jump to navigation

U-lo trío? en concerto

30 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

ulotrio

Marful na ARTeria Noroeste

27 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

marful

ARTeria Noroeste presenta en Santiago de Compostela a Marful dentro do ciclo ARTeria Raíz. O espectáculo, denominado Marful Intimíssimo, terá lugar o xoves 29, ás 21:00 horas, no recinto compostelán (Parque Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A) cun prezo básico de 5 euros.

(máis…)

aCoruñaSon’09. 10 de febreiro, límite de inscrición

26 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

acorunhason
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña.

Este Certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega.

Os autores que non foren seleccionados entre os dez participantes do obradoiro, así como outras persoas interesadas en asistir ao Obradoiro de Canción Popular que será impartido por Santiago Auserón do 24 ao 28 de febreiro na Coruña, teñen a posibilidade de matricularse en calidade de alunos oíntes. Para formalizaren a matrícula deberán seguir o proceso que se indicará proximamente na web do certame

Estas son as basesEste Certame réxese polas bases que se establecen a continuación.

III edición do encontro do asociacionismo xuvenil

23 de Xaneiro 2009 - Enviado por serio a: Novas
Comentarios fechados

asociacions

Nos próximos días 7 e 8 de febreiro celebrarase en Compostela a terceira edición do encontro do asociacionismo xuvenil de Galiza e o Norte de Portugal que anteriormente foi en Porto e en Vila Nova de Famalicão. Estes encontros teñen o obxectivo de crear un espazo onde compartir realidades, experiencias, problemas e solucións comúns no mundo asociativo e reducir as distancias entre realidades semellantes e próximas.

Descarga o formulario de preinscrición aquí: inscricion_asociacions.
(máis…)

Mini e Mero cantando en Compostela

23 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

Os integrantes do grupo A Quenlla e fundadores da mítica agrupación de música tradicional Fuxan os Ventos, Mini e Mero, compartirán unha xornada cultural no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. A música e a palabra seráns as protagonistas da sesión, nunha actividade na que os asistentes terán unha presenza activa.

Será este 23 de xaneiro de 2009 ás 20:00 no Castiñeiriño (CSC do Castiñeiriño)
Rúa Virxe de Fátima s/n
mini_mero

A programación do Liceum

22 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

barliceum
Aqui está a nova programacion  que comeza o venres 23 de Xaneiro e remata o venres 30 de Febreiro.

Para ampliar esta nova e coñecer toda a programación e actividades deste entrañábel bar, visita a súa web ou achégate até alí mesmo para comprobalo.

(máis…)

Nonsí? estrea web

21 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

nonsi

Nonsí? Servizos Culturais nace no ano 2007 da man dos seus cinco socios (Carlos Montilla, Noa Díaz, Ramón Montilla, Anxo García e Celso Fernández), que, tras poñer en común as súas inquedanzas no ámbito cultural deciden dar o paso de presentarse como unha nova empresa no ámbito da creación e da xestión cultural galega.

Todas as persoas que forman parte deste proxecto temos un compromiso coa cultura. Apostan por crear cultura e por recrear a que nos dá identidade.

As principais áreas nas que traballan son:

Visita a súa web e mira que grupos e actividades levan.

Sara Tavares publica o album Alive in Lisboa

20 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

sara_tavares
Magnífico album o que ven de sacar Edicións Resistencia con 2 CDs e 1 DVD de Sara Tavares, denominado Alive in Lisboa. Inclue os seus traballos discográficos Balancé e Mi Ma Bó e recolle o concerto ofrecido no 2007 en Lisboa.A cantante caboverdiana participou con éxito en decembro do 2008 na 6ª edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, en Pontevedra.

A crítica definiu Balancé como unha certeira aproximación entre Cabo Verde, Brasil e Portugal.
Esta nova foi achegada desde RadioFusiòn, onde podes ver ampliada esta nova. RadioFusion é a programación conxunta das emisoras galegas de radio.

A nova web de Buxaina

19 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Novas
Comentarios fechados

buxaina

“Había unha taberna en Palas que de seguro,…………….. era a máis pequena de toda a provincia, tiña unha superficie duns 6 m2, eso sí, nunca un metro cadrado pensou que puidera dar tanto de sí”.

Deste xeito comeza a presentación no renovado portal de Buxaina, un colectivo cultural de Palas de Reis que naceu aló polo 97 ao redor das foliadas da taberna “Miña Nai”.

Unha páxina web moi animada e bonita que recomendamos visitar. www.buxaina.net desenvolvida por du-as.net

I Congreso Lugares de cultura

17 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

lugarescultura

O Congreso Lugares de Cultura pretende xerar un debate que se enmarca dentro dun ámbito de reflexión teórico máis amplo, o da cultura e o desenvolvemento. Dentro deste marco, abordamos o papel que xogan os equipamentos culturais como  ferramenta de desenvolvemento dos territorios.

O congreso trata de reflexionar sobre a idea de cultura e desenvolvemento. En primeiro lugar, desde a reflexión teórica que propón o relatorio inaugural, en que se analiza a evolución das propostas sobre cultura e desenvolvemento ao longo dos últimos 25 anos, o estado actual da cuestión e as liñas que se abren para afrontar o futuro. E, en segundo lugar, desde as experiencias e boas prácticas que se están a desenvolver no momento actual, que permiten ver de que maneira os equipamentos culturais xeran beneficios para a súa comunidade.

Terá lugar no Palacio de Congresos de San Lázaro en Santiago de Compostela entre o 21 e o 24 de xaneiro.
Para máis información e inscripción nas xornadas, seguide esta ligazón ao portal web do congreso