jump to navigation

Monográficos na fin de semana

11 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

Lembrar que o grande tocador de concertina, que é como lle chaman máis aló do Minho ao que desta banda lle chaman acordeón diatónico, Artur Fernandes, estará na escola de aCentral Folque impartindo un curso intensivo deste instrumento este sábado 14 de marzo.
artur

Artur é unha das figuras máis importantes e respetada da escena portuguesa de música popular, pertencente a esa xeración de artistas que son hoxe un referente en Europa.

Autodidacta da concertina desde 1978 e licenciado en Ensino de Música pola Universidade de Aveiro na área de Composición con João Pedro Oliveira.

É o líder e mentor do grupo Danças Ocultas cos que interpretan “uma música nova para um instrumento velho”. Levan recreando e compoñendo música para concertina desde o 1996 con tres discos no mercado. Ten colaborado con artistas portugueses coma Rui Veloso, Gaiteiros de Lisboa,  João Afonso.

Ademais deste workshop tan especial, lembramos que seguen a celebrarse os monográficos de pedagoxía Kodaly con Sergio de la Ossa, iniciación ao acordeón diatónico con Carlos Quintá e danza con Miguel Souto.

O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA

10 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

santalices

O V Encontro coa Zanfona contemporánea 2009 que terá lugar esta fin de semana en Narón, formará parte da filmación dun documental sobre o instrumento que está a realizar Wolodymir Smishkewich. Un equipo de colaboradores desplazarase até as actividades organizadas para tomar imaxes, facer entrevistas e contribuir á difusión deste instrumento.

O documental, titulado “SINFONIA, A Zanfona en España: a través de tempos e terras” é un documental escrito e dirixido por Wolodymyr Smishkewych.

É un proxecto de investigación e documentación da historia e situación actual da zanfona en España. Combinando investigación en arquivos e en centros etnográficos, entrevistas a luthieres e artistas, relatos persoais, e concertos—e cunha banda sonora que incluirá os mais prestixiosos intérpretes deste instrumento na actualidade—este documental presentará un resumo representativo do panorama da zanfona.

Este proxecto realízase grazas a unha bolsa de IEE Fulbright e o apoio contínuo da Comisión para o intercambio cultural, educativo e científico entre os Estados Unidos e España.

O projecto [‘trepja]

9 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

projectotrepja

Projecto [‘trepia] cunha visión da música tradicional galega que “non reciclan cousas antigas; reciclan cousas contemporáneas”.

A de-construción (non destrucción) da música e a danza tradicional. Trátase do análise en profundidade dos ítens culturais da tradición para a súa reciclaxe.

Sampleo de gravacións, zanfona electroacústica, bateria electrónica e baixo que reforzan as voces e percusión en directo. Todo o emprego da videocración e a danza tradicional nos concertos.
Un grupo de recente formación (xuño 2008) e galardoados no certame Gzcrea 2008, fito que os está dando a coñecer.

Á vez, o proxecto Trépia na rúa desenvolve performances en ambientes urbandos que perseguen achegar a cultura tradicional á Galiza do século XXI. Así, fan-se intervencións artísticas esporádicas nas cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela.

Todo o material gravado nestas actuacións, asi como a música e outras videocreacións están a disposición do público via internet, dacordo coa filosofia do proxecto, editando o primeiro traballo de Projecto [‘trepia] no netlabel A Regueifa Plataforma (www.aregueifa.net).
Estes rapaceswww.myspace.com/projectotrepja

Nereia, folque en Barcelona

6 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

nereia

Neirela xorde en Barcelona a principios do 2006 cando o gaiteiro Afonso Rodríguez e o compositor e multiinstrumentista Marc Xarau comezan a dar forma a un repertorio baseado nunha das tradicións musicais máis antigas da Península.
Neirela proponnos achegarnos á música tradicional galega desde a nosa perspectiva, urbana, cosmopolita e actual….

Da man dos ritmos, as danzas e os cantos galegos, das melodías de autores contemporáneos e da propia creatividade da banda, viaxamos polo pasado, o presente e tal vez o futuro do folclore galego….

Visita o seu espazo web para ver vídeos da banda e escoitar a súa música.

Seminario de János Fügedi

3 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados
fugedi

János Fügedi, o mestre húngaro virá o 11 e 12 de maio a Santiago de Compostela a impartir un curso de Kinetografía ou notación Laban: escritura de baile tradicional.

Dispoñemos de prazas libres e limitadas neste seminario para aquelas persoas interesadas en asistir.

Información e inscrición en matricula@folque.com e +34 881 031 829
Estes son os detalles:

“Kinetografía/notación Laban: escritura de baile tradicional”
Data: 11 e 12 maio (16 h)

Sinopse:

Este curso forma parte dos monográficos de aCentral Folque para o ano 2009.

Inscrición curso de Grégory Jolivet

3 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

detalhe

Acábanse de ocupar todas as prazas para o curso intensivo de Grégory Jolivet no V Encontro coa Zanfona Contemporánea.

Haberá unha lista de reserva por se alguén dos xa apuntados fallara.

Aínda así, hai prazas para pasar a fin de semana en Aldea Nova sen asistir ao curso e gozar duns días divertidos e intensos con outras actividades: relatorio de Xulio García Bilbao e o Palco Aberto.

Programación do Bar Liceum

3 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

liceum

A nova programacion do Bar Liceum comeza o venres 6 de Marzo e remata o sabado 25 de Abril.

Estes son as bandas que participarán:

visita a web do Bar Liceum para coñecer máis detalles.