Ugia Pedreira no Brasil
29 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Dentro da viaxe que Ugia Pedreira está a facer no Brasil este Natal e producto do contacto que tivo durante o Culturgal con Makely Ka, Ugia Pedreira será convidada especial deste artista que presentará o seu disco en Río de Janeiro estes días.
Será o 29 e 30 de decembro ás 21h no centro cultural Carioca e na Cinematheque de Rio de Janeiro.
Acompañando a este cantor de Minas Gerais estará tamén Marcos Suzzano, un grande mestre do pandeiro brasileiro. Ugia cantará cancións con Makely e algunha canción propia fóra do repertorio de Nordestin@s e Marful.
Makely Ka retoma o vigor no fazer poético-musical brasileiro, ultimamente esquecido e negligenciado pelos grandes meios: “Carrego no peito uma bomba atômica pronta pra explodir o planeta, por isso não se meta”, ameaça.
PAra ver máis información deste artista, se pode visitar a súa web www.makelyka.com.br
o seu Myspace desde aquí
Serán de Covas
26 de Decembro 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Lercheo,NovasComentarios fechados
2º Serán de Cobas (Tenorio)
Programa:
Pola Mañá:
12:00 – Prsentación: Rolda de prensa a cargo da organización.
13:00 – Sesion Vemouth: A cargo do grupo Frúa de Tenorio.
Pola Tarde/Noite:
16:00 – Exposición de diversos instrumentos musicais.
17:00 – Taller de introducción á música para bandas a cargo de Xesús (Director
da Banda Xuvenil 85).
18:30 – Taller de introduccion á técnica vocal na música tradicional a cargo de
Lola Fernández.
20:00 – Animacion por parte da charanga da Banda Xuvenil 85.
20:30 – Feche da exposición de instrumentos musicais.
22:00 – Inicio do Serán.
Nace a asociación de alun@s de aCentral folque
19 de Decembro 2008 - Enviado por gaitomano a: NovasComentarios fechados
Ola a tod@s.
Baixo unha iniciativa de vari@s alun@s de aCentral dispuxemos reunirnos nunha asociación a nivel interno, co fin de optimizar a comunicación entre o alunado e profesorado.
A nosa idea, en principio será a de facer unha xuntanza previa onde básicamente trataremos de poñérmonos dacordo para designar un representante por aula, que serán os responsábeis de facer os inquéritos a tod@s @s integrantes de cada materia, para facer unha posterior xuntanza e expoñer os resultados e así transmitirllos tanto á equipa de dirección coma á de produción.
Para isto convocámosvos o sábado día 10 ás 15:00 no bar La Cueva, (na mesma rúa da oficina de aCentral), ás costas do edificio de aCentral, no barrio de Vistalegre.
Asimesmo, e despois de algunha petición, fixemos un grupo da asociación en facebook para ir colgando o que vaiamos acordando por se alguén non se puidese pasar polo motivo que for.
Sen máis, estade atent@s.
Espectáculo interactivo de aCentral Folque en Oleiros para alumnado da ESO
17 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O Grupo artístico-didáctico de aCentral folque constituiuse no presente ano 2008 baixo a dirección de Óscar Fernández e Nacho Muñoz e integra a profesores e colaboradores de aCentral folque e da Aula Folque Infantil de Pontevedra.
Terán este xoves 18 de decembro a primeira actuación para escolares de Oleiros. Será unha experiencia de reelaboración comunal, performance e creación a partir do patrimonio musical galego. O grupo artístico-didáctico de aCentral Folque conecta ao alumnado co proceso de concepción e desenvolvemento dun producto escenográfico fundamentado no patrimonio músical galego. Os profesores canalizan as súas ideas e esforzos para que sexan os autores reais da experiencia escénica.
