jump to navigation

DUF, V Encontro de Pandeiros de Mao

6 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Entre o venres 14 e domingo 16 de novembro celebrarase en Pontevedra esta cita anual que esta edición ten dúas importantes novidades: a dimensión pública do festival ao celebrarse fundamentalmente ao aire libre na praza da Ferrería e o novo concepto mirando cara as orixes deste tipo de instrumentos na cultura árabe.

DUF, verba de etimoloxía árabe da que derivou adufe, coa que tamén se denomina ao pandeiro, dá nome a este Encontro que dirixe a súa ollada á tradición musical árabe, responsábel da incorporación deste instrumentp ao patrimonio musical galego achegando a Pontevedra a mestría de Massud Naderi (Irán) e Mohammed el Sayed (Exipto) que compartirán priograma artístico con Leilía e Tanxedoras ademais da celebración do xa clásico Serán Urbano.

O entusiasmo polos cantos populares acompañados de pandeiros, a finais do s.XIX, entre os eruditos e investigadores pontevedreses interesados no patrimonio musical galego, lecou a Perfecto Feijóo co seu grupo Aires d’a terra a realizar as primeiras gravacións comerciais de adufe en 1904. Este singular instrumento depositado actualmente no Museo de Pontevedra será exhibido extraordinariamente durante os días do Encontro no Novo Edificio da institución.

logoDUF

(máis…)

aberto o prazo de matrícula para obradoiros en DUF, V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

5 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Serán dous obradoiros que terán lugar dentro de DUF, o festival que aCentral Folque está a argallar na cidade de Pontevedra o vindeiro fin de semana o 14, 15 e 16 de novembro.

Esta será a V edición do Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, unha cita que reúne diferentes actividades ao redor desta familia de instrumentos que levan na tradición musical galega máis de 1000 anos.

Serán actos escénicos, pedagóxicos e divulgativos en diferentes localizacións do centro de Pontevedra pero a actividade estará centrada na praza da Ferrería.

Entre as actividades que se anunciarán en breve, os obradoiros con límite de praza que se ofertan son:

(máis…)

Uxía e Emilio Cao no espello, 1ª conversa aberta na EAEM

5 de Novembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Será este sábado 8 de novembro ás 19.30 h na sé pedagóxica de aCentral Folque Compostela, no auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago.

Constará de unha mesa redonda denominada “Uxía e Emilio Cao no espello” e a presentación editorial de Etno-folk, revista galega de musicoloxía.

emilio_cao

(máis…)