últimas novidades da música galega e un espectáculo musical, o “Music.gal” que constitúe un dos pratos fortes da Feira, ademais dun CD promocional da música galega que se distribuirá por todo o país na campaña de Nadal.
O Cultur.gal acollerá tamén as II Xornadas da Industria Musical Galega. Unhas xornadas que dan continuidade ás que se celebraran o ano pasado no Auditorio de Galiza. Daquela o público asistente ratificara nas enquisas de opinión a necesidade unánime deste tipo de encontros que lle permitan ao sector manterse ao día ao tempo que se interrelacionan e debaten. A organización desta segunda edición correu a cargo das asociacións do sector, AGEM e AGAPHONO e, ademais de conferencias e mesas redondas, ofrecerán a posibilidade de participar nun par de “meeting points” para interaccionar directamente cos conferenciantes das xornadas.

O prazo para a inscrición nas xornadas (de entrada gratuíta mais previa inscrición) remata o próximo domingo día 30.
Información e inscrición na seguinte ligazón:

http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=10

Podes descarregar o programa do Cultur.gal completo en formato .pdf aqui:

programa_culturgal

culturgal

Curso de fundamentación e intervención didáctica na música

27 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O Ministerio de Cultura do estado español organiza por medio da Asociación Nacional de Formación a vindeira semana un curso a distancia para o que aínda quedan prazas libres e pouco tempo para apuntarse.

Estes son detalles:

Contidos:

  1. Planteamentos curriculares para a fundamentación e intervención didáctica na música como eixo transversal.
  2. O oído e a audición musical. Análises de audicións
  3. Principais metodoloxíasactivas e sistemas de pedagoxía musical
  4. Didáctica da educación vocal
  5. Bibliografía
  6. Diccionario musical

Máis información en horario de mañá.
teléfono: 652.80.80.90 /Mª Teresa
e-mail: cursoshomologados@gmail.com
website: http://cursos.omarpercussiongroup.com/ATutor/browse.php

3ª conversa aberta na EAEM: Internacionalización da música galega + bOnOvO

26 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Será este sábado 29 de novembro ás. 19.30 h. Auditorio Escola Altos Estudos Musicais. Santiago

Falarán
•    Vitor Belho
•    Olga Nogueira
•    Sergio Lago
•    X. L. Romero

E Óscar Fernández na presentación do disco de bOnOvO.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza unha serie de mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.

Ademais falará Óscar Fernández sobre o traballo discográfico que veu a luz no 2008 do trio do que forma parte en Bonovo, explorando novas posibilidades do folque electroacústico.

bonovo

(máis…)

Cita ineludíbel para comezar a fin de semana

25 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Entre magostos, seráns e concertos varios, destacamos a celebración do  Musgafol, unha iniciativa da Asociación de Toque Pechado de Pontevedra.

Será esta sexta feria (venres) 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra con entrada de balde.

Cartel Musgafol 10.jpg

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión. (máis…)

O novo disco de Vaamonde, Lamas e Romero xa está á venda

24 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Vellas artes é un novo traballo deste trío de bos e recoñecidos músicos. Un disco con 11 temas musicais e un vídeo cunha actuación ao vivo xunto a colaboradores deste proxecto.
vellas_artes

Concertos por semana en Compostela

24 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

No Parque Vista Alegre (Rúa das Salvadas, 2A; 15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA) no novo centro de Arteria Noroeste de rechamante arquitectura, vanse celebrar esta semana dous concertos de interese para a comunidade folki.
26 mércores 21:00 h. 5 €
ESPIDO . Proposta orgánica de Guadi Galego e Guillerme Fernández

27 xoves 21:00 h. 5 €
NUBERU .GRUPO REFERENCIAL DO FOLK ASTURIANO TRAE A GALICIA “allá va la despedida” co gallo da súa retirada despois de 30 anos sobre as táboas de todo o mundo, acompanando a público de tódalas idades.

arteria

V certame de cantares de Reis en Boimorto

21 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O Concello de Boimorto, preocupado por conservar a cultura e tradición popular, vén de presentar este certame por cuarto ano consecutivo.
Este acto serve para valorar e animar ás persoas que co seu esforzo os fixeron chegar ata nos.

Porén o Concello de Boimorto convoca para o día 4 de Xaneiro de 2009 o V Certame de Reis baixo as seguintes bases:

reis08

(máis…)

2ª conversa aberta na EAEM

20 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.

Para esta 2ª conversa aberta o tema escollido é “Camiños musicais por transitar”

Será este sábado 22 de novembro ás 19.30 h no Auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.

2conversaberta

(máis…)

VI encontro de pandeireta galega e asturiana

19 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Este sábado celébrase o VI Encontro de pandeireta galega e asturiana no albergue de SAbucedo na Estrada. Aínda quedan prazas para apuntarse e formar parte desta interesante actividade que promete boa música, sana convivencia e moita festa.
Máis información e forma de pagamento no correio xuntanza_transeu@hotmail.com

VIencontropandeiretea