jump to navigation

Concerto de intercambio entre Galiza e Portugal

11 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados
eira

Se estades pola cidade de Porto esta fin de semana e queredes ver algo bo de verdade podedes achegarvos ao espazo Chá das Eiras onde terá lugar este vindeiro sábado 13 ás 23.30 unha concerto-festa con:

dentro do intercambio entre as asociacións culturais Audiencia Zero (Pt) e Alg-a (Gz).

Entrada única: 4€

I Gala Premio O Festivaleiro do ano

10 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados
festivaleiro

KOMUNIKANDO.NET presenta a I Gala do Festivaleiro do ano este sábado día 13 na Gentalha do Pichel en Compostela.
O portal de música en galego fará entrega do zocófono que acredita o “I festivaleiro ou festivaleira do ano” as 22:30 horas na Gentalha do Pichel.  A gala estará dirixida por Denis Mutante que contará coa colaboración da Banda Mutante e a presencia dos nominados: Natalia de Boiro, Silvia e Bea, Lucía de Foz, Mudito de Bandeira, Kao de Mos e Pajón de Neda.
(máis…)

1º Concerto Aberto de aCentral Folque

9 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Este venres 12 de decembro ás 19,30 h no auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais, sé pedagóxica do Centro Galego de Música Popular, terá lugar o 1º Concerto Aberto con propostas do alunado desta escola.
O edificio está situado no Parque de Vista Alegre, no barrio homónimo de Santiago de Compostela.  Podes ver un pequeno mapa aquí.

O espectáculo será unha mostra informal de novas propostas que estudiantes de aCentral Folque queren amosar en palco. Actuacións breves e intensas de novos valores da música na Galiza en formato de dúos, trios e solistas con arranxos simples e efectivos onde se poderá apreciar a versatilidade da música inspirada en formas patrimoniais galegas con frescura e orixinalidade.

alunos

Unha sucesión de intervencións de alumnado de cada materia instrumental: canto, violino, sanfona, gaita, percusión, acordeón diatónico e requinta. Un concerto de natal que non terá referencias festivas nin glamour comercial senón espírito de superación e entretenimento lúdico coa música de raíz como excusa.
Será un concerto breve de entrada libre que tentaremos sexa puntual

Candidaturas abertas para a Feira de Artes Performativas

9 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Estão abertas as candidaturas à apresentação de projectos artísticos com vista à programação da FORMAS – Feira de Artes Performativas 2009, a decorrer de 13 a 16 de Maio em Tavira, Portugal.

Podem concorrer à apresentação de projectos nas áreas do Teatro, Dança Contemporânea, Música, Cruzamentos Disciplinares e Narração Oral, entidades de criação artística, bem como criadores independentes.

As candidaturas estarão abertas até às 24 horas do dia 31 de Dezembro de 2008. Para recepção de dvds será tido em conta data de carimbo dos CTT.

Aceda ao regulamento e formulário de candidatura em www.formas.procurarte.org

Informações ou esclarecimentos podem ser solicitados através do endereço electrónico:
candidaturas.formas@procurarte.org ou telefone 213 468 011.

Ou visita a web de procurarte.org

Associação Cultural e Social
Largo Vitorino Damásio, 3 – 4 Dto – 1200-872 Lisboa
t: 213 468 011 / 965 091 987
producao@procurarte.org
www.procurarte.org

XXI Xornadas da Gaita 2008

9 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

xornadas_gaita

O Ateneo Ferrolán organiza para os vindeiros 19 e 20 de decembro as XXI Xornadas da GAita 2008 onde actuarán a banda de gaitas “Agarimo” de Ferrol e Roncos do diablo de Portugal o venres e o Trio Vaamonde, Lamas & Romero o sábado.

O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.

Entre outros e durante vinte anos pasaron polo Ateneo Ferrolán:

Iván Costa, Baila na Criba, Carlos Zaera e Oscar Ibañez, Jean Cristophe Maillard, Raparigos, Xeremiers de Calatraba, Grupo Universidade Popular de Vigo, Fuxan Os Ventos, La Musgaña, Alfolies, John & Frances, Carlos Núñez, David Spillane & Band, Anxo Pintos, Dúo Bertrand, Patric Molard, Milladoiro, Pec-Toni, José Ferreirós, Marie Le Cam (Gaiteira Solista Bretona de Gaita Escocesa), Grupo Folk “Veria”, Trío “3 das Cóxegas” e Luvas Verdes.

OLEG SHAROV NA CASA DAS CRECHAS

8 de Decembro 2008 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados

Este martes 16 de decembro no pub compostelán da Casa das Crechas estará o grande maestro ruso Oleg Sharov, asiduo visitante das nosas terras pero nunca decpciona nun concerto. Virtuoso, delicado e impresionante, este veterano do acordeón cromático de botóns fará as delicias de todas as persoas que se acheguen a este concerto.

Naceu en San Petesburgo o 18 de agosto de 1946. Ós 8 anos de idade comezou os estudios musicais de acordeón. Obtivo o título de profesor de Acordeón no Conservatorio de San Petesburgo. Destacou como solista interpretando música clásica e folclórica, así como música de Cámara. Son de recoñecido prestixio os seus arranxos para acordeón. En 1963 comezou a traballar como profesor de música na escola pública impartindo clases durante sete anos.

Desde 1970 é profesor do Conservatorio Rimski Korsakov de San Petersburgo onde imparte clases de acordeón. A organización Lenkconcert, da cal Oleg Sharov é membro honorífico, proporcionoulle os concertos como solista, viaxando polo seu país, resto de Europa (Francia, Inglaterra, Italia, Suíza, España e Portugal) e outros lugares como Finlandia, Dinamarca, Polonia e por último Estados Unidos.

