jump to navigation

Última hora: posposto o concerto de Fernández e Quintá en Arteria Noroeste

24 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Por lesión dun dos músicos vaise pospoñer o concerto que ía celebrarse o mércores 25 de marzo en Arteria Noroeste para o martes 26 de maio á mesma hora.

Éche o que hai.

Aquelas persoas que mercaran o seu billete para asistir ao concerto de Fernández & Quintá, organizado por ARTeria Noroeste coa colaboración de aCentral Folque, poden devolvelo ou ben canxealo por outro para a nova data.

Acto ridiculista no día mundial do teatro

24 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

nasa1

O Venres é o Día Mundial do Teatro. Ese día queremos saír á rúa para responder aos ataques que lanzaron contra a NASA durante estes últimos meses. Xa sabedes, houbo quen dixo que facemos apoloxía do terrorismo, que planificamos e executamos accións de violencia urbana, pediron que nos retiraran as axudas e mesmo pediron o peche da sala.

En realidade, isto é un ataque contra todo o que se move perto do teatro e a cultura e non só contra nós. Por iso nos gustaría que nos acompañases o venres 27 ás 18,30h. na Praza do Obradoiro nun acto en defensa da liberdade de expresión que consistirá en sacarnos un par de fotos todos xuntos.

Adxuntamos un documento en pdf (ridiculiza.pdf)no que explicamos ben en que consiste esta acción. Vémonos no Obradoiro.

nasa2

Plano de estudos de aCentral Folque Compostela

24 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Este é o modelo actual de estudos de aCentral Folque Compostela instaurado no curso 2008/2009 e con arelas de continuidade.

Máis detalles ao respecto nesta ligazón da nosa web ou no +34 881 031 829
plano_estudos

Ugia Pedreira e aCF, un pouco máis perto

24 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Entrevista,Novas
Comentarios fechados

Escribimos aquí unha ligazóns de antigas entrevistas a Ugia Pedreira, a directora de aCentral Folque ademais de apuntar que está subida a esta web, o texto de inaguración de aCentral Folque, que leu para os asistentes no acto de apertura deste centro, en outubro do 2008.

Vieiros, publicado o 16 de novembro do 2005

Folque, publicado o 28 de agosto do 2006

Vieiros, publicado o 20 de setembro de 2008, entrevista de Marcos S. Pérez

ugia

2º concerto aberto aCF, que bonito!

23 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

2concertoaberto

o 2º concerto aberto de aCentral Folque, a actuación do alumnado de aCFCompostela en palco, tivo lugar este sábado 21 na escola cunha asistencia numerosa que ateigou o auditorio.

Os combos colectivos abriron e pecharon a velada, unha sucesión de actuacións en grupo do alumnado representando os instrumentos que se imparten no centro e misturando disciplinas. Foi certamente unha noite agradábel e con moita calidade musical.

Parabéns a todos estes novos valores da música galega.

2concertoaberto2

Adianto do novo traballo de Linho do Cuco

21 de Marzo 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Escea,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Ola a tod@s, visitade o noso blogue, para escoitar unha pequena mostra do que será o novo disco de linho; dous temiñas que formarán parte do segundo proieto do grupo, que andamos mirando de rematar pra primavera, boa época pra verbena i o agarrado. A idea é que nas datas vindeiras colguemos algunha peza máis. Así, escoitades o que facemos, e vos animades a contratarnos para as vosas festas, patronáis ou de gardar, marcos nos que a flor do toxo coidamos rebenta de esplendor.
A primeira que toca desta vez é unha muiñeira, composición do grupo, que por coxa quedou en tres pés, e por tres pés chamouse A Trepia. Nela toca con nós o clarinete o amigo Cheito, clarinetista de banda, música popular e sesión vermouth.
A segunda é pra nós unha xoia, do repertorio dos lexendarios Os Dezas de Moneixas, reminiscencias de José Benito, gaiteiro e cowboy, portada de “La Gran Enciclopedia Gallega”. Chámase Ei Moneixas! e vai apasodoblada, con muiñeira no medio. Nesta tocoulle acompañarnos ó noso admirado Óscar, camarada sempre gustoso de tocar con nós.
Sen máis e nada máis, que vos guste; que vos preste.

Preme aquí pra escoitar os temas
E por sempre….opaííí!!!

IMG_0053.JPG

2º concerto aberto de aCentral Folque

20 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

violino-zanfona

Este sábado 21 de marzo terá lugar o segundo concerto aberto de aCF coas novas propostas do alumnado. Será no centro de ensino da escola no parque de Vista Alegre a comezar ás 20.30 h.
Será unha escolma de pezas das distintas aulas de instrumento que se imparten no centro en varios formatos: dúos, tríos, cuartetos, conxuntos…

Tamén se presentarán as propostas dos combos colectivos, especialmente o dirixido por Roberto Sala, que leva desde inicio de curso traballando co repertorio así coma  o combo dirixido por Pedro Pascual.

Da man do alumnado escoitaranse mazurkas, cantos de arrieiro, graba, danza de entroido, tango, e moito máis.

Zanfonas e voces de Cántigas da Terra en concerto

18 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

cantigas

Será este vindeiro luns 23 de marzo no Forum Metropolitano de Coruña ás 21h nun concerto enmarcado dentro do ciclo primavera-verano Forumfolk 09.

O Grupo de Zanfonas e voces do Coro Cántigas da terra + Oscar Fernandez + Invitados (Carlos Quintá, acordeón diatónico e Pulpiño Viascón, Zendrúm e Serrón Musical)

“…Nunha hora de concerto un percorrido polo que foi i é a Zanfona en Galicia, dende os cantos de cego á zanfona contemporánea…”

Galegoz presenta disco na Nasa

17 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

galegoz

Será este xoves, día de San José, na sala Nasa en Compostela ás 21.00. A velada contará teloneando con Labregos no tempo dos Sputnik

O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento  para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo…

En Febreiro do 2006, animados pola  boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee” (un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos).e o “grupo virtual” transformase nunha banda formada por músicos procedentes de  distintos grupos galegos.. En 2007 a banda tocou ó longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais.

A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz),  Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz),Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal(guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).

(máis…)

Presentación do V Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón

12 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

rolda_zanfona

Hoxe, xoves 12 de marzo, foi presentado en rolda de prensa no concello de Narón, promotores do festival, a V edición destes Encontros, unha cita anual co mellor da zanfona no continente nun programa de actividades que van desde concertos, obradoiro intensivo, charlas para escolares, até o acto de apertura na Feira do Trece, unha das que conta con máis tradición da Terra de Trasancos.

Na rolda estiveron presentes o alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco Suárez, a concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros e o mestre de zanfona da escola municipal de Narón, Óscar Fernández.

Fixeron unha disección do programa deste ano destacando a rapidez coa que se cubriron as plazas do curso intensivo impartido por Gregory Jolivet.