Todos os detalles dos Monográficos’09 de aCentral Folque
14 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas![](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/themes/folque/images/comentario_v01.gif)
Xa podedes consultar toda a información na páxina web do centro sobre os detalles dos cursos monográficos deste ano.
Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica para tódolos en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.
Destinatarios: profesionais e iniciados na música de calquera nivel.
Datas: entre febreiro e xuño do 2009.
Lugar: Santiago de Compostela.
*Prazas limitadas. Acceso por orde de preinscrición
Inscripción:
enviar formulario de preinscripción antes do 20 de febreiro no correo electrónico matricula@folque.com ou ao enderezo das oficinas:
aCentral Folque, Salvadas 22 baixo, 15705, Santiago.
Para descargar as follas de preinscripción e saber máis, segue este link:
http://folque.com/01.060602wp/?page_id=1244
Avance dos monográficos ’09
10 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas![](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/themes/folque/images/comentario_v01.gif)
Facemos un pequeno avance do programa dos monográficos de aCentral Folque para este ano ’09.
Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.
Terán lugar en Santiago de Compostela entre os meses de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e a admisión por orde de preinscripción.
Nos vindeiros días colgaremos no portal de www.folque.com máis detalles e abriremos o prazo de preinscripción. Estade atent@s!
Estes son os detalles principais:
a folque.com v3.0 en datos
8 de Xaneiro 2009 - Enviado por gaitomano a: Novas![](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/themes/folque/images/comentario_v01.gif)
Dáda a proximidade do cambio á nova plataforma folque.com v3.0, aquí deixamos constancia das cifras conseguidas por este portal durante o último ano de vida.
![Imagen 2.png](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/uploads/2009/01/Imagen%202.png)
![Imagen 1.png](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/uploads/2009/01/Imagen%201.png)
Con máis de 75.000 visitas, e con uns meses de incertidume, coidamos que a folque.com foi, é e seguirá a ser un dos referentes en internet da música galega a tódolos niveis, moitas grazas.
Davide Salvado e Nacho Muñoz en Cantabria
6 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Escea,Novas![](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/themes/folque/images/comentario_v01.gif)
Será na IX Noche de Romancero en Castañeda, perto de Torrelavega. Terá lugar este sábado 10 de Janeiro ás 21.30 h no I.E.S. Santa Cruz (ver mapa).
Davide Salvado é um artista integral, capaz de encher o palco com a sua carismática presença. Recolhe a tradiçom mais nua e apresenta-no-la defronte, sem adereços supérfluos, mas com umha cuidada e pessoal interpretaçom. Tras vários anos acompanhando Xosé Manuel Budiño polo mundo adiante e realizando paralelamente um trabalho pessoal a partir do repertório tradicional galego, português e castelão, Davide apresenta um espetáculo no que a sua voz, cheia de matizes e dramatismo, sutil e potente, brilha e convence, enche e chega. Davide acompanha-se de percussões tradicionais, como a pandeireta galega, o pandeiro quadrado de Peñaparda ou o adufe português. Nesta ocasiom, Davide contará com o piano e a tecnologia de Nacho Muñoz.
Podes escuitar e ver pedaços do seu espectáculo aquí num concerto en San Sebastian de los Reyes.
Encarga os traballos discográficos de bOnOvO e Ecléctica Ensemble
6 de Xaneiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas![](http://folque.com/01.060602wp/wp-content/themes/folque/images/comentario_v01.gif)
Poñemos á venda desde aCentral Folque os discos destes dous grupos que son sinónimo de vangarda da música galega de inspiración tradicional.
Eclectica Ensemble, non foi unha banda, nen o é, nen o será.
Tudo começou com «exercícios criativos de voz numa aula de Lalim. O importante era improvisar (…)» sobretudo sobre o património musical tradicional. «Irreverência, atrevimento, provocaçom, supremacia estética, maquilhagem, sátira, encher a música tradicional de ironia e dar-lhe voltas até fartar-se», conta Ugia Pedreira.
Este nada ortodoxo grupo formou-se desde o Conservatório de Música Tradicional e folque de Lalim por iniciativa de Richard Rivera, Davide Salvado, Ramom Pinheiro e Ugia Pedreira aló polo ano 2000.
O nome devem-lho a Ecléptica Órbita, a mulher cantadora dos gaiteiros Os Rosales alcunhada Maruxa, e a Martázul, que transmutou o ‘p’ em ‘c’.
O traballo discográfico non é só un CD, senón que ademáis consta dun vinilo, un cartaz e a colaboración en forma de textos e música de nomes tan relevantes coma Óscar Fernández, Fernando Abreu, Nacho Muñoz, Estevo Creus, Olga Nogueira, Martázul…
bOnOvO, nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío… Lixeiramente asíncrono.
A esencia dos sons acústicos salseados con tecnoloxía de vangarda, quere romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.
(máis…)