Programación abril na casa das Crechas
31 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concertos,Escea,Novas
V Obradoiro de música galega Xarabal
31 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
máis información aquí
1ª jornadas de Música Tradicional en Ponferrada
30 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
A Asociación Cultural Abelladeira organizará entre os días 9 e 11 de abril, ambos inclusive, unha serie de talleres enmarcados dentro das “Primeiras Xornadas de Música Tradicional”, organizadas pola mesma e o Centro de Ensino Musical do Bierzo.
As citadas xornadas abarcan as artes musicais e interpretativas dentro do contexto cultural e tradicional na Comarca do Bierzo e os seus vínculos de influencia no contorno do noroeste do Estado español.
Son catro os talleres de traballo:
1. Taller de gaita galega e wistle. Impartido polo profesor Abraham Fernández.
2. Taller de pandeireta e canto. Impartido pola profesora Montserrat Rivera.
3. Taller de empalletado, raspado e axustamento de palleta. Impartido pola artesán Cubero.
4. Taller de baile tradicional. Impartido polo profesor Calixto Albán.
Cada Taller constará de dúas quendas (un de mañá e outro de tarde) permiténdo, desta forma, realizar dous cursos.
Ás primeiras Xornadas de Música Tradicional se sumaranlles ACTIVIDADES PARALELAS como a celebración de Concertos e unha exposición activa de instrumentos tradicionais.
máis información aquí
XXVII curso de cultura tradicional galega
30 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” vén organizando de xeito continuado, durante os últimos 26 anos, este curso no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega. O curso, dende o seu comezo, está ubicado nas datas da semana santa.
Durante os 26 anos ininterrumpidos de vida, o curso mantivo unha estructura dinámica que se foi adaptando ás demandas do alumnado asistente e ás tendencias do momento no relativo ó ensino dos diversos aspectos relacionados coa nosa cultura tradicional.
Naceu no ano 1982 impulsado por Julio Mendez y Menendez de Llano, quen permaneceu coma director do mesmo ata o ano 2.002. O curso iniciouse co ánimo de unificar un método de ensino entre os mestres de baile tradicional galego.
As especialidades do curso para este 2009, son as seguintes:
-Técnicas de Gaita: Impartida por Agustín Sánchez
-Técnicas de Canto e Pandeireta: Impartida pos Sandra Diéguez
-Técnicas de Baile Tradicional: Impartidas por Gustavo Couto
-Técnicas de Percusión Tradicional: Impartidas por Roi Adrio
-Técnicas de Zanfona: Impatirda por Paulo González
Visita a actividade na web de Cantigas e Frores para máis información
II Curso rural de acordeón diatónico
28 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Curso intensivo de acordeón diatónico del 24 al 28 de agosto en Mas Colltort (La Garrotxa, Cataluña), en un ambiente rural con los profesores Marc del Pino, Ignacio Alfayé y Aleix Armengol.
Máis información na páxina web do curso ou no teléfono 610915054.
(máis…)
Festa da Reconquista
27 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza a Festa da Reconquista da Vila de Vigo que vai ter lugar durante todo esta fin de semana (do 27 ao 29 de marzo).
Este ano, co gallo do Bicentenario e a coincidencia do sábado como día festivo, augúrase un grande número de visitantes á festa, e con tal motivo o programa é o mais completo dos realizados até agora na historia da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.
A Festa comezará este venres 27 de marzo ás 22:30 cun concerto na Praza do Berbés, precisamente unha das novidades é a incorporación do espazo da Praza do Berbés como zona de concertos.
O mercado comezará o sábado ás 11 da mañá e pechará o domingo ás 22:00.
Continúa o monográfico de danza de aCF
26 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Este venres terá lugar a última sesión de Miguel Souto nos monográficos ’09. Será a segunda xornada do “Baile solto nos seráns” no CSC de Fontiñas de Santiago de Compostela.
Este monográfico atópase no seu ecuador, a falta do esperadísimo curso intensivo do mestre húngaro János Fügedi sobre notación de baile -Labanotation ou Kinetografía- e da master class de Henrique Peón.
Concurso lingua de amor
26 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles, como son os correos electrónicos, foros ou chats.
O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu
Coanhadeira, finalista para o “Escenario Prau”
25 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Hoxe déronse a coñecer os finalistas do Concurso cántabro “Escenario Prau”, entre os cales se atopa o grupo Coanhadeira. Máis de 20 grupos participantes e doce semifinalistas, o grupo ourensán conseguiu colarse entre os tres finalistas e optar ao primeiro premio, dotado con un contrato discográfico e 1500 euros. A final do mesmo realizarase durante o mes de maio.
Se queres máis información desta nova, segue estas ligazóns:
http://www.festivalesprau.org/concurso/?concurso=2009
http://www.eldiariomontanes.es/20090324/cultura/musica/grupo-portugues-toques-caramulo-20090324.html
1º disco de Chamuyo Tango
25 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas,Novidades discográficas
“En Auria” é o disco debut de Chamuyo Tango, un disco carregado de temas de sempre e marcado polas sonoridades do tango.
Ricardo Coronel, a voz é natural de Balbanera, barrio bonaerense, berce de grandes músicos arxentinos coma Julio de Caro ou Francisco Fiorentino.
Chamuyo interpretan tangos clásicos dos 40 e 50.
Para esta gravación, colaboraron David Outumuro (Mutenrohi) ás percusións e Xurxo BRea (Sonoro Maxín) ao baixo.