(máis…)

Bases do XIX Concurso Internacional de gaita galega Constantino Bellón 2009

8 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Xá están disponibles as novas bases e a partitura obrigada para a XIX edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, que se celebrará o 30 e 31 de Agosto de 2009 en Ferrol polo San Ramón.

Nesta ligazón podedes descargar as novas bases e partitura:
Ateneo Ferrolán

belhon

Vem o Apalpador!

5 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Assim nalgumhas comarcas da alta montanha do leste da Galiza, no Courel, Lóuçara e o Cebreiro; mantinha-se até datas muito recentes a tradiçom do Apalpador, um gigante com ofício de carvoeiro que no Natal baixava das devesas onde morava para as aldeias, com a intençom de apalpar as barrigas das crianças para comprovar se estavam bem mantidas. O Apalpador vigiava que vivessem com fartura, desejava-lhes que no vindouro ano continuassem a nom passar fame, e deixava-lhes umha presa de castanhas quentes como presente e lembrança da sua visita.

apalpador É sabido que a igreja católica aproveitou toda umha série de festividades que marcavam o ritmo das sociedades existentes antes da cristianizaçom, tingindo com um novo verniz celebraçons e festas com milénios de história.
Assim sobre as celeb

raçons pagás do solstício do Verao colocou o Sam Joám, ligou o entuido em que celebramos a extinçom do Inverno com a quaresma e santificou as festividades dedicadas à morte que desde muito atrás coincidem na nossa cultura com os primeiros compassos do Outono. Mas guardou a celebraçom mais importante, a do nascimento do filho de deus, para a situar nas mesmas datas em que a maior parte das culturas europeias anteriores à era cristá celebravam o solstício do Inverno, como momento de renascimento do ano.

Dessa sobreposiçom do cristianismo sobre os restos culturais pré-existentes temos um bom conhecimento na Galiza, porque nom se trata só da adaptaçom ao calendário, mas da mesma ocupaçom dos espazos empregados de antano para cultos pré-cristaos sobre os quais, sem nengum complexo, se levantárom ermidas e cruzeiros para os adaptar ao cristianismo.

Porém, e apesar do esforço que o cristianismo fijo para apagar qualquer pegada dos cultos e crenças populares, som muitos os vestígios que ficárom como testemunho. Nalguns casos com mais sucesso que noutros, mas em todos eles como prova das fundas raizes que o nosso povo mantém como a cultura indígena que é.
Pode que o caso das tradiçons ligadas ao solstício de inverno sejam algumhas das mais perjudicadas por séculos de tergiversaçom, marginalizaçom e ocultamento. E neste caso o proceso de aculturizaçom tem-se agravado pola superposiçom a umha primeira deturpaçom de orige católica, com séculos de andadura, da poderosa maquinária ideológica do imperialismo que pretende homegeneizar a cultura popular a um nível global.

(máis…)

Cultur.gal 2008

5 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados
cultur

A Feira Galega das Industrias Culturais, o Cultur.gal, abriu o xoves as súas portas no Palexco da Coruña cunha notable afluencia  coa visita de escolares e de profesionais do sector cultural que participaron nas xornadas.

Diferentes e numerosas actividades ao longo da primeira xornada: obradoiros, concertos, presentacións, lecturas, proxeccións,… en ámbitos do libro, o disco, o escenario, a comunicación,…

En canto ás II Xornadas da Industria Musical comezou coa ponencia de Mark Kittcatt acompañado de Sergio Lago de Falcatruada ante un abondoso auditorio sobre o secor independiente e os dereitos de autor aos que se lle sumaron para a segunda quenda Jemina Cano, Marcos Collantes e Keina García para falar de distintos modelos de empresas discográficas independentes.

Pola tarde celebráronse os showcases, intervencións musicais curtas -30 min.- onde os grupos presentan o seu proxecto de xeito condensado como mostra do seu traballo. Faltaron algunhas bandas que estaban anunciadas no programa.

Puidose ver Escoitar, obra que mistura danza, gravacións de campo, procesamento electrónico e improvisación libre argallada por SinsalAudio; Pai da Cana, a veterana murga de novos intérpretes que acaba de sacar disco; Sevigny nun folk -enténdase no sentido anglosaxón- pulcro, repousado e melancólico; Trio Vaamonde, Lamas & Romero presentando o seu novo CD.

Mira o video da entrevista ao Trio Vaamonde, Lamas & Romero na presentación do seu CD Vellas Artes aquí:
Estes showcases son un modelo de promoción que funciona como escaparate musical para os programadores e xestores aínda que na xornada de onte non foron tal ao non aparecer este sector profesional pola sala de concertos.

As xornadas continuan hoxe coas ponencias sobre Proxectos de colaboración entre asociacións e empresas, Vertebración do sector musical coas intervencións, entre outros, de Andy Ramos, Vitor Santana e Rui Mota.

Lembrar tamén a celebración do Music.gal mañá sábado, un espectáculo musical e multidisciplinar con Dios ke te crew, Marful, O Sonoro Maxín, Projecto Mourente, The Homens, Proxecto Zocas, Chévere e moitos máis.

(máis…)

Folklore Plaza Castilla estrea web

4 de Decembro 2008 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

floklorecastilla    A Escuela de Folklore Plaza Castilla de Madrid estrea nova web, un remodelado espazo de divulgación das actividades que esta escola de música propón ao longo do ano con cursos de instrumentos, canto e baile e obradoiros intensivos e seminarios didácticos. Daniel Bellón, Rafa Martín, Helena de Alfonso, Diego Galaz, Carlos Beceiro son só algúns dos profesores deste interesante proxecto .


Web Floklore Plaza Castilla