jump to navigation

22º aniversario da casa das Crechas

27 de Febreiro 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Lercheo,Novas
Comentarios fechados

Aquí vos vai o cartaz da festa do 22º aniversario da casa das crechas, así coma a programación para o vindeiro mes de marzo, un saúdo a tod@s. +info: casadascrechas.com

Velaí o cartaz do aniversario

cartaz.jpg

PROGRAMACIÃ?N DE MARZO DA CASA DAS CRECHAS.doc

V Encontro coa Zanfona Contemporánea. Narón ’09

26 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados
zanfona

Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público.

É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas.

Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a abraiar e sorprender.

Avant-garde en Narón

O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario.

(máis…)

Aínda quedan prazas libres para apuntarse nos monográficos ’09

20 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

banner1monograficos
Remata o prazo oficial para a inscripción nos cursos monográficos ’09 de aCentral Folque. Aínda así,  déixase aberta a preinscrición para animar a wue vos matriculedes. Hai prazas libres en case todos os cursos.

Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica para tódolos en  interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.

Inscripción e máis información aquí

Antroido en Ouzande

20 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados
ouzande

A asociación da fervenza de Ouzande, colectivo deste lugar do concello da Estrada, celebrará este sábado de antroido, 21 de febreiro a súa festa.

A partir das 17:00 da tarde haberá unha concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.

(máis…)

O entroido. Café da Memoria no Museo do Pobo

19 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

antroidomuseu

O venres 20 de fevreiro, às 18h30 na Sala de Sociedade do Museo do Pobo, organiza-se o terceiro Café da Memória, umha parola com café onde os nosos e as nosas maiores nos contaram experiencias da sua vida.
Nesta ocasión estará dedicado ao Entruido, e em concreto falaram-nos das distintas formas nas que se vivia o entruido na zona de Compostela.
Para saber máis desta actividade e outras que o Museo do Pobo, sito nas antigas dependencias do convento de San Domingos de Bonaval en Santiago, organiza podedes visitar a súa páxina web: http://www.museodopobo.es

Programa musical da festa do Queixo de Arzúa ’09

19 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

A festa  do Queixo de Arzúa cumpre 34 anos. Durante os próximo 13, 14 e 15 de marzo, o queixo de Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975.arzua O evento, que adopta un valor engadido desde a prespectiva cultural, económica, formativa e de mecer, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais.

O programa musical deste ano inclúe artistas de diferentes estilos, durante os días da celebración poderemos gozar das actuacións de Uxía, Vetusta Morla, Le Punk, Always Drinking Marching Band ou Trío Vaamonde, Lamas e Romero, entre outras.

Regueifas en Cabana de Bergantiños

18 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

cabana

Este sábado 21 de febreiro a partir das 19:00 no Auditorio Municipal da Cabana, compartirán palco regueifando

Ademais estará Domingo Blanco, presentando o libro “A regueifa en Cabana de Bergantiños” (agasallo dun exemplar a cada asistente).

Cabaréntroido en Compostela

18 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Unha xornada de cabaré no Entroido de Santiago de Compostela cos espectáculos o vindeiro sábado 21 de febreiro de 2009 a cargo de Nelson Quinteiro, a Compañía Femme Fatale e a St James Street Band e organiza a Concellería de Festexos do Excmo Concello de Santiago

Este é programa do evento:

cabare
(máis…)

Nodar, aldea e residencias artísticas

17 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

nodar

Nodar. Pequena aldeia do norte do Concelho de S. Pedro do Sul, próximo da fronteira com os concelhos de Castro Daire e Arouca e situada no vale do rio Paiva, ladeado por dois dos mais altos maciços montanhosos de Portugal, o maciço da Gralheira/Arada e a Serra do Montemuro.

Podemos dizer que essa aparência de lugar enclausurado entre montanhas é uma das forças. A forte energia que emana da paisagem é uma característica que é sentida por muitos dos seus visitantes. Em Nodar, paradoxalmente, não há espaço para o isolamento.

Como grande parte do espaço rural português, Nodar vive actualmente um processo de ruptura entre um passado de séculos em que a ocupação do espaço e os laços sociais ocorriam através de um lento fluxo geracional, dentro de um contexto de cultura agrária de subsistência, economicamente pobre mas muito rica culturalmente, e um presente de abandono humano e agrícola, de lenta desagregação dos intricados laços ancestrais existentes entre os habitantes e o espaço por eles ocupado.

Não obstante, dada a posição geográfica particular de Nodar e certas características de organização social dos seus habitantes, assiste-se na aldeia à prevalência de um forte espírito comunitário aliado a um interesse genuíno em manter vivos hábitos de trabalho ancestrais, rituais associados aos ciclos agrícolas, memórias de histórias e lendas locais, etc..

A Associação Cultural de Nodar (visita a súa web) é uma organização comunitária que promove o desenvolvimento sócio-cultural de Nodar e das aldeias vizinhas (Sequeiros, Ameixiosa, Covas do Rio, Parada de Ester, Meã, etc.), através de um trabalho sistemático de recolha documental (fauna, flora, saberes e tradições, canções, histórias e lendas), de acções pedagógicas dirigidas a crianças e jovens e através do Centro de Residências Artísticas de Nodar, um espaço inaugurado em 2006 onde convidamos anualmente artistas (na maioria dos casos, estrangeiros), para desenvolverem projectos artísticos (nas áreas do vídeo, do som e da performance) em interligação com a comunidade, seguidos de apresentações públicas em Nodar e em aldeias vizinhas.

Os artistas que chegarem a Nodar entrarão num espaço social rico mas delicado. Um certo tipo de sensibilidade é pois convocada. Que lugar existe hoje para lugares como este? Até quando e como podem subsistir? Qual a sua capacidade de transformação e regeneração? Como se pode ganhar a batalha contra a usurpação destes lugares? São estas algumas das perguntas a que tentamos diariamente responder em conjunto com os nossos convidados.

X concurso de música tradicional Xiradela

17 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Un ano máis celébrase o concurso de música tradicional, coma de costume no mes de abril. Podedes consultar as bases aquí ou descargalas en formato de texto nos arquivos adxuntos, asi como a folla de inscripción do mesmo.

(máis…)