O obxetivo principal é que os rapaces experimenten dende o seu propio proxeto -e non dende o do docente- cos principais procesos creativos do mundo sonoro e a súa interrelación práctica con outros campos artísticos. O concerto está organizado en tres seccións: musical, escénica e audiovisual e comprende unha aprendizaxe práctica e lúdica de aspectos e técnicas relativas a diferentes artes: composición musical, canto, danza, acción dramática, creación de contidos narrativos, coreorafía, declamación, montaxe escénica, gravación audiovisual…
Cada sesión será gravada audiovisualmene e editada posteriormente polos membros do grupo artístico-didactico recollendo diferentes momentos das experiencias. Estas gravacións serán enviadas aos respectivos centros de ensino e serán divulgadas a través do portal de aCentral folque www.folque.com.
Rebulir no Nadal
15 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir ven de presentar o seu programa de actividades para o vindeiro mes de Nadal. A máis destacada será o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que se desenvolverá o día 20 de Decembro, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando con grupos de toda Galicia e algún de Portugal.
Este programa seguirá o Sábado día 27, cun obradoiro de Xogos Bailados, dirixido a xente de todas as idades. A cita será as 17:00 h no local de Rebulir situado na Praza de San Andrés – Vilavidal.
Continuando co mesmo o Sábado 3 de Xaneiro será a Inauguración da Exposición “Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás” no Centro Sociocultural de O Picouto, este acto comezará as 18:00h.
Presentación editorial de Bailarei sobre a túa tumba
15 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
«Bailarei sobre a túa tumba» (tamén na súa tradución ao castelán) no Centro Comercial Compostela. Salón de Ámbito Cultural (Planta Baixa)
Día 20 (18 horas)
Berta Dávila presenta co seu titor, Agustín Fernández Paz, a novela gañadora do 4º premio Biblos-Pazos de Galicia.
Concerto do alumnado de aCentral Folque
11 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,NovasComentarios fechados
Lembrar que esta sexta feira -venres- tera lugar o concerto que propón aCentral Folque para o seu alumnado. Unha oportunidade para tomar o pulso do que as novas xeracións andan facendo nestes tempos. Será unha proposta fresca con intervencións curtas, unha soirée contemporánea do século XXI do máis destacado desta escola.
Terá lugar no auditorio da Escola de Altos Estudios Musicais no Parque de Vista Alegre ás 19.30 h.
I Encuentro Interprovincial sobre la pandereta en Cantabria
11 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
A Asociación Socio-Cultural Pejanda, coa colaboración da Asociación de Investigación Etnográfica Jatera e a Consejería de Cultura do Gobierno de Cantabria, organiza o I ENCUENTRO INTERPROVINCIAL SOBRE LA PANDERETA esta fin de semana, días 12, 13 y 14 de decembro de 2008.
Nesta ligazón podes atopar máis información:
http://pejanda.wordpress.com/2008/12/06/i-encuentro-interprovincial-sobre-la-pandereta/
Este é o programa:
Fuxan os Ventos na TVG
11 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Atopa máis información da web aquí
Aínda que…non hai partido a esa hora na Galega?
Presentación do itinerario histórico-musical de Ourense
11 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Ouvirmos presenta o libro-disco Itinerarios Histórico-Musicais- Ourense o xoves día 11 de decembro ás 20.30 horas no Liceo de Ourense.
O acto contará coa presenza do tenor ourensano César del Caño e a soprano Anna Feu que, acompañados ao piano por Daniel García, interpretarán pezas de poetas ourensanos musicadas por recoñecidos compositores foráneos.
Os Itinerarios Histórico-Musicais son un proxecto de I+D aplicado á cultura. Unha idea concebida e desenvolvida por Ouvirmos co fin de transformar o patrimonio músico-cultural de 14 localidades, entre elas Ourense, nun potente motor turístico tanto para os habitantes do noso país como para os visitantes foráneos.
Unha equipa multidisciplinar presenta en cada libro disco unha proposta de visita xunto a textos complementarios, que analizan a interrelación da música coa sociedade e coas artes a través da nosa historia.