IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva
30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Concursos,Novas
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva entre outras actividades.
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_exterior.pdf
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_interior.pdf
Programa:
Estreo do primeiro espectáculo de “Bruma”
30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Escea,Novas
Será o sábado 2 de Maio, ás 21 h no Auditorio de Cangas.
BRUMA é unha obra de 9 ESPELLOS E UNHA CAIXA DE MÚSICA
“nun lugar descoñecido de nós”
Somos a través dos outros ou viceversa, ou todo?
Consciente ou inconscientemente pasamos a vida buscando espellos humanos nos que o seu reflexo nos diga algo de nós, algúns aborrecémolos, outros namórannos, pero nada ou case nada dura.
“El olvido solo se llevó la mitad” Joan Manuel Serrat en Lucía.
Dentro disto o terrible é non atopar un só reflexo no que quedarnos alomenos un instante ou unha vida, e así vagan pola súa existencia aqueles que non poden, ou peor, non queren; quedando só deles a súa anguria, a incerteza, a dúbida o medo etc…
Presentámosvos algunhas destas imaxes preguntando: onde te quedas ti?
FICHA TÉCNICA
Dirección Artística e Musical: Serxio Cobos
Intérpretes: Uxia Portela, Manuel Covas, Maria Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas, Serxio Cobos
Iluminación: Ángel Cobos
Son: Fran Santos
Vestiario músicos: Patri
Vestiario bailaríns: Ada Negr
Linho do Cuco en Melide
30 de Abril 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concertos,Escea,Novas
Linho do Cuco convídavos ao concerto que terá lugar en Melide, hoxe as 00:30 na sala 600, onde daremos conta dos temas do novo disco rodeados de amig@s que nos acompañarán.
Acompáñanos ti tamén, e ven botar unha baila!!!
Tolo d’Asturies ’09. Festival do acordeón diatónico
29 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Festival centrado no acordeón diatónico “tolo d´asturies”, con cursos de nivel medio con Ignacio Alfaye (Aragón) e de nivel avanzado con Filippo Gambetta (Italia) ademais dunha exposición sobre o acordeón diatónico a cargo de José Maria López (Musical Dumboa).
Será en Llangreu entre o 14 e o 17 de Maio
VII Encontro de pandeireta galega e asturiana
29 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
O sábado 9 de Maio terá lugar este encontro de convivencia e recoñecemento mutuo. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu.
Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional:
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-Pandereteres de Nerbia (Asturies).
O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no albergue e máis almorzo, é de tan só 35 €.
As inscricións realizaranse directamente no albergue El Sabil (Asturias): tlf. 985 761 472.
Ouvirmos presenta 90 aniversario da Coral de Ruada
28 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Nova Publicación,Novas
Aleksander Kolkowski con aCentral Folque
27 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Este luns 27, o artista británico que traballa con aparellos pioneiros da fixación sonora, Aleksander Kolkowski, fará un obradoiro de gravación con cilindros fonográficos a partir das 16 h na Sala Nasa.
Esta actividade forma parte do festival Espazos Sonoros
Remata o prazo para o XX Concurso Xacarandaina
25 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
O vindeiro 30 de abril remata o prazo de inscripción para este xa clásico concurso musical. A continuación transcribimos as bases:
1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.
2. Constará de 2 modalidades:
- Pandereteiras/os
- Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.
3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: dende 18 anos en adiante.
(máis…)
Comeza unha nova jam no Airas Nunes de Compostela
23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Comezando este venres 24 de abril e cunha intención de periodicidade semanal, tódolos venres ás 21.30 h no Café Airas Nunes da rúa do Vilar nº17 de Santiago de Compostela.
Tódolos músicos están convidados a traer os seus instrumentos.
A partires das 24 h faremos tamén Jam Session de Trova Cubana.
O contacto para esta nova andaina é Martín Blanes (martin_blanes@yahoo.com)
A AFI celebra os Maios nas rúas de Pontevedra
23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: AFi,Novas
“Abril esfola, pero maio amola”
Este venres 24 de abril a partir das 18 h, as nenas e os nenos da Aula Folque Infantil sairán ás rúas e prazas da cidade vella de Pontevedra para celebrar a chegada da primavera e cantarán Maios, tocarán música, bailarán e festexarán ao seu xeito este fito do ciclo anual.