jump to navigation

30 anos da publicación do único álbum de N.H.U.

3 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

nhu

N.H.U. só editaron un álbum, pero o seu rock progresivo en galego segue sendo obxecto de culto. Esta fin de semana o seu vinilo chegou aos 240 euros en eBay.

En 1978 o folk, a música de raíz celta estaba de moda en toda Europa, principalmente grazas ao éxito do bretón Alan Stivell, de Gwendal ou Pentagle, e ao fío dese éxito Galiza viu o nacemento, entre outros, de Milladoiro ou o importantísimo disco Fonte do Araño de Emilio Cao. Un día Nonito Pereira, produtor destes álbums, recibiu a visita de Xoán Piñón, que lle falou dun grupo de rock compostelán chamado N.H.U. A clave para vender o disco ás produtoras madrileñas era incluír algún elemento de folk, unha gaita, como xa fixeran ese mesmo ano Goma2, primeiro grupo galego que mesturara sen complexos a guitarra eléctrica coa gaita.

A gravación do álbum
Con esa encomenda marcharon N.H.U. a Madrid, aos estudios de Zafiro. Pero non fixeron caso, no lugar do son prometido, gravaron un excelente e pioneiro álbum de rock sinfónico e progresivo. Recibiu moi boas críticas, pero non tivo unha boa distribución: “había tendas en toda España que tiñan o noso disco no escaparate, pero só a caixa, non lles chegara exemplar ningún, non nos axudaron a movelo”, lembra Xosé Ferreiro, batería da banda. Canda a Xosé, N.H.U. formábano o seu irmán Xulio Ferreiro, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Ferreiro e Tino Grandío, coas colaboracións eventuais de Ricardo Máiz e Cuchús Pimentel, fillo de Alonso Montero. Por certo que o nome da banda non responde a un afán reintegracionista, aínda que moitas veces ao pronuncialo, en moitos lugares aparecese escrito “Ñu”. En realidade N.H.U. é o acrónimo de “Una Noche Hermosa”.

(máis…)

En marcha a programación do TradBalls

2 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

tradballs

Esta asociación para a divulgación e promoción da arte e culturas tradicionais do país irmán continúa coa súa programación mensual onde poderedes ver con detalle na súa páxina web.

E ver todas as actividades que argallan pola xeografía lusa: Lisboa, Porto, Coimbra…
Así se presentan para este inverno: “Pois isto de estar frio, não irá arrefecer certamente os ânimos de muito boa gente, visto que há sempre muita vontade de abanar o corpo, por isso com esta euforia toda, os uxu kalhus, voltam á carga com o seu novissimo cd… omiri, voltará com mais um grande concerto, os ball-dados, workshops de dança, por leiria, porto e lisboa, estão a aquecer as noites de semana, por isso há muito há para fazer… e sempre abrir…”