jump to navigation

25 de abril en fado

23 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Novas
Comentarios fechados

fado

Un ano máis – e van seis – o Colectivo Urbano Lugrís vai celebrar a data do 25 de Abril en Portugal – Revolución dos Caravéis – que representou o derrocamento da ditadura fascista no país veciño.

Se o ano pasado foi teatro, este ano será algo moi representativo de Portugal: o Fado. Haberá pois unha sesión de fados, que abordará melodías tradicionais, outras máis contemporáneas, pasando polos poemas de carácter revolucionario e de denuncia socio-politica.

O acto terá lugar o 25 de Abril, às 22h30, no Forum Metropolitano da Coruña, coa intervención de Jaime Martins (viola), Estevão Lima (guitarra portuguesa) e Sara Vidal (voz integrante de Luar na Lubre). Entrada a 3 euros.

O acto está organizado polo Colectivo Urbano Lugrís

Obradoiro do espectador en Compostela

22 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

benderUn interesante obradoiro non para artistas senón para espectadores coma ti.

Poñédevos en contacto coa ponte de mando da NASA: 981 573 998, de 10h. a 14,30h.

POR QUE?
Santiago de Compostela ten unha carteleira teatral especialmente plural e diversa, gracias a existencia de salas privadas que complementan a programación institucional, garantindo a presencia regular dos autores máis novos e as compañías máis arriscadas. Sen embargo, o uso de novos códigos narrativos e formais, a mestura de linguaxes e a dimensión experimental de moitas destas obras, establecen unha distancia co teatro tradicional e supoñen unha importante dificultade de acceso para espectadores non familiarizados. É por iso que se fai necesario facilitar ferramentas e recursos, de maneira que se contribúa á formación dos espectadores da nosa cidade, aproximando público, artistas e salas.

PARA QUEN?
O Obradoiro do Espectador diríxese a todas as persoas interesadas en ampliar a súa mirada teatral e compartir a experiencia do teatro cos propios creadores e outros espectadores.

COMO?
As actividades do Obradoiro do Espectador estruturanse en tres apartados:

Asistencia a espectáculos
A parte fundamental do obradoiro é, por suposto, a asistencia a un espectáculo cada mes. As persoas participantes no obradoiro recibirán entradas para poder asistir ás representacións.

Encontros-coloquio cos creadores
Como complemento á asistencia aos espectáculos, propoñemos realizar un coloquio inmediatamente despois de ver a obra, con participación dos membros da compañía e dos espectadores participantes no obradoiro.

Adestramento regular do espectador
As sesións de adestramento, que tamén funcionarán como sesións preparatorias, desenvolveranse unha vez por mes antes de asistir aos espectáculos. Cada sesión terá unha duración de 1 hora e media, ofrecendo claves que faciliten a comprensión da obra que imos ver, situando o autor e a compañía no seu contexto histórico e estético. Estas sesións estarán dirixidas por Xesús Ron, director da Sala NASA e do Grupo Chévere.

ONDE?
As sesións de adestramento terán lugar nos Centros Socioculturais de Santiago. Os espectáculos e o coloquio posterior terán lugar na sala NASA.

(máis…)

aCentral Folque en Espazos Sonoros

21 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,Novas
Comentarios fechados

Obradoiro de gravación en cilindro fonográfico con A.Kolkowski

Terá lugar o día luns 27 de abril pola tarde (16 a 20 h) na Sala Nasa.

A proposta para este obradoiro é experimentar coa gravación en cilindro fonográfico e que  alumnos e profesores da escola graven ao vivo diante dos aparatos deste sistema “primitivo” na fixación dos rexistros sonoros.

kolkowskiÉ aberto e de balde para os que queiran asistir a este obradoiro previa inscrición no teléfono +34 881 031 829 ou no correo electrónico info@folque.com

Ademais da parte práctica da gravación, haberá outros temas de interese coma Introdución ás técnicas de gravación con cilindros de cera e discos de acetato; Demostración de gravacións acústicas; Sesións de gravación en disco coa música e cds dos alumnos.

Aleksander Kolkowski (1959, Londres) músico e compositor británico que traballa con instrumentos e máquinas da era pioneira da gravación e da reprodución (violíns de Stroh, gramófonos da conclusión, discos da goma laca e fonógrafos de cilindro) para facer música mecánico-acústica viva.

Espazos Sonoros é un festival de música suxestiva en arquitecturas especiais. Engloba  ámbitos temáticos adicados á diferentes xéneros, estilos e épocas. Unha das súas orientacións é repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

(máis…)

Kibitka, presentou o seu primeiro CD

21 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Crítica,Novas
Comentarios fechados

kibitka

Esta fin de semana, Kibitka presentou o seu primeiro CD na sala Nasa. Unha nova proposta no panorama do folque con referencias xeográficas moi diversas: Galiza, Armenia, Ucraína, Armenia, Bielorrusia….

Un concerto que tivo dous pases -sábado e domingo- e que encheu a sala santiaguesa, ateigándoa o primeiro día.

Kibitka é unha casa migratoria. A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka  trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza, Rusia, ritmos e influencias latinas, sonoridades esquecidas…. Músicas propias e un estilo orixinal construído a modo nestes últimos oito anos, toda unha equipaxe para esta viaxe migratoria que exprime traxectos, distancias, rupturas afectivas e seducións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento. Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose, igual que a xente de Kibitka, á aventura dun novo hábitat.

Os concertos tiveron convidados de excepción: Pepa Yáñez (voz), Carlos Freire (percusións), Pablo Pérez (contrabaixo), Xurxo Varela (viola da gamba e cavaquinho).
Kibitka e as súas músicas migratorias son:

Dúo Sobre Rodas en concerto

21 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

sobre-rodas

Martes dia 21 de Abril, No MUIÑO VELLO  de Redondela; Actuación do duo de zanfonas Sobre Rodas (Luis Caruncho) e (Carlos do viso) co espectáculo co que vai ser o seu novo traballo: MUSICAS PARAMETRICAS TEMPERADAS.

Será a partires das 22:00.

Recordar que no muiño poderedes degustar o famoso viño blanco treixadura.

VII Encontro Universitario de Danza Contemporánea

19 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

A vindeira semana terá lugar o VII Encontro Universatario de Danza Contemporánea da Univ. de Santiago de Compostela.

habelas_papeles  Este é un espazo común para a comunidade coreográfica universitaria, unha palestra para amosar, nalgúns casos, extractos das obras nas que actualmente traballan as compañías.

Serán o vindeiro luns 20 e martes 21 de abril en Santiago (Igrexa da Universidade); mércores 22 e xoves 23 en Lugo (Museo Provincial).


Este é o avance da programación en Santiago:

Luns 20. Igrexa da Universidade. 21:00 h. Entrada libre ata completar o aforo

Compañías participantes:

Martes 21. Igrexa da Universidade. 21:00 h. Entrada libre ata completar o aforo

Compañías participantes:

Luns 20 e martes 21. Explanada diante da Cafetería do SEU. (Campus Sur). 13:00 h

Reinterpretando os clásicos populares, Germán Coppini e Comando Delta

18 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

golpes bajosComo peche da II Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, este sábado 18 de abril, no Teatro Jofre, ás 20,30 h  haberá unha retrospectiva actualizada dalgunhas canción de Golpes Bajos coa voz do seu líder Germán Coppini acompañado de 11 músicos do Comando Delta nunha mistura parecequeimposíbel de pop e improvisación libre.

Será un espectáculo irónico e diferente sobre algúns dos temas máis singulares do repertorio que a banda viguesa sacou entre o 1983 e 1984.

Á voz e personalidade de Germán Coppini se lle sumarán os arranxos do Comando Delta, un grupo de acción directa da Orquestra OMEGA, Orquestra de Música Espontánea de Galiza.

O prezo das entradas é de 15, 12 e 6 euros.

orquestra omega
imaxe da actuación da OMEGA, onde tocan os músicos do Comando Delta, no pasado Deriva Jazz, festival de Jazz de Ferrol. Novembro 2008

II Semana da Poesía Salvaxe en Ferrol

16 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

salvaxePor segundo ano, Ferrol celebra este festival onde a palabra toma o protagonismo con voz propia ou misturada con outras artes. Será toda esta semana e até o sábado.
O verbo paseará por diferentes espazos da urbe naval. Mercado de abastos, rúas, prazas, recunchos, bares e centros culturais serán escenarios onde poder escoitar ao mellor da poesía contemporánea galega e española. ou Carlos Oroza.
Estarán desde Leire Bilbao, Pandora Vuk até Carlos Oroza, entre outros coma o colectivo SinRed.
E, como peche do festival, unha homenaxe a Golpes Bajos coa voz do seu líder Germán Coppini acompañado dos 11 músicos de Comando Delta, un grupo de acción directa da Orquestra OMEGA. Será o 18 de abril, no Teatro Jofre, a partir das oito e media da tarde e con entradas a 15, 12 e 6 euros.

Unha interesante mistura de pop e a sempre arriscada improvisación libre.

Espazos Sonoros

15 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

espazos sonoros

Espazos Sonoros comeza a súa segunda edición este mércores coa presentación do Festival no Hospital dos RR.CC. e un concerto de Tasto Solo.

Espazos Sonoros é un programa de música que sintetiza a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico e creador do país mediante a programación de concertos en espazos de interese cultural, que xa se impuxo, na súa primeira edición en 2008, coma un proxecto de forte personalidade dentro do conxunto dos festivais de música.

Na edición 09, Espazos Sonoros transfórmase nun festival de músicas en espazos de interese cultural. Os piares básicos da programación seguen a ser a música para órgano, a música vocal, antiga e de cámara, que propician ao tempo o cruzamento e a síntese con outros estilos sonoros coma a música contemporánea, o jazz ou a canción de autor, forzando con iso experiencias e facendo que as persoas se acheguen á música e ás súas variantes con programacións que propoñan discursos abertos a varios estilos.

Estes son os artistas do programa:

(máis…)

Tasto Solo dá comezo ao festival de Espazos Sonos

15 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

tasto solo

Para abrir o festival Espazos Sonoros, este mércores ás 20,30 h no Hospital dos RR.CC. en Compostela. Entrada libre até completar aforo.

Tasto Solo son:
David Catalunya_clavisimbalum
Germán Díaz_zanfona medieval
Reinhild Waldek_arpa gótica
Guillermo Pérez_organetto e dirección
Véronique Daniels_Carles Mas i Garcia, danza e creación coreográfica

Concerto:
NOTES POUR MOI CEST ESTAMPIE
DANZAS E ESTAMPIDAS NO REPERTORIO DE TECLADOS DA ARS NOVA

Virtuosas estampidas polifónicas, danzas reais, ductias e notas configuran algunhas das páxinas máis fascinantes da rica literatura musical dos instrumentos de tecla ao longo do século XIV, contidas parcialmente nos célebres manuscritos de Robertsbridge e Faenza.

(máis…)