Festival Vibracional TPS
30 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,NovasComentarios fechados
A vindeira semana entre o xoves 4 e domingo 7 de xuño celebrarase en Compostela o I Festival Internacional de improvisación libre de Galiza, un novo pulo no panorama actual que esta corrente está a experimentar nos últimos anos no país.
O movemento que se materializa desde o ano 2003 co Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (TPS) e a Sala Nasa cunha intensa labor de difusión e práctica musical a través dun programa estábel de actividades: presentación de propostas en solo, dúo, trío e cuarteto, jam sessions e experimentos de condución xestual de pequenas e grandes formacións, que tiveron o seu máximo exponente na creación de O.M.E.GA, Orquestra de Música Espontánea de Galiza.
Coa celebración deste novo festival, Santiago de Compostela vaise consolidar como un dos eixos da rede peninsular de cidades de referencia da vangarda musical europea a carón de Barcelona, Madrid, Porto e Lisboa.
Descarga o libreto aquí: ProgramaVibra.pdf
PROGRAMA
- xuño 4 xoves
minúsculo: PABLO REGA ?
19,00h | praza do toural
2dúos 1cuarteto ?
21,30h | sala nasa
MARGARIDA GARCÍA (contrabaixo) e RUTH BARBERÁN (trompeta)
MICHEL DONEDA (saxo soprano) e ALFREDO COSTA MONTERIO (acordeón, obxectos)
- xuño 5 venres
minúsculo: PARTO: AQUÓFONO minimal ?
19,00h | praza da quintana
Cidades imaxinarias, espectáculo de arte total da Aula Folque Infantil de Pontevedra
29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: AFi,NovasComentarios fechados
Este sábado 30 de maio ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra os nenos e nenas da AFI actuarán co seu último espectáculo Cidades imaxinarias, obra que mistura música, teatro e novas tecnoloxías nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión irónica sobre o ser humano.
O Laboratorio de Sons e a Compañía Infantil AFI chegan así á súa terceira grande produción logo de termos amosado unha grande calidade conceptual e executiva co Circus AFI (2007) e Morfasóns (2008) nunha cita anual que se renova cada edición.
Cidades imaxinarias é o título dun espectáculo que mistura danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, protagonistas absolutos da obra na que os mestres da AFI simplemente os guiaron e coordinaron no proceso creativo.
A obra plantexa unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,… desenvolvida en distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais, “o resultado desta viaxe é que ao final todos somos iguais e estamos xuntos no mundo” afirma Marcelo González, coordinador do proxecto.
(máis…)
Festival Orcellón no Carballiño
29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este vindeiro sabado 30 de maio no Festival Orcellon fala e canta:
Contando contos cos cativos
Artistas convidados: FANTOCHES BAJ-BURROMAQUIA
Lugar e hora: PRAZA DO CORRAL AS 18:00
Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.
Obradoiro de reciclaxe
Artistas convidados:
Lugar e hora:PRAZA DO CORRAL AS 19:00
O pasado ano 2008 os cativos tiveron paciencia para facer un “espanta soños”, desta vez a creatividade dos mais novos fará que os pais queden abraiados coa creatividade dos seus nenos.
Concerto grupos d’aquí:
Artistas convidados: ROBERTO SOBRADO E BANDA
Últimos días para inscrición no XXII Concurso Cantigas e Agarimos
29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,NovasComentarios fechados
O prazo de inscrición para este veterán concurso vai rematando. O formulario de inscrición -descargável aqui– deberá ser enviado antes do 3 de xuño en baile e no caso da modalidade de música antes do 10 de xuño, por correo electrónico ou postal ó enderezo da Asociación que aparece nas bases.
O Concurso de Baile Tradicional celebrarase o domingo 14 de xuño no Teatro Principal en horario de mañá e tarde.
O Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os e Cuartetos) celebrarase o domingo 21 de xuño no Centro Sociocultural de Vite, José Saramago (Rúa Carlos Maside, 7). En horario de mañá e tarde.
Os horarios serán enviados unha semana antes da celebración do concurso.
A entrada o XXII Concurso de Baile tradicional Cantigas e Agarimos terá un prezo de 3 € (excepto menores de 3 anos que non pagarán entrada sempre que non ocupen butaca). Haberá unha entrada especial de 5 € para todas aquelas persoas que asistan ás xornadas de mañá e de tarde. As entradas non estarán numeradas e non se poden reservar. A taquilla abrirá unha hora antes do comezo de cada xornada do Concurso.
As medidas do escenario do Teatro Principal son 8 metros de fondo e 8,50 metros de ancho.
Descarga en .PDF as bases dos concursos:
Coanhadeira, gañadores do “Escenario Prau”
29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Na gala final celebrada o pasado sábado 23 de maio no teatro Casyc de Santander, o grupo ourensan Coanhadeira acadou o primeiro premio dun dos mais prestixiosos galardóns das escena folque estatal, o “Escenario Prau”, organizado pola asociación cántabra de fesitivais.
Entre máis de 20 grupos participantes e doce semifinalistas de cinco paises diferentes, os Coanhadeira superaron na final aos portugueses Toques de Caramulo, e os andaluces La Conjura, acadando así o premio dotado con un contrato discográfico e 1500 euros en metálico.
Este galardón súmase a outros xa acadados polo grupo, como o de gañadores do “XI concurso folque de Radio Obradoiro”, froito do cal o grupo ten previsto lanzar en breve o que será o seu primeiro traballo discográfico “Haique”. Os Coanhadeira consolídanse así como un dos grupos mais prometedores do panorama folque galego.
www.coanhadeira.com
www.myspace.com/coanhadeira
Asociación de Músicos ao Vivo na web
28 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Músicos ao vivo nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.
Tino Baz en Coruña
28 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Dentro da programación desta semana da L.S.O. Casa das Atochas, no barrio de Monte Alto na Coruña, ese espazo de dinamización social e lugar de encontro de diferentes inquietudes no corazón da cidade herculina, haberá un concerto de Tino Baz o venres 29 de maio ás 20.30 horas na rúa Atocha Alta, 14, Montealto.
Esta actividade está dentro das Xornadas sobre a lingua. “Arredor de sí: fronte á inmersión no silencio” e contará coa proxección de Os señores do vento (2008) de Xurxo González, ademais da presenza do autor e Tino Baz, compositor da banda sonora.
A música popular brasileira de Fred Martins proximamente de xira na Galiza
27 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,NovasComentarios fechados
O cantor do Brasil, Fred Martins prepara a súa visita a terras europeas nunha xira que o traerá a distintas vilas galegas e en diferentes formacións. Destaca o concerto que dará no Ciclo de Músicas Portuarias en Ferrol o sábado 4 de Xullo no Teatro Jofre. Ademais atópase presentando o seu último traballo “Tempo afora”.
Estas son as datas da súa xira:
- Martes 30 de xuño en Santiago de Compostela tocará con Ugia Pedreira
- Sábado 4 de xullo en Ferrol
- Venres 17 de xullo en Vigo -Fábrica de Chocolate
- Ourense -Auditorio (Data sen confirmar)
Escoita a súa música no seu MySpace de Fred Martins ou
descarga unha canción do seu ñuktimo disco en formato .MP3 aqui: Doceamargo
XXIV Xuntanza Internacional de gaiteiros
26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Escea,Nova Publicación,NovasComentarios fechados
II Concurso de fotografía antiga
26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,NovasComentarios fechados
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga.
Os seus principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova,, fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.
A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.