jump to navigation

Xurxo Souto en conversa

18 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Será este mércores 19 de novembro, ás 19h30, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas  de Santiago de Compostela, CONVERSA con Xurxo Souto baixo o título:

“Música galega, todo o mundo na fin do mundo. A relación da música popular galega con outras culturas musicais”

xurxo_souto

Xurxo Souto é licenciado en Filoloxía clásica, traballou sucesivamente como músico, vocalista e acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto, escritor (A aldea terremota, O retorno dos homes mariños…), guionista de televisión, director da programación da Radio Galega, director do programa de música “Aberto por reformas”. O seu obxectivo na vida: contar historias poderosa.

Este é un evento argallado polo equipo de normalización lingúística.

DUF 2008, resumo

17 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Logo dunha intensa fin de semana en Pontevedra, o equipo de produción de aCentral Folque cumplíu coa súa intención de ofrecer na cidade do Lerez un programa variado e para diferentes públicos sobre un instrumento tan galego e universal á vez coma é o pandeiro de mao.

DUF, o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao rematou este domingo coa clausura da feira de artesanía musical e un concerto de Felisa Segade. Concertos, obradoiros, charlas, un serán, presentación editorial en diferentes espazos do casco vello dos que moita xente puido desfrutar de balde.

Elevada asistencia de público que non deixou baleira en ningún momento a carpa situada na praza da Ferrería onde estiveron expostos instrumentos de Xaneco, Carlos do Viso, Paulo Meirinhos (Miranda do Douro) e Victor Barral (Madrid) e onde tivo lugar o concerto de presentación do primeiro CD de Tanxedoras. Un concerto de grande nivel, aínda sen estar o quinteto completo destas cinco novas raparigas de Vigo.
carlosdoViso

carlos do Viso na demostración do adufe neumático

(máis…)

MUSGAFOL

15 de Novembro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados
Cartel Musgafol 10.jpg

música contemporánea galega para gaita de fol
MUSGAFOL
gaitapiano

Venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra.

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e
a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha
etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que
están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

(máis…)

Concerto DUF: Persia-Exipto-Galiza

13 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Este venres 14 comeza por fin o festival DUF que abrirá as súas actividades na praza da Ferrería de Pontevedra ao redor das 17 h coa inauguración da carpa/haima DUF coa mostra de artesanía musical, posto de venda de libros e discos, tetería e punto de información.

Tamén a esa hora se fará un obradoiro musical para nenos e nenas aberto a todos os que por alí pasen. Confirmados xa está a rapazada da Aula Folque Infantil e a do recén aberto Centro de cultura e idioma árabe do centro socio-cultural do Calvario de Vigo que xuntará a pícaros de orixe galega e de orixe árabe en actividades ao redor da percusión, o baile e o canto.

E un dos actos máis importantes do festival terá lugar no centro cultural Caixanova ás 20 h co concerto gratuíto que xuntará no mesmo palco a tres bandas de proxección internacional:

Será unha oportunidade única de ver en directo a representantes das culturas musicais máis importantes do mundo árabe (Persia e Exipto) coas máis representativas do folque galego.

mohamed_sayed

Mohhamed el Sayed e a súa banda serán os encargados de fechar este concerto

Últimas prazas para os cursos DUF

13 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Aínda quedan algunhas prazas libres para os cursos prácticos que se desenvolven dentro do V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF.

Son dous cursos que se celebrarán esta fin de semana:

Master-class de pandeireta galega de Felisa Segade. Curso práctico e pequeno concerto de exhibición.
Domingo 16 de 10 a 14 h Casa das Campás. 30 €
felisa_segade

Fai o tei pandeiro! obradoiro de artesanía musical con Carlos do Viso onde se montará un pandeiro, copia do histórico instrumento co que Perfecto Feijóo fixo as primeiras gravacións comerciais deste instrumento, exemplar que estará exposto extraordinariamente no novo edificio do Museo de Pontevedra.
Sábado 15 de 10 a 13 h. 100 € (material incluído)
pandeiro_feijoo

Un raposo, un paxaro, dous músicos e un contador no Museo do Pobo Galego

13 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Unha actividade pensada para todos os públicos con sesións ás 12.00, ás 13.00 e ás 17.00 horas.

O vindeiro sábado, 15 de novembro, a música e a narración xuntaranse para realizar unha visita especial ao Museo do Pobo Galego. Unha mirada nova e diferente sobre esta institución que ten xa máis de 30 anos. O oboe de Benxamín Otero, o acordeón de Carlos Quintá E as  palabras de Celso Fdez. Sanmartín, serán os guías á procura dun raposo agochado polas salas do Museo.

O proxecto. que está patrocinado pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela,  forma parte do programa,  Outras olladas sobre o Museo, que organiza o Departamento de Educación e Acción Cultural  e que convida a distintas persoas a mirar e interpretar ao seu xeito o Museo. O  antropólogo Manuel Vilar, a galerista Cristina Carballedo ou Encarna Otero, entre outros, fixérono en edicións anteriores.

Nesta ocasión, o trío anfitrión, quere dirixir a súa ollada a un Museo que interpretan como lugar de encontro para “animar as cousas do Museo entre todos, co amor das palabras e da música”.

Presentado DUF en Pontevedra

12 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Este martes día 11 de novembro presentouse en rolda de prensa o V Encontro de Pandeiros de Mao, DUF, no concello de Pontevedra. No acto presentaron a unha morea de medios de comunicación a concelleira de cultura Lola Dopico, o director artístico d e aCentral e coordinador do festival Ramón Pinheiro e Marcelo González coordinador da AFI e do Serán Urbano en DUF.
Salientouse a importancia deste evento e a súa dimensión pública que ademais coincidirá na mesma fin de semana coa Feira de Outono que terá na praza da Verdura o seu escenario principal.

Ademais dun repaso do programa incidiron na importancia do concerto inaugural do venres 14 ás 20 h no centro cultural de Caixanova con dous representantes das culturas musicais máis importantes no mundo árabe coma son Exipto e Irán de onde veñen respectivamente Mohammed el Sayed e Massud Naderi (Barbod) que compartirán escenario con Leilía.

Así como detalles que non aparecen no programa pero que terán lugar no festival coma unha actividade de dinamización infantil desde as 17 h na praza de Ferrería este venres 14. Xuntaranse nenos da Aula Folque Infantil con nenos da Escola de cultura e idioma árabe do centro socio-cultural do Calvario de Vigo nun taller de percusión, baile e canto e aberta a calquera neno e nena que se achegue á praza da Ferrería.

rolda_duf

Cita para a fin de semana: DUF

10 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Non te perdas esta fin de semana en Pontevedra, desde o venres 14 e até o domingo 16, o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF, que saca á rúa un certame de contrastada calidade para aquelas persoas iniciadas e de grande interese para as curiosas.

A actividade xirará ao redor dunha carpa situada na praza da Ferrería, na cidade vella pontevedresa, que abrirá o venres á tarde e terá como peche do primeiro día de festival e na recén inaugurada sé cultural de Caixanova, o concerto de tres artistas de nivel internacional: Barbod (Irán), Leilía (Galiza) e Mohammed el Sayed (Exipto).

Información máis detallada en http://folque.com/01.060602wp/?page_id=1118

cartaz_DUF

Festa do outono en Couso

8 de Novembro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

A asociación a Xesteira de Couso, ten a ben convidarvós a tod@s os que queirades pasarvós pola casa da escola o vindeiro día 22 a iso das oito da tarde, sobra falar de baile,música en directo, viño, arrós con cogumelos e todo ao que estades acostumados….quedades avisados
Couso_cartel_festa_outono.jpg

3º concerto matutino: mostra de instrumentos populares

6 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, está o organizar unha serie de concertos nas mañás dos domingos en distintos centros socio-culturais de Santiago de Compostela. Son actuacións dos profesores de aCentral  en combinación especial que viu xa a Edelmiro Fernández e Miguel Souto no CSC de Conxo e a Ugia Pedreira e Óscar Fernández no CSC de O Castiñeiriño

Para pechar esta serie haberá unha mostra de instrumentos a cargo de Roberto Sala no CSC de Fontiñas o vindeiro domingo 9 ás 12.30 h
Esta mostra será unha exposición didáctica de instrumentos populares de diferentes familias -percusión idiófona e membranófona, cornamusas, frautas traveseiras e de bico, corda pulsada e frotada- e procedente dos cinco continentes.

Esta exposición estará guiada polo polifacético Roberto Sala, membro fundador dos grupos de música antiga Martín Códax e Acibreira, nunha explicación técnica de cada instrumento e terá como aliciente que amosará as características sonoras de cada un dos intrumentos aos interpretar en directo.

(máis